martes, 3 de marzo de 2015

Actuación de la SGHN contra la "peste"

       El pasado 21 de Febrero tuvo lugar un hecho absolutamente escandaloso del que fuí testigo directo. La gravedad del mismo nos dió pie a realizar un comunicado de protesta que la SGHN entregó a la Consellaría de Medio Ambiente y a la prensa. Aunque ignoro si finalmente fué publicado o no (no pude ver todos los periódicos en los días siguientes). Desde luego el día que se les remitió no salió a la luz, supongo que para no "ensuciar" el anuncio  sobre la aprobación definitiva del famoso Plan de Conservación de A Frouxeira.

  Os cuento lo que sucedió.

  Mientras realizaba una visita de control a la laguna de Valdoviño, encontré un todoterreno de Medio Ambiente aparcado. Dentro estaba un agente hablando por el móbil y mirando para el canal, como siempre, que es lo único que hacen los inútiles estos.

"Los vigilantes de la playa"

    Me acerqué a él y, luego de presentarme, le indiqué que quería hacer una denuncia al respecto de unos vecinos que todos los días a las 9,00 horas abrían el portalón de su chalé (impresionante caserón) para que sus perros bajasen completamente solos al espacio protegido, donde corrían, defecaban y asustaban a todas las aves hasta que se cansaban y volvían solos a la casa.
    Como eran las 8,45 h. le pedí que me acompañara hasta la casa para pillarlos in fraganti, a lo que el tío se me empezó a acojonar y a ponerme disculpas de todo tipo, aduciendo (literalmente) que él era un "Agente de Recursos Naturales" y que no estaba para eso o que la denuncia no iba a valer para nada.
  Casi tuve que cogerlo por las orejas y amenazarlo pero al final subió conmigo hasta allí, de muy mala gana. Le insistí en que se quedara vigilando porque faltaban diez minutos, exigiéndole que hiciera cumplir la lei, que para eso se le pagaba y para eso llevaba el logotipo de Medio Ambiente en la cazadora. Igual debí quedarme con él, pero preferí bajar hasta el aparcamiento, por donde cruzaban a diario los perros del susodicho. Y fué precisamente allí donde, a la hora prevista, los ví aparecer:


    Las criaturas cruzaron por donde siempre, hicieron lo de siempre,...



     Y a correr por el "Espazo Protexido", asustando cuanto bicho hubiese.


   Me había sentido indignado muchas veces con este tema, pero lo de aquel día fué de escándalo.  Supongo que el agente hizo como que no veía. Aunque no puedo evitar esas sensación de que se conocían; desde luego él conducía delante de mí y, misteriosamente, paró su vehículo casi en el chalé al que íbamos sin que yo le avisara de parar.

    Porque uno de los problemas en Valdoviño es que los infractores "son de los nuestros": los pescadores furtivos son conocidos de la Guardia Civil, los dueños de los perros amigos y vecinos de los locales, el hijoputa que vacía las fosas sépticas de los restaurantes en el río Magno es fulano de tal, conocido de todo Meirás, etc.. Y es que uno de los grandes problemas para la conservación en el mundo rural gallego es precisamente éste (el tema de los incendios y la ausencia de denuncias entre vecinos es una buena muestra)


      Así que hablé con la delegada de la SGHN-Ferrol e hicimos el comunicado del que os hablaba y que se entregó en la Xunta y a la prensa, que os pongo íntegro a continuación:

  A SGHN denuncia o incumprimento do Plano de Conservación da Frouxeira.

   No recentemente aprobado Plano de Conservación do humidal da Frouxeira e dentro do capítulo 8 “Liñas xerais de actuación”, inclúese o control para evitar a presenza de cans soltos dentro do espazo protexido, que teñen un efecto prexudicial  sobre as poboacións de aves migratorias, que teñen un lugar de repouso e alimentación moi importante ao longo de todo o ano tanto na lagoa como na Praia.
Ademáis está a ponto de comezar a temporada de nidificación para a Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus), especie catalogada como “Vulnerable” e que conta con un Plano de conservación propio, recentemete aprobado tamén pola Xunta de Galicia. Sen embargo a día de hoxe non se tomou nin una soa medida efectiva ao respeito, mentras a presenza de ducias de cans soltos é una realidade cotiá na praia e na propia lagoa
 No Decreto 153/1998 do 2 de Abril especifícase ademáis que non se poderán deixar os cans soltos e sen control en todos os espazos públicos galegos, polo que a deixación e a inacción ao respecto por parte da Consellaría de Medio Ambiente resulta dobremente grave por tratarse dun espazo protexido.
As Administracións locais estan precisamente a incidir nas súas ordenanzas sobre a necesidade de manter as mascotas atadas con correa (ou con buceira en certos casos) e de recoller os seus excrementos nas áreas urbás; polo que resulta paradóxico que onde máis importante é este control como son os espazos naturais, Medio Ambiente siga sen facer absolutamente nada.
Na mañá do sábado un membro da SGHN solicitou a un axente de Medio Ambiente que impedise o acceso á Praia de dous animais que os propietarios liberaban todos os días á mesma hora desde a súa vivenda cercana, sen que éste o impedise.

 Desde a SGHN solicítase á Consellaría de Medio Ambiente que faga efectivas de maneira inmediata todas as medidas de vixiancia necesarias, dotándose dos recursos humanos axeitados para tal fin. Uns recursos que pagamos todos para que fagan cumprir as leis medioambientais e para que protexan os nosos espazos naturais, non para que paseen por eles nos seus  veículos sen actuar diante de casos tan escandalosos e evidentes como o acontecido na xornada do sábado.

 A ver si sirve de algo.....

32 comentarios:

  1. Moito ánimo Xabi. Falamos con calma do tema.
    Apertas,
    Damián

    ResponderEliminar
  2. Iso non serve para nada. Sería moito mellor que filmaras ó axente sen facer nada e logo denúncialo a través da SGHN no xulgado. Ese axente ben que lle gusta cobrar a fin de mes por ser funcionario. Pois iso ten una obrigas que non está cumprindo.
    O ecoloxismo está moi equivocado na maneira de actuar. Non serve de nada facer queixas ou envíalo á prensa. O que valen son as denuncias por prevaricación, falsificación de documento público, malversación de fondos públicos, etc, etc que se fan constantemente. Faríamos moito máis polos bichos contratando un abogado que mandando notas de prensa.
    Apertas e moitos ánimos que estás nun lugar no que hai máis impunidade que no vello far west.
    Martiño

    ResponderEliminar
  3. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar
  4. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar
  5. Aquí acontece o mesmo...o pasotismo é terrible, e o peor é que non cumpren as súas funcións. Eu xa chamo directamente a Seprona, e se me dan largas no cuartel (algo que pasa a miúdo, polo que comentas de si é fulano de tal...) pego telefonazo á comandancia a Lugo e xa lles poñen as pilas. Fai a proba.

    ResponderEliminar
  6. O que cansa e pelexar contra muros, o muro do que fai o que quere e dalle igual porque sabe que non lle vai pasar nada, o muro do que ten que facelo o non o fai porque non quere discutir co infractor, e o muro de discutir cos que deberian de facelo e din que non serve de nada.
    Novas na prensa sen escrito o denuncia, salvo que teñan moitos votos (perdon viciños) atras, non ten moito percorrido.
    O problema de meterse nos abogados e poñer os 4000 euros que se estima que custa de media unha leria deste tipo.
    Temos unha FEG, poderia adicarse a istas cousas, ou ao millor metome noutra fochanca..

    Cesar

    ResponderEliminar
  7. Olá Damián, Martiño e Óscar (vaia cancro os putos anónimos...eses si que son unha peste na rede, la Virgen):
    A opción de chamar a Seprona, poli local e demáis está esgotada, Óscar. Tampouco fan nada. A min xa nin me collen o teléfono. Isto é, como di Martiño, o Far West.

    Obviamente tamén estamos "cobrando" os efectos da campaña "Secaron a lagoa", patrocinada por Adega principalmente entre os anos 2009 e 2014. Coa súa estulticia e as súas presións á Xunta lograron que a xestión da conservación da Frouxeira só tivese un único ponto da orde do día: impedir a toda costa que a lagoa se valeirase. A Lagoa pasou a ser un humidal con un único problema: "que a secaban artificialmente" (algo compeltamente falso a pesar da súa insidiosa insistencia). O tempo púxoos en evidencia e demostrou canto esforzo se perdeu na súa campaña absurda (aínda que eles siguen erre que erre).
    Digo isto porque un día comentei en Galiciaves que as "balas" de que dispuña o movimento conservacionista había que administralas corectamente, tendo en conta o país no que nos movemos. E penso que con esa ridícula campaña contra a apertura da canle quedámonos sen "munición" (e sen credibilidade ningunha).
    Penso que non nos han facer caso nunca maís na vida por aquí. Desde logo a imaxe que quedou de nós entre os lugareños foi patética. Non esperemos que o persoal colabore agora con nós en temas de conservación.

    ResponderEliminar
  8. Opa César:

    Ao fío do que dís, vai unha reflexión.

    Sei de quen non podo esperar sensatez ningunha (anos tiveron), pero si esperaba algo máis dos afeizoados á ornitoloxía.
    A Frouxeira é probablemente a lagoa máis visitada por observadores de toda Galiza, especialmente cando temos algunha rareza desas que tan de moda están agora. Sen embargo, non coñezo casos en que algún destes numerosos visitantes movese un dedo por denunciar este tipo de cousas. E mira que hai temas onde actuar a nivel particular: quads no sistema dunar, pesca furtiva con trasmallos, cans paseando, verquido de puríns, etc... Pero nunca, nunca vin a ningún "pajarero" facendo algo ao respecto (falo dos últimos 20 anos). De feito algúns mesmo fai o contrario, meterse no sistema dunar cos seus veículos sen respetar a lexislación.
    Supoño que nestas circunstancias e con estes aliados a loita semella perdida de antemán.

    ResponderEliminar
  9. Mi madriña, isto xa é o colmo. Espero que a denuncia chegue a bo porto.
    Apertas.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Opa Inés. Agradezo especialmente que ti e máis Eloi sigades comentando por aquí habitualmente. Debedes ser os únicos seguidores que tedes cans e que non abandonaron aínda o blogue desde que empecei a dar caña polo tema da peste.
      Un bico ;)

      Eliminar
    2. E que os cans soltos en espazos protexidos é unha aberración... Se non houbera sinalizacion, un despiste, podo entendelo, pero o de reincidir deliberadamente, iso si que non. Aquí unha recollendo a merda do seu can, para que logo os "listillos" deixen o civismo e educación a un lado. Estas cousas cabréanme moito.
      Unha aperta Xabi. Menos mal que hai xente coma ti metendo caña.

      Bicos
      Inés

      Eliminar
  10. Hola Xabi:

    "Y es que uno de los grandes problemas para la conservación en el mundo rural gallego es precisamente éste...“ ¡Y tanto que sí! "Aquí nos conocemos todos”. Esa fue una de las primeras cosas que escuché cuando me instalé en Galicia. “Pues vale”, pensé entre extrañado y mosqueado. En aquel tiempo aún no llegaba a sospechar que, soterrado bajo esas cuatro palabras, se escondía el origen de tanta mierda y tanta desgracia.

    Un saludo,

    Daniel Pérez

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. De todas formas hai que facer unha pontualización importante, Daniel. O problema dos cans nos espazos naturais é un fenómeno 100 % urbanita, ollo!
      Son os propietarios que posúen un precioso chalé como segunda vivenda e os residentes da cidade os que van pasear as mascotas pola Frouxeira. Porque ao final, para entendermos a Frouxeira actual hai que coñecer a historia da propia comarca de Ferrol (non esaxero). Hoxe o 75 % dos viandantes cos que te cruzas calquera día por alí non son autóctonos. Como moito persoas que levan vivindo alí tres ou catro décadas, en casas edificadas fóra do que eran núcleos tradicionais de poboación, como Lago ou Atios.

      ¿Sabedes que a mediados do século pasado criouse unha liña de autobuses que levaba aos traballadores dos asteleiros á praia de Valdoviño? Creo que foi a primeira "Guagua" das varias que habería logo na Bazan (palabra importada de Cuba, creo).
      Esta liña de autobuses fomentou o turismo de praia, descoñecido por aquel entón. E fixo que moitas familias relacionadas co sector naval acabaran asentándose en Valdoviño. Imaxino que ao principio irían a pequenas casas durante o verán; e logo, coa mellora do poder adquisitivo e das comunicacións, converteuse nun lugar de lecer de especial atractivo para os ferroláns, que hoxe en día ocupan seguramente a maior parte das casas na contorna do espazo natural. Algunhas delas ubicadas en "zonas inundables" que, como se acaba de averiguar recentemente, resulta que "se inundan" (esa é outra)
      Às veces asegúrovos que me dá a sensación de que son o único traballador da Bazán que non ten casa en Valdoviño, volo xuro. Porque mira que hai "bazaneiros" en Valdoviño!
      E claro, logo se puxo de moda o das mascotas e xa se liou parda.

      Resumindo, a invasión canina ten causas no mundo urbano, na falta de espazos para as mascotas e no incivismo patolóxico do persoal, ...dos galegos, que diría Sergio París.

      Eliminar
  11. Creo que ninguén máis ca ti probou xa tódalas posibilidades neste asunto. Pero desgraciadamente parece que os resultados seguen sendo sempre os mesmos. Non se ve un cambio a curto prazo... Pero en fin, ánimo para seguir batallando Xabi. Moitas veces, a insistencia termina por dar resultados.
    Apertas

    ResponderEliminar
  12. Xabier, hiciste muy bien; faltan personas comprometidas con el Medio Ambiente, que insistan en denunciar las agresiones que sufren los espacios protegidos. Falta mucha cultura y civismo en la sociedad y, como insinúas, mucho compadreo para "hacer la vista gorda" cuando se comete una infracción.
    ¡Adelante, Xabier!
    Un abrazo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Gracias, Fanny. Lo de la vista gorda obedece sin duda a la tendencia de las gentes de Galiza por incumplir cualquier norma de convivencia, sea ésta relativa al medio ambiente, al urbanismo, de caza, de tráfico o simples normas de civismo en las comunidades de vecinos.
      Pero siempre le podemos echar la culpa a "los otros".

      Eliminar
  13. Olá Xabier, admiro a tua persistência, que deveria ser um incentivo para todos os amantes da natureza, bem hajas!

    Abraço
    Inocêncio

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas graças, Inocêncio. Mas gostaria de a "persistência" fosse um pouco mais repartida entre todos os que por ali vamos, que úm so pois bem pouco pode fazer...

      Eliminar
  14. Boas, non son moi partídario de meterme nestas leas nen sei con quen te topaches en Valdoviño pero polo que contas creo que debo aclararte un par de cousas para que non te líes, xa que creo que coñezo bastante ben a problemática do funcionamento da Admón nestes casos e desde dentro:
    1º Non confundas Vixiantes de Recursos Naturais (VRN) con Axentes Forestais ou Axentes Facultativos Medioambientais (AF/AFM).
    2º Os VRN non son axentes da autoridade nen teñen carácter de policia xudical nin presunción de veracidade. Polo que contas te topaches cun VRN que desgraciadamente van "disfrazados" de AF/AFM pero como acabo de explicarte non ten nada que ver. É dicir, que unha denuncia deles é o mesmo que si denuncias ti ou calquer outra persoa. Nin poden identificar a nadie, etc...
    3º Os AF/AFM si que son axentes da autoridade e teñen as competencias necesarias que os VRN non teñen e que estás a demandar.
    4º O meu consello é que presentes un escrito dirixido ao Xefe Provincial do Servicio de Conservación da Natureza para que obrige a que un AF/AFM constate que os feitos que describes son certos e así se poida iniciar o precedemento administrativo sancionador correspondente por parte da admón. Esto é gratis.
    5º Como ves eu non contesto como anónimo, a min tampouco me gustan nada.
    Espero que te servira de axuda estas aclaracións. Un saúdo, forza e sorte.
    PD: Os insultos do principio creo que sobran.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Boas, Germán:
      Grazas pola información. Deduzo que o fulano en cuestión debía ser "Vixiante de Recursos Naturais", pero fagamos varias pontualizacións:
      1- Desde finais de 2011, cando comeza a crise dos asolagamentos, é cando comezan a aparecer regularmente estes tíos de Medio Ambiente, dos que cheguei a contar ata tres veículos, creo, coincidindo cos días máis mediáticos. Así que podemos supoñer que algún deles si pode ser un AFM (coñezo outro maior de cabelo branco que vén menos, supoño que será o "xefe").
      2- O seu papel durante estes case tres anos e medio limitouse exactamente a iso que digo: mirar como subía o nível da cale e nada máis. Como és lector habitual deste blogue, xa sabes que todo iso foi unha pantalla mediática por parte da Xunta para defenderse das demandas veciñais (por unha parte) e ecoloxistas (por outra). Todas as semanas saía unha nova na prensa na que se vía ún deses veículos de Medio Ambiente aludindo a que a Xunta estaba controlando estes días o nivel da lagoa, para tranquilizar á xente.
      Supoño que algún hidrólogo ou xeógrafo estivo tamén estudando a batimetría (ou como se diga) da lagoa para tirar as conclusións que aparecen n estudo, sobre o nivel de apertura. Todo para que finalmente sexa o propio nivel da pista do Leste e das “fincas inundables” o que defina o umbral de intervención. Vamos, para facer o que se fixo sempre!
      3- Mentras ocurría todo este esperpento, fun testemuña de numerosas agresións acontecidas no espazo, que xa estaba protexido e catalogado con 5 figuras de protección oficial antes da publicación do famoso Estudo. Agresións coma práctica de Kite-buggie e Kite-surf, paseo diario de ducias de cans, entrada de veículos a motor no sistema dunar, pesca furtiva con trasmallos, invasión de especies alóctonas (cortaderia, sobre todo), e ata a aparición dun grupo de cas asilvestrados moi perigosos. E sempre tiven que ser eu quen presentara denuncia no cuertelillo da Guardia Civil, ao Seprona ou á policía local, xa que non había “recursos humanos” destinados por Medio Ambiente á vixianza do espazo, senón que estaban destinados á cortina de fume mediática e absolutamente nada máis. Só fan dúas cousas: estar dentro do carro e mirar como sube a auga. NADA MÁIS. O seu papel foi, polo tanto e desde o ponto de vista da conservación, de INUTILIDADE TOTAL.
      4- Se lés o comunicado da SGHN fomos moi coidadosos de non cargar as tintas contra o traballador protagonista do episodio do día 21. Así no último parágrafo demandamos á Xunta “que se dote dos recursos humanos axeitados”, dando a entender que os existentes ou non fan o seu traballo ou non son os apropiados para a función de protección que debe ter un humidal como A Frouxeira. Aínda que desde logo e de cara á opinión pública dan bastante o pego cos seus todoterreos e as suas cazadoras de Xunta.
      Non sei se terán que poñer un AFM, dez AFM ou unha grilleira con antidisturbios, pero é un auténtico escándalo e un despropósito absoluto o que está pasando na Frouxeira, se colla por onde se colla.
      Unha aperta e graciñas por comentar

      Eliminar
    2. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

      Eliminar
  15. Cando estás a pasear cerca dunha colonia de gaivotas é inevitable que algunha che cague cerca ou que mesmo te cague encima. Ter un blogue con tantas visitas conleva algo parecido. Podes ter críticas (o cal é bon), insultos e mesmo anónimos...
    Non hai que darlle maior importancia.

    ResponderEliminar
  16. Eu entendo as duas versions, a voluntaria de Xabi de non ter resposta as queixas (legalmente fundamentadas), e a profesional de German de ter que pagar xustos por pecadores porque alguen non fai ben o seu traballo.
    Pero insisto, unha e voluntaria e outra profesional, a min non me poden obrigar a denunciar ou a saires ao campo, pero a profesional esta obrigada a cumprir as suas funcions. Senon non arranxamos nada. Outra cousa e que despois lles fagan caso as denuncias, ou que desaparezan misteriosamente. Pero ese e outro capitulo da Galicia profunda.

    Cesar

    ResponderEliminar
  17. Concordo 100% co comentario último de César.

    Apertas,
    Damián

    ResponderEliminar
  18. Dúas cousas máis:

    1- Ademáis do factor "profisional" eu engadiría o "vocacional". Coñezo persoas que traballan en medio ambiente (algún en Parques Naturais) e son persoas COMPROMETIDAS e defensoras de verdade do Medio Ambiente; pero iso non sempre ocorre. E vamos deixalo aqui.
    Creo que se entende.

    2- Levar o "disfrace" (palabras de Germán) conleva un factor disuasorio importante. Aínda considerando que coñece a Lei e ten a mesma autoridade ca min, para moitas persoas non será o mesmo que o diga el a que o diga eu. Estou seguro que en moitos casos os propietarios dos cans habían de facerlle caso inmediatamente sen chegar a maiores... por se acaso.. Só por ese motivo xa debera actuar "motu propio" (ou acaso van descontarlle da paga por iso?)
    E volvemos ao de antes, para iso hai que querer.

    De todas formas tranquilos, que agora na Primavera, en canto a lagoa se estabilice con nivel baixo, os vixiantes/axentes han desaparecer ata o próximo inverno. Outros quedaremos alí para seguir a guerra durante a delicada tempada de cría das aves.
    En Novembro volverá a subir o nivel e volverán os vixiantes/axentes a mirar para o canal, iniciando así un novo capítulo da serie fantástica "A Frouxeira, un espazo protexido"
    PD: Cando dicía que case non vira ningún pajarero" actuar nestes últimos anos non foi correcto (escribía rápido). Houbo algún colega que tamén ten feito denuncias polo tema da Píllara, creo.
    Por suposto non falaba dos primeiros tempos nos que houbo unha intensísima actividade de denuncia, estudo e actuacións para a restauración da Frouxeira por parte dos naturalistas históricos como Silvar e cia, a quenes debemos todo. Inisisto en que me refiro a estes últimos anos de presenza masiva de observadores de todo o país.

    ResponderEliminar
  19. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Aparte de ser profundamente cobarde, anónimo reincidente, estás realmente enfermo.
      O meu consello, con todo cariño, é que consultes a un especialista.
      PD: por certo, quén te paga?

      Eliminar
  20. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar
  21. Paréceme incríbel que uma pessoa coma ti tam documentada nom recordes se a pessoa a quem denúncias é um Vixiante de RN ou um Axente. Certamente pola forma de comportarse mais bem parece um Vixiante, pero isso nom te exime de que o que figeches foi geralizar, cousa do que nom gosto pois eu como muitos companheiros estamos mui orgulhosos do nosso trabalho. Trabalho que fazemos muitas veces sem contar com o apoio necessário da Administraçom nem os méios adequados. E ainda assim denunciamos furtivismo, esquilmaçom do médio, maltrato animal, contaminaçom das águas, vertido de resíduos, danos ao património... e fazemos fronte a críticas demagogas como a sua.
    Saude e muitos avistamentos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Olá Xabier:
      Se che parece que estou a geralizar à hora de cualificar aos de Médio Ambiente pois equivócas-te e significa que nom liches ben as minhas palavras. Eu refiro-me ao caso da Frouxeira em exclussiva (de feito numha resposta indico que conheço gente moi válida que trabalha nisso).
      E no caso de Valdovinho som umha inutilidade total, pois nom servem para solucionar nengum dos graves problemas medioambientais que sofre o espaço um dia tras outro.
      Antes de opinar recoméndo-che que visites A Frouxeira e comproves por ti mesmo se tenho ou nom razom. E eu terei os meus defeitos (entre eles o cansanço e a indignaçom por todo isto) pero desde logo nom fago demagógia.
      E graças por comentar.

      Eliminar
  22. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos