Antonte tiven un pequeno accidente co Zuiko 300. Non é grave pero estes días vou ter que usar o Pana ou a Sony RX10, que foi o que fixen esta mañá.
"Camiño das martarañas", 7:20 hora zulú
Na linguaxe científica eses pequenos parches forestais no medio de áreas agrícolas denomínanse coma "bosques illa". Nas regas de Moeche existe ún no que considero altamente probábel que naceran os cachorros da femia de martaraña bautizada coma Chosca. Ao carón dese bosque illa hai un campeiro que sempre me pareceu un hábitat ideal para observar corzo.
Parcela situada xunto ao bosque illa
Sony RX10 III (focal 30 mm equiv.) ISO:400 V:1/100 F:4
Corzo (Capreolus capreolus) macho
Sony RX10 III (focal 520 mm equv.) ISO:1600 V:1/200 F:4
Corzo (Capreolus capreolus) macho
Sony RX10 III (focal 70 mm equv.) ISO:800 V:1/125 F:4
Corzo (Capreolus capreolus) macho
Sony RX10 III (focal 600 mm equv.) ISO:800 V:1/125 F:4
Corzo (Capreolus capreolus) macho
Sony RX10 III (focal 600 mm equv.) ISO:1600 V:1/200 F:4
Corzo (Capreolus capreolus) macho
Sony RX10 III (focal 60 mm equv.) ISO:1600 V:1/200 F:4
Corzo (Capreolus capreolus) macho
Sony RX10 III (focal 600 mm equv.) ISO:1600 V:1/200 F:4
Corzo (Capreolus capreolus) macho
Sony RX10 III (focal 600 mm equv.) ISO:1600 V:1/200 F:4
Mágoa non ter a OM-1 co Zuiko, porque nesas condicións de luz había notarse moitísimo a diferencia de calidade. Iso si, a focal variable dunha bridge permite facer composicións inalcanzábeis para unha focal fixa. E nese lugar era obrigado. Especialmente porque tamén aparecía unha femia de corzo. O motivo polo que o macho non fuxira tan rápidamente.
Corzo (Capreolus capreolus) femia
Sony RX10 III (focal 400 mm equv.) ISO:1600 V:1/125 F:4
Outra nova do día foi a sorpresa de ver xuvenís de picanzo no territorio T1. Finalmente houbo tres parellas reprodutoras na zona de As Regas.
Xuvenil de picanzo vermello (Lanius collurio)
Sony RX10 III f:4 (focal 600 mm equiv.) ISO:400 V:1/160 F:4













Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos