xoves, 15 de febreiro de 2024

Eleicións galegas 18-F

   Non adoito posicionarme políticamente porque Bichos é un blogue naturalista. E tampouco teño unhas convicións políticas tan ríxidas coma tiña hai anos. Sen embargo en certas ocasións especiais si manifesto a miña opinión.

  Este domingo temos eleicións xerais no noso país, Galiza. O escenario semella incerto e mesmo cabe a posibilidade de que o PP perda a opción de gobernar. Como naturalista e ecoloxista isto xa sería unha boa nova para min, porque todos coñecemos o realizado polo PP no asunto medioambiental durante todos estes anos. Nalgún caso podemos catalogalo directamente de terrorismo ecolóxico.

  O outro día asistín ao mitin do Bloque Nacionalista Galego (BNG) na cidade de Ferrol, a segunda forza política galega, de orientación soberanista e socialdemócrata (aínda que dentro do frente que conforma o BNG existen organizacións con diferentes ideoloxías). Nun abarrotado Auditorio de Caranza escoitei con atención cada palabra que se dixo. Entre as persoas intervintes estaba, obviamente, a candidata a presidenta Ana Pontón.

Aspecto do Auditorio desde a grada superior.

  Saín dalí con dúas ideas. Por unha banda a sensación de "bon rollo" e optimismo que reinaba no ambiente. Unha sensación que os últimos inquéritos publicados confirman claramente. Por outra banda, a sensatez do discurso en todos os terreos tratados. Gostei especialmente que non houbese nin unha soa mención ao dichoso "benestar animal" (que habitualmente se traduce en malestar humano e medioambiental). Só por ese importante detalle conseguiron o meu interese. Doutros temas prefiro non dicir nada porque xa son cousas máis persoais que non todos os leitores ou leitoras deste blogue poden compartir, aínda que sexan moi positivas para a clase traballadora galega.

   Escribo estas liñas desde a precaución, porque son consciente do peso eleitoral do lobby mascotista pero o que vou vendo do BNG nesta campaña e no seu programa está sendo todo moi agradábel de ver. Non coma outros, que xa se tiran directamente a pedir o voto mascotista:

"El voto es el voto". Óleo sobre lienzo

  Espero que no resto da semana non teña que ver algunha metedura de pata canina por parte do BNG.  A ver se non se estropea o final de campaña, ou na acción de goberno se chegan a el. Mentras iso non ocorra o BNG contará co meu voto, sen dúbida.

8 comentarios:

  1. Eu tamén o teño claro, Xabi. Unha aperta, Damián

    ResponderEliminar
  2. Eu xa non podo participar activamente nestas elecións, pero desexo de todo corazón que haxa un cambio. Perdoade que o manifeste así abertamente.
    Unha aperta e que vaia todo ben.
    Inés González

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Non hai nada que perdoar, Inés.
      PD: deduzo que ficades por terras catalás. Se volto por ese país marabilloso tentarei pasar a saudarte.

      Eliminar
    2. Si, encara visc per Catalunya. T'hi esperem! Hehehe
      Un petó i una abraçada,
      Inés González

      Eliminar
    3. Un petó, la meva seguidora més estimada!

      Eliminar
  3. Buenas tardes, no me creo nada de ningún partido en el tema mascoteiro.

    Por ejemplo, Ponzos, una playa con protecciones medioambientales, en plena Red Natura, pues bien, la toman como si fuera una zona de esparcimiento canino, encima muchos sueltos, hoy por la tarde y todo el año, 24/7.

    La legislación no se cumple, no se receta, vaya, que es como aprenden a no dar por saco a la gente y a la fauna salvaje.

    ¿Por qué me tengo que creer que la señora Pontón haría algo?

    El tema de los eucaliPPtos, igual, soy escéptico. Llegan al poder y lo primero es subirse el sueldo.

    Un saludo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois non che faltan motivos para ser escéptico co asunto canino, desde logo. Enténdote perfectamente.

      Eliminar
  4. Buenas, ojalá que hiciera algo en temas medioambientales, eucaliPPtos, velutina, plumachos, mascotismo, etcétera.

    El BNG nunca gobernó, el PSOE pasa de todo cuando gobierna, aunque son muchos años del Partido Podrido y no se pudo acometer nada.

    Los eucaliPPtos y Ence, para mí es clave obligar a reducir a la mitad o menos esa peste que ha barrido la biodiversidad en Galicia y que ha sido, de lejos, la mayor canallada medioambiental. El monte es privado en su caso totalidad, también los bares y no se deja fumar.

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos