mércores, 15 de outubro de 2014

Charla sobre A Frouxeira en Valdoviño, un acto de liberación persoal

 Este vindeiro venres terá lugar a última palestra do ciclo organizado pola asociación cultural "Valdoviño Azul". Será na Casa da Cultura ás 20,30 h. (con pontualidade, ollo, xa vos dixen que eu teño pouco de galego).

  Nesta charla ofrecerei unha visión sobre a historia recente da lagoa e a xestión levada a cabo pola Xunta, moi especialmente de todo o relativo ao inverno 2011-2012, de ingrato recordo para todos. Nesta cualificación negativa penso que hai unanimidade, curiosamente, tanto desde os sectores conservacionistas como desde o viciñal.. . Sen embargo a análise e o diagnóstico do que aconteceu é moi diferente dependendo desde que ponto de vista se considere.


  Eu tentarei ser obxectivo e tamén construtivo. Hai cousas que xa non teñen solución, pero é vital que a xente dispoña de coñecimento sobre o que é esta lagoa. E nestes anos houbo, precisamente,  moita desinformación. Todo o mundo falaba, opinaba e criticaba. E houbo cousas que realmente causaron un dano irreparábel ao confundir á xente do entorno naturalista con ideas absolutamente faltas de rigor.
   Confeso que me doeu cando, mirando o libro dun importante ornitólogo galego, lin cómo o autor postulaba a teoría aquela da "desecación da lagoa" por parte da Xunta. Seguramente eu tiven moita culpa nesta confusión por no saber explicar as cousas no seu momento (os ánimos eran os que eran). Esperemos que agora, varios anos e moitas experiencias despois, sexa capaz de facer comprender cómo funciona esta lagoa extraordinaria e única. E me calo. Se ides a charla saberedes por qué A Frouxeira é tan especial.

  Estades todos invitados.

10 comentarios:

  1. Boas,
    Pois deséxoche moita sorte na charla aínda que non che vai facer falla que controlas do tema moitísimo, como se pode ler en Bichos. Por desgraza, ese día non me vou poder achegar (cousas do directo e non ser unha deidade con capacidade de estar en dous lugares á vez).
    Apertas,
    Martiño

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois non te creas, Martiño. O tema está tan radicalizado que necesitarei moita sorte para ser quen de transmitir o que quero... Todo dependerá de quen asista á conferencia e do talante que traian. Aínda que peso que non vai haber nin unha cousa nin outra senón todo o contrario, que diría Groucho.

      Eliminar
  2. Hola Xabi.

    Como yo soy ornitólogo gallego (aunque no importante) y he escrito un libro («¿Para qué sirven las aves?») en el que describo lo que sucedió en aquel momento en la laguna, he creído oportuno, por si te refieres a mí (no vaya a ser), comentarte que no soy capaz de encontrar en mi texto momento alguno en el que postule nada de lo que afirmas.

    Mira tú: fruto de la descripción de los hechos que he escrito, los que opinan justo lo contrario que tú respecto de lo sucedido entonces también han comentado que «se me nota» que apoyo justo lo contrario de lo que que tú dices. Espero que esto último sea capaz de paliar, en la medida de lo posible, ese «dolor» que dices sentir. A mí, desde luego, me resulta muy intesante.

    En cualquier caso, estoy seguro de que la charla será un éxito. Tu entusiasmo, tu capacidad de emocionarte con la naturaleza y con ese territorio en concreto, tu conocimiento de cuanto vas a tratar, y tu facilidad para transmitir todo esto contribuirán a hacer pasar una estupenda velada a quienes vayan a escucharte. Dar charlas, mantener blogs, escribir libros... Todo esto forma también parte de esa actividad y pasión naturalista y conservacionista con la que algunos pretendemos contribuir, a veces sin ser del todo comprendidos, a preservar no sólo un mundo, sino también una forma de ver el mundo, que creemos fundamentales no ya para el futuro, sino para la mismísima condición humana. Así que.. ¡Gracias!

    Y un abrazo.

    Antonio Sandoval

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Voute corrixir Toñete: ÉS un importante ornitólogo, do mellor que temos agora mesmo en Galiza, e os lectores estarán dacordo conmigo. Toda unha referencia e un exemplo, engado, por moitos motivos.
      Sobre o do ibro, pois teño que confesarche que non che podo recordar a frase exacta porque non o teño. Só compro aqueles libros que vou ler, e o teu non o comprei por falta de tempo (que non por ganas, podes crerme). Pero mirando o libro en casa de Pepe Vidal, chamárame a atención unha frase na que falabas de que a lagoa da Frouxeira fóra "maltratada pola Xunta, que a desecara.." ou algo moi parecido. non lembro ben. Quizá a expresión que empreguei no post, "postular" non é a máis correcta (tampouco é que o defendeses) pero si que, dalgunha maneira, dabas a entender que houbera un proceso de "desecación" forzada por parte da Administración. Tendo en conta a gran repercusión que tivo ese libro teu, algo do que sabes que me alegro enormemente, pois si que me fastidiou, sinceramente.
      En calquera caso, xa digo que este malentendido no entorno do colectivo naturalista galego (sobre todo cos que sodes de fóra de Ferrol) veu alimentado por úns que eu me sei, e favorecido pola incapacidade que outros tivemos para saber explicar as cousas dunha maneira máis pausada e didáctica. A ver se este venres estou á altura.
      Un abrazo, crack.

      Eliminar
  3. O problema dos que tomamos o "traballo" coma algo persoal e que as veces semella que non semos quen de explicarnos coma deberíamos. Ainda así, prefiro alguen involucrado na defensa da sua contorna, que valoracións técnicas feitas dende un despacho sen pisar o terreo.

    Apertas, e para a charla as tres B´s

    Cesar

    ResponderEliminar
  4. Balor, boluntá e buebos..

    A ver que tal che sae, non a emiten en streaming live from Valdoviño?..

    Apertas,

    Cesar

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A verdade é (con til) que non sei que carallo é (con til) o famoso "streaming". Aínda que agora xa foi.
      Unha aperta

      Eliminar
  5. A charla estivo ben, incluso diría moi ben.
    Únicamente escarallada por un rompepelotas que estaba nas primeiras filas. Je, je ...
    Espero que o mesmo que ti, dera transmitido o que pretendía.
    E sobretodo e autocitándome que a xente vira parte das actuacións feitas pola Consellería como un cúmulo de despropósitos que soamente collen o nabo polas follas e deixan o bulbo do problema (incapacidade de restaurar a circulación da canle de desaugue) na terra.
    Por fin o PMR non deixa de ser un enorme momumento ó ego e narsicismo ....

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Xa cho dixen aló pero repito: graciñas por vir e polas túas estupendas intervencións.
      Se te fixas, enfoquei a charla en valorizar un pouco a figura do "ecoloxista", tan deteriorada neste puto país. Vin chegar un grupo de paisanos (os do fondo á esquerda) que nin eran precisamente urbanitas nin técnicos da Xunta e por iso comecei con aquela declaración de que eu era ecoloxista. Espero que polo menos se fosen con outra idea sobre nós. Sería o máis importante para min. O outro pouca solución ten con esta tropa que nos goberna.
      Unha aperta
      PD: Acaban de comunicarme que a RAE xa incorporou "PMR" á actualización do dicionario.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos