Esta semana ocorreron varios acontecementos. Por unha banda onte vendía a Canon 60D, unha estupenda cámara reflex que apenas usaba, para apostar definitivamente polo mundo "bridge".
Ademáis anunciaba no foro de Galiciaves a miña intención de cambiar a Nikon P900 por unha Canon SX60 e inmediatamente aparecía un comprador moi interesado en adquirir a Nikon (Dani López Velasco, famoso ornitólogo asturiano).
Por todo iso decidín ir á tenda e comprar hoxe mesmo a Canon SX60.
Se vendera a SX50 foi porque naquel momento xurdíu unha oportunidade para venderlla a un compañeiro e me apetecía probar novas experiencias dentro do mundo das compactas ultrazoom. Pero como repetín mil veces a gama SX de Canon sempre me pareceu a referencia en bridge, os modelos máis completos e con mellor sensor.
Esperaba con moita ilusión a aparición da nova superbridge con sensor de unha polgada e focal equivalente a 600 mm pero Canon, nunha operación comercial destinada a non comerse o mercado das reflex (penso), decidíu sacar esta nova máquina sen visor. Así que éste foi o motivo final para decidirme a volver á serie SX, uns modelos con sensor pequeno pero que tantas satisfaccións me deron a min e aos seguidores deste blogue. E agora empezamos de novo.
Pois agora a esperar as fotos coa nova cámara. Una marabilla, seguro.
ResponderEliminarApertas.
Macho, non paras de andar de flor en flor, non duras nada con elas... ja, ja, ja.
ResponderEliminarFora coñas, xa dixen máis veces que ti, e polo tanto Bichos, é toda unha referencia no mundo das cámaras bridge. Xa nos contarás qué tal con esta, como di Inés.
A ver como vai. Polo pronto xa vín que ten o mesmo refacho que a SX50: un mísero disparo por segundo (en RAW). Nos próximos días iremos sabendo máis cousas.
ResponderEliminarSorte Xabi...a darlle caña!!
ResponderEliminarUnha aperta.