domingo, 4 de xaneiro de 2015

Lagoa da Frouxeira, 4-01-2015

   Esta mañá visitei a lagoa de Valdoviño, que baixou un pouco e mantén un nível de auga óptimo para a sedimentación de acuáticas (e tamén para a súa observación). Nestes momentos, A Frouxeira ten unhas condicións ideais de auga e de aves para aquelas persoas que estean empezando e teñan interese na práctica dos censos. Lembrade que falamos dunha das lagoas máis importantes de Galiza para as aves acuáticas (a máis importante, desde o meu ponto de vista) e agora mesmo está realmente preciosa e chea de vida. Iso si, levade telescopio, que as distancias non son pequenas.


    Alí fixen un censo rápido, do que podemos destacar o seguinte:

- 21+  Mergullóns pequenos (Tachybaptus ruficollis). Parei pouco tempo e os mergullóns aquí necesitan un conteo máis pausado.
- 20 Corvos mariños reais (Phalacrocorax carbo)
- 1 Cisne grande (Cygnus cygnus) alimentándose na Baía da Lontra
- 1 Ganso de cabeza negra (Branta bernicla)
- 4 Asubiadores (Anas penelope)
- 176+ Alavancos (Anas platyrhynchos). Hai 200+ seguro.
- 6 Patos culler (Anas clypeata)
- 90+ Cercetas (Anas crecca)
- 86 Patos frisados (Anas strepera)
- 6 Patos cristados (Anas fuligula)
- 1 Pato cristado americán (Aythya collaris)
- Patos chupóns (Aythya ferina). Primeiro contei 76+ co telescopio mentras estaban activos; máis tarde, co bando en repouso, contei 90 cos binóculos desde moita distancia.
- 1 Tartaraña das xunqueiras (Circus aeruginosus) femia/xuv
- 90 Galiñolas negras (Fulica atra)
- 3 Rascóns (Rallus aquaticus) escoitados na canaveira

 Cisne a outras acuáticas na "Baía da Lontra"

    As cifras cuantitativamente son baixas este ano, como en todas partes. Sen embargo e a pesares da invernada tan frouxa a nivel xeral, a diversidade de anátidas está a ser bastante boa este inverno na lagoa. Acabo e xa vos deixo cunhas fotos da xornada.

 Ganso de cabeza negra (Branta bernicla)

 Cercetas (Anas crecca)

 Chupóns e outras acuáticas no centro da lagoa

 Patos chupóns (Aythya ferina)

Cisne bravo (Cygnus cygnus)

  E a semana que vén, comezan os censos que facemos a S.G.H.N. Toca currar!!

2 comentarios:

  1. Hola Xabier, son Monica, unha guia do parque nacional das illas altánticas de galicia e quixera falar contigo pois imos facer un pequeno panel de divulgación dos humidais de galicia e as túas fotos son do mellor que hai e quereríamos usar algunha para ese panel (sempre identificandote como autor). Non atopo outra forma de contactar contigo pero se podes decirme o teu correo a traves do meu (guias.iatlanticas@xunta.es) explicoche máis en detalle. Un saúdo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Perdoa Mónica, acabo de ver agora a túa mensaxe. Xa te contesto no privado.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos