luns, 22 de decembro de 2014

SX50 vs EOS 450D + Tamron 150-600 (2ª parte)

Parece que algún lector está especialmente interesado nesta comparativa que fixen o outro día (foi unha "frikada" que se me ocorreu naquela chuviosa mañá no Seixo). Pídeme Pablo Pita que poña fotos con máis resolución para apreciar mellor os matices e iso imos facer. Non vai ser a tamaño completo, pero recurtei as fotos (para que "pesaran" menos) e subinas cunha resolución máis alta de 1500 píxeis de ancho. Penso que chega ben para facerse unha idea.

  As dúas primeiras fotos están coa mesma ISO 400, aínda que a tomada coa reflex (foto 1) se disparou cunha velocidade máis rápida de 1/100 seg co que, teóricamente, se mellora o enfoque cando traballas con estas focais e cun obxecto animado. Non sei por qué a foto bridge (foto 2) quedou con ese matiz maxenta (rosáceo, vaia) que non fun capaz de quitar nin editando o tono.

Foto 1
 450D + Tamron 150-600  ISO 400   V: 1/100 seg   F: 6,5

Foto 2
SX50   ISO 400  V: 1/60 seg   F: 6,5

   As seguintes xa se puideron tirar cunha sensibilidade máis axeitada (ISO 200 a reflex e 125 a bridge). En ambos casos con velocidade de obturador lentísima. A pesar do trípode é algo insuficiente para traballar con estas focais. Xa dixen que a proba foi moi esixente para ambas máquinas. E insisto en que disparar a una ave ás tres da tarde un día de sol en Zamora ou Cádiz é moi doado porque podes usar velocidades rápidas para estes zooms, pero facelo ás nove da mañá un día de inverno en Ferrol, pois é como facelo coa luz apagada.

  Que ninguén se me moleste por isto ollo; só é unha maneira de loubar as prestacións destes equipos, que se comportan moi dignamente en condicións moi adversas. Pensade que estaba orballando sen parar e o sol apenas saíra un pouco dun horizonte completamente cuberto!!!

 Foto 3 
450D + Tamron 150-600  ISO 200   V: 1/60 seg   F: 6,3

Foto 4
SX50 (215 mm focal)  ISO 125   V: 1/50 seg   F: 6,5

   Persoalmente  creo que calquera dos rivais desta comparativa teñen unha relación cualidade-prezo simplemente IN-COM-PA-RÁ-BEL. Quen estea disposto a gastarse 3000 ou 4000 euros e a levar un armatoste de cinco quilos que te rebente as cervicais poderá disparar fotos mellores, sen dúbida. Pero con estas livianas pequerrechas é como levar unha piruleta. E, por certo, sorprendeume o peso moi contenido deste Tamron. Quizá a miña próxima compra fotográfica, dentro duns anos.

2 comentarios:

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos