domingo, 8 de setembro de 2024

08/09/2024 Censo de acuáticas na Frouseira

  Esta mañá achegueime de novo á lagoa de Valdoviño para facer un censo de control de acuáticas. Alí chegaron Ramón Tenreiro, outro socio do G. N Hábitat, e varios rapaces novos que están a comezar nisto do paxareo: Ángel Couce, Raquel Iglesias e Pablo Vázquez. Cando rematei o censo houbo tempo para falar con eles e explicarlles cousas sobre A Frouseira, que segue aberta.

Panorámica da lagoa. Autodisparo sobre tripé
OM-1 + Panasonic 14-48 mm   ISO:200   V:1/8      F:9

Limícolas no intermareal NW

  O censo estivo enfocado nas limícolas, mas tamén contabilicei outras acuáticas. De todos os xeitos son cifras incompletas pois estiven concentrado nos intermareais:
  • 21+ Patos cincentos (Mareca strepera). Hai máis. Marcharon moitos exemplares
  • 137 Lavancos reais (Anas platyrhynchos). Coma no caso dos cincentos houbo un descenso evidente de exemplares, que marcharían cara outros humidais 
  • 2+ Mergulletes comúns (Tachybaptus ruficollis)
  • 12 Galos de auga (Fulica atra)
  • 88 Píllaras reais (Charadrius hiaticula)
  • 1 Mazarico real (Numenius arquata)
  • 1 Fuselo de rabo negro (Limosa limosa)
  • 1 Arceúcha das brañas (Gallinago gallinago)
  • 4 Biluricos das rochas (Actitis hypoleucos)
  • 1 Bilurico común (Tringa totanus)
  • 2 Biluricos pativerdes (Tringa nebularia)
  • 1 Virapedras común (Arenaria interpres)
  • 1 Combatente (Calidris pugnax)
  • 3 Pilros ferruxentos (Calidris ferruginea)
  • 75 Pirlos tridáctilos (Calidris alba)
  • 135 Pilros comúns (Calidris alpina)
  • 1 Pilro pequeno (Calidris minuta). Novidade
  • Gaivotas comúns (Chroicocephalus/larus fuscus-michahellis)
  • 5 Cullereiros comúns (Platalea leucorodia)
  • 1 Picapeixe común (Alcedo atthis)

Pilros en vóo
OM-1 + Zuiko 100-400 mm   ISO:800    V:1/800    F:6,3

 O combatente achegouse algo ao paseio peonil. Aínda que tiña a OM-1 preferín disparar coa Canon SX70, que vai mellor cando a ave está a case 100 m.

Bilurico común (Tringa totanus, esda) e combatente (Calidris pugnax, drta)

Combatente (Calidris pugnax)

     Dos diferentes cambios taxonómicos que se fixeron nos últimos anos o de pasar o combatente desde Philomachus a Calidris paréceme do máis axeitado. Ignoro os motivos xenéticos para tal mudanza pero cando o vemos voar semella talmente un Calidris alpina xigante con cabeza pequena. 

Combatente en vóo. Foto moi recurtada
OM-1 + Zuiko 100-400 mm   ISO:400   V:1/800    F:6,3

Combatente (Calidris pugnax). Imaxe con recurte
Canon SX70 (focal 1365 mm equiv)   ISO:200    V:1/800   F:6,5

Combatente (Calidris pugnax). Imaxe con recurte
Canon SX70 (focal 1365 mm equiv)   ISO:100    V:1/640   F:6,5

 Ben, a cousa está entretida, como vedes. Polo de agora con cifras moi baixas. O prognóstico meteorolóxico para os vindeiros días anuncia ventos de norte outra vez, así que probablemente moitas das aves marcharán. Haberá que esperar uns días para ver se cambia a circulación de SW.

2 comentarios:

  1. Juan Manuel Fandiño Casteleiro10 de setembro de 2024, 19:12

    Hola, ya están algunos diciendo en los comentarios de tu artículo que odias a los perros...

    La ignorancia es atrevida. Convendría que les contestaras.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Xa vin, Roberto. Vou absterme de contestar a eses indixentes mentais. Nestes momentos teño coma prioridade estar tranquilo.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos