xoves, 17 de outubro de 2024

17/10/2024 Visita de control pola ría de Ferrol

 En outubro dou por comezada a temporada de acuáticas invernantes. Hoxe ao saír do traballo achegueime pola ribeira sur da ría de Ferrol, onde fixen paradas en Neda, San Valentín, Maniños, O Seixo e O Baño.

Intermareal en Neda

  Poño a listaxe de aves máis interesantes observadas neste tramo de ría:
  • 2 Asubións comúns (Mareca penelope) nunha zona pouco común coma é a enseada do Seixo (Mugardos). Son máis habituais no fondo da ría
  • 305 Lavancos reais (Anas platyrhynchos)
  • 7 Píllaras reais (Charadrius hiaticula)
  •  6 Pilros comúns (Calidris alpina)
  • 10 Biluricos das rochas (Actitis hypoleucos)
  • 3 Gaivotas de cabeza negra (Icthyaetus melanocephalus)
  • 3 Gaivotóns atlánticos (Larus marinus)
  • 2 Cullereiros comúns (Platalea leucorodia). Un ave elegante e espectacular que xa forma parte da ornitofauna habitual na nosa humilde ría
  • 1 Águia pescadora (Pandion haliaetus). Aplíquese o ponto anterior. Outra especie regular agora. Se nolo contan hai corenta anos...
  • 2 Picapeixes (Alcedo athis)
  • 2 Lavandeiras reais (Motacilla cinerea). Podían ser exemplares europeos invernantes ou autóctonos reprodutores na propia ría (crían en varios pontos próximos á ribeira)

Asubións comúns (Mareca penelope)
Canon SX70 focal 1365 mm equiv   ISO:100   V:1/800   F:6,5

      Desta volta levaba a pequerrecha (Canon SX70), que foi moi útil debido á enorme distancia a que estaban todas as aves. Os asubións achegáronse algo.

Asubións comúns (Mareca penelope)
Canon SX70 focal 1365 mm equiv   ISO:100   V:1/800   F:6,5

Píllaras reais (Charadrius hiaticula) e pilros comúns (Calidris alpina)

Gaivotóns atlánticos (Larus marinus) e patimarelas

Gaivota de cabeza negra (Ichthyaettus melanocephalus) entre patimarelas

Cullereiro común (Platalea leucorodia)

  No caso da águia pescadora a distancia era extrema (e con mala luz, ademáis). Houbo que recurtar moito e deixar certos parámetros á Intelixencia Artifical do Lightroom, que é máis lista ca min.

Aguia pescadora (Panion haliaetus). Distancia: uns 500 m
Canon SX70 focal 1365 mm equiv   ISO:100   V:1/500   F:6,5

 Ben, unha mostraxe rápida mas proveitosa, con algunhas citas interesantes. Nuns días chegarán os primeiros mergullóns de pescozo negro e, máis tarde, as mobellas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos