Seguidores e seguidoras

xoves, 6 de agosto de 2026

Cozo (Capreolus capreolus). Unhas fotos moi esperadas

 Antonte tiven un pequeno accidente co Zuiko 300. Non é grave pero estes días vou ter que usar o Pana ou a Sony RX10, que foi o que fixen esta mañá.

"Camiño das martarañas", 7:20 hora zulú

   Na linguaxe científica eses pequenos parches forestais no medio de áreas agrícolas denomínanse coma "bosques illa". Nas regas de Moeche existe ún no que considero altamente probábel que naceran os cachorros da femia de martaraña bautizada coma Chosca. Ao carón dese bosque illa hai un campeiro que sempre me pareceu un hábitat ideal para observar corzo.

Parcela situada xunto ao bosque illa
Sony RX10 III (focal 30 mm equiv.)  ISO:400   V:1/100  F:4

    Hoxe tiven a fortuna de facer as fotografías que sempre desexara nas moitas veces que pasei xunto ao sitio. Un macho de corzo aparecía no lugar perfecto para a fotografía perfecta (se houbese equipamento axeitado e un fotógrafo de verdade).

Corzo (Capreolus capreolus) macho
Sony RX10 III (focal 520 mm equv.)   ISO:1600  V:1/200   F:4

     A esas horas da madrugada e aínda por riba con néboas houbo que subir até uns niveis de ISO óptimos para a OM-1, mas xa moi altos nunha bridge.

Corzo (Capreolus capreolus) macho
Sony RX10 III (focal 70 mm equv.)   ISO:800  V:1/125   F:4

    Porén, foi unha observación moi fermosa. O corzo viume, pero ficaba tranquilo sen escapar correndo coma fan sempre. Eu non daba creto. De feito seguía alimentándose coma se nada.

Corzo (Capreolus capreolus) macho
Sony RX10 III (focal 600 mm equv.)   ISO:800  V:1/125   F:4

Corzo (Capreolus capreolus) macho
Sony RX10 III (focal 600 mm equv.)   ISO:1600  V:1/200  F:4

Corzo (Capreolus capreolus) macho
Sony RX10 III (focal 60 mm equv.)   ISO:1600  V:1/200  F:4   
 
Corzo (Capreolus capreolus) macho
Sony RX10 III (focal 600 mm equv.)   ISO:1600  V:1/200  F:4

Corzo (Capreolus capreolus) macho
Sony RX10 III (focal 600 mm equv.)   ISO:1600  V:1/200  F:4
  
    Mágoa non ter a OM-1 co Zuiko, porque nesas condicións de luz había notarse moitísimo a diferencia de calidade. Iso si, a focal variable dunha bridge permite facer composicións inalcanzábeis para unha focal fixa. E nese lugar era obrigado. Especialmente porque tamén aparecía unha femia de corzo. O motivo polo que o macho non fuxira tan rápidamente.

Corzo (Capreolus capreolus) femia
Sony RX10 III (focal 400 mm equv.)   ISO:1600  V:1/125  F:4

     Outra nova do día foi a sorpresa de ver xuvenís de picanzo no territorio T1. Finalmente houbo tres parellas reprodutoras na zona de As Regas. 

Xuvenil de picanzo vermello (Lanius collurio)
Sony RX10 III f:4 (focal 600 mm equiv.)  ISO:400   V:1/160  F:4 

Paisaxes de Moeche
Sony RX10 III (focal 40 mm equiv.)  ISO:100   V:1/80  F:5

Paisaxes de Moeche
Sony RX10 III (focal 50 mm equiv.)  ISO:100   V:1/80  F:5

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos