mércores, 24 de decembro de 2014

Última hora: a lagoa da Frouxeira baleirando

  Polo visto, e sempre segundo a prensa local, a lagoa estaría nestes momentos baleirando rápidamente de nivel (preme).



  O último parágrafo do artigo de hoxe di textualmente:

    "Por su parte Medio ambiente confirmó que se actuó en A Frouxeira según el protocolo y que pese a haber desplazado una máquina, LA BARRERA SE ROMPIÓ DE MANERA NATURAL"

  Como sabedes os lectores deste blogue, a Xunta (presionada polas organizacións conservacionistas) leva anos invertindo tempo e cartos en impedir que a lagoa se baleire. A canle que abren agora cada inverno ten precisamente ese fin: impedir que se baleire, aínda que algúns afirman exactamente o contrario.

  Xa sei que me repito, pero é que isto xa empeza a semellarse á película aquela do "Día da marmota", na que Bill Murray desperta un día tras doutro para repetir o vivido.

  En fin, o Nadal parece que nos trae un regaliño moi esperado polos ornitólogos, como é o baleirado da lagoa. Agora terá unha situación hídrica ideal que, de producirse ese inverno tan frío que anuncian algúns meteorólogos, pode traernos un montón de observacións moi chulas para os habituais da Frouxeira.

  Mañá vou ir ata aló a ver se esa noticia é correcta (porque o que digan os periodistas hai que collelo con pinzas)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos