Seguidores e seguidoras

domingo, 31 de agosto de 2025

31/08/2025 Visita de control en Forcadas: combatentes, biluricos de ás negras, etc

   Estamos na mellor época do ano para visitar o encoro das Forcadas (Valdoviño), alomenos no relativo ás aves migrantes. Por desgraza facer mostraxes alí está cada día máis complicado. Hoxe nen sequer puiden chegar á parte final da cola de Vilaboa, o meu lugar favorito. Había vacas pacendo na finca pola que tes que cruzar, e os pastores tiñan corrente, como puiden comprobar persoalmente. Únicamente censei desde pontos accesibles para cubrir a superficie que aparece no mapa:

Mapa do encoro das Forcadas. En círculo azul, as áreas censadas hoxe

   O nível hídrico está bastante baixo e iso favorece a sedimentación de limícolas.  Aquilo non é O Grove, obviamente, pero ten algunhas "especialidades" interesantes.

Ribeira das Cortiñas

Enseada do Pereiro
Sony RX10 III (focal 46 mm)   ISO:200   V:1/160    F:5,6

Cola de Vilaboa
Sony RX10 III (focal 44 mm)   ISO:200   V:1/200    F:4,5

  O encoro está moi degradado e aínda por riba só cubrín as zonas más accesible. Nesta área prospectada observei o seguinte:
  • 24 Lavancos reais (Anas platyrhynchos)
  • 6 Cercetas (Anas crecca)
  • 4 Píllaras reais (Charadrius hiaticula)
  • 3 Biluricos das rochas (Actitis hypoleucos)
  • 4 Biluricos de ás negras (Tringa ochropus). Non vin ningún T. glareola
  • 1 Bilurico común (Tringa totanus)
  • 1 Bilurico pativerde (Tringa nebularia)
  • 5 Combatentes (Calidris pugnax)
  • 1 Pilro común (Calidris alpina)
  • 11 Mergulletes comúns (Tachybaptus ruficollis). Case todos adultos
  • 1 Corvo mariños grande (Phalacrocorax carbo)
  • 5 Garzas reais (Ardea cinerea)

Combatentes (Calidris pugnax) e biluricos (Tringa spp)

     Por desgraza as "limis" estaban moi lonxe. Cada día boto máis de menos a Nikon P1000, que vendín nun momento de enaxenación mental.

Combatentes (Calidris pugnax). Toma moi recurtada desde uns 280 m (disparo a pulso)
Sony RX10 III (focal 600 mm)   ISO:200   V:1/250    F:4,5

  A maiores das acuáticas había paxarada interesante:
  • Picafollas musicais (Phylloscopus trochilus)
  • 1 Papamoscas negro (Ficedula hypoleuca)
  • 38+ Lavandeiras brancas (Motacilla alba). Seguramente serían unhas 50 na área controlada e 100+ no total do encoro
  • 7+ Lavandeiras amarelas británicas (Motacilla flava flavissima) na cola de Vilaboa. Probablemente eran máis de 10 ex

Lavandeiras amarelas británicas (Motacilla flava flavissima)
Sony RX10 III (focal 600 mm)   ISO:200   V:1/200    F:4,5

  Fixen un collage para que vexades o grao de recurte que tiven que facer en moitas das imaxes debido á grande distancia. En Forcadas hai que currarse moito cada fotografía.

Toma orixinal e recurte aplicado

Uns paxaros ben bonitos as lavandeiras amarelas británicas, todo un clásico a finais do vrao.

Lavandeiras amarelas británicas (Motacilla flava flavissima)
Sony RX10 III (focal 600 mm)   ISO:200   V:1/200    F:4,5

 Igual que o papamoscas negro.

Papamoscas negro (Ficedula hypoleuca)

  A época entre agosto e primeiros de outubro é máis interesante para ver aves limícolas nas Forcadas. Aproveitade. Por certo, chamoume a atención que de varias listaxes que vin de Cecebre non aparecía ningunha limícola, sendo como é un humidal máis "potente". Curioso.

sábado, 30 de agosto de 2025

Cambio de tempo

 Esta semana tivemos un cambio de tempo importante. Logo dun mes de agosto extraordinariamente cálido entraron as borrascas atlánticas, co que iso conleva sempre en Galiza: ventos moderados/fortes de compoñente W/SW, temperaturas máis frescas e chuvia. Unhas circunstancias idóneas para a sedimentación de acuáticas migrantes.

Gaivotas típicas descansando na praia de Maniños (Fene)


  Onte ao saír do traballo daba unha volta pola ría de Ferrol, coincidindo cos momentos de choiva máis intensa. Apañei unha boa molladura (a chaqueta do Decathlon era impermeábel anos há).

Praia de Maniños con chuvia persistente
Sony RX10 (focal 70 mm)   ISO:100   V:1/320   F:5,6

 Até primeiros de 2000 as grandes praias da zona estaban cheas con milleiros de gaivotas patiamarelas e escuras ao chegar estas datas. Logo pasou o que pasou e por iso xa non as visito.

  No intermareal de Neda concentrábanse unhas 150 gaivotas grandes. Sen embargo case non había choronas. A que foi acuática máis numerosa na nosa ría (2000-3000 ex invernantes) experimentou un declinio catastrófico na última década. Paradóxicamente coincide no tempo coa entrada en funcionamento da rede de saneamento, como xa comentei. Manda truco.

Intermareal de Neda

    Xunto a EDAR o vento sopraba con forza e movíame moito o paraugas. Neses momentos agradecín que a Sony RX10 III teña selado anti-salpicaduras (por cousas como esa tiña o prezo que tiña).

Gaivotas típicas (Larus michahellis/fuscus/marinus)
Sony RX10 (focal 110 mm)   ISO:200   V:1/400   F:5,6

   Non levaba máis óptica que a cámara, mas puiden ollar algunhas limícolas habituais:

Biluricos das rochas (Actitis hypoleucos) entre gaivotas

  Perto da EDAR había 2 biluricos pativerdes (Tringa nebularia) e 1 bilurico común (Tringa totanus). Puiden fotografar aos primeiros a pesares da cortina de chuvia.

 O bilurico pativerde aliméntase de pequenos alevíns ou camaróns que captura correndo polas canles da baixamar. Un hábito que comparte co bilurico escuro (Tringa erythropus), moito máis escaso. Tendo en conta as difíceis condicións atmosféricas non quedaron nada mal estas dúas fotos:

Biluricos claros (Tringa nebularia)
Sony RX10 (focal 600 mm)   ISO:400   V:1/500   F:4,5

Biluricos claros (Tringa nebularia)
Sony RX10 (focal 600 mm)   ISO:400   V:1/500   F:4,5

  Esta mañá tentei controlar a praia de San Valentín pero o problema dos cans alí é insufrible. Pensar que hai quince anos era ún dos mellores pontos para laro-limícolas da ría... Claro, qué vas esperar cando a mesma concellalía de "medio ambiente" constrúe unha ducha para cans na praia?

 Terminamos cunha fotos de lavandeiras. Pesoume non ter levado a OM-1 e o 400. Cando os paxaros están perto o maior tamaño do sensor nótase no nível de detalle.

Lavandeira amarela (Motacilla flava iberiae)
Sony RX10 III (focal 600 mm)  ISO:800   V:1/250   F:4,5

Lavandeira amarela (Motacilla flava iberiae)
Sony RX10 III (focal 600 mm)  ISO:800   V:1/250   F:4,5

    Ademáis da lavandeira amarela pillei un xuvenil de branca pousado na baranda da ribeira, e deume un "ataque de fotógrafo". Primeiro con ISO alto. 

Lavandeira branca (Motacilla alba) xuvenil
Sony RX10 III (focal 600 mm)  ISO:1600   V:1/200   F:4,5

  Logo con ISO medio, apoiando os brazos na propia baranda. Quizá debín pechar un pouco o diafragma para focar mellor o tramo de baranda á altura da lavandeira. Quedou tanto bokeh que semella editado dixitalmente. Por certo, atentos á velocidade de obturación: 1/50 seg

Lavandeira branca (Motacilla alba) xuvenil
Sony RX10 III (focal 600 mm)  ISO:400   V:1/50   F:4,5

   E mais nada por hoxe. Por aquí seguimos.

mércores, 27 de agosto de 2025

Evolución del paisaje: Regas de Pedroso (Narón)

   Tras haber descubierto el comparador cartográfico de la Xunta y posteriormente el del I.G.N (pincha) he comenzado una nueva sección que bien podríamos denominar "evolución del paisaje". Hoy trataremos As Regas de Pedroso, en al vecino ayuntamiento de Narón (del cual soy oriundo). Un antiguo humedal que se veía así en el mapa más antiguo del I.G.N:

Mapa del I.G.N. (aprox. años 40-50)

    En aquel mapa, muy parecido a la primera edición del Instituto Cartográfico Nacional 1:50.000 que yo tenía (y que tiré a la basura, idiota de mí), se ven dos zonas "pantanosas". Una al oeste, y otra de mayor tamaño al este: As Reghas, como dicen por aquí.

Y que salía así en el famoso vuelo americano de 1956-1957:

As Regas de Pedroso en 1957

   No es que se vea agua. Lo importante es lo que no se ve: las lindes de las fincas que había allí donde era posible el cultivo, pero que apenas se vislumbran en aquellas zonas que no valían para ello (sí para la ganadería), como eran las zonas pantanosas. Existe una imagen más antigua todavía, que muestra el visor de la Xunta de Galiza:

As Regas de Pedros na ortofoto Costa 1946 (Xunta Galiza)

  En las dos imágenes anteriores podemos apreciar el cauce original del río Xuvia, en la parte derecha de la foto, que marca varias curvas pronunciadas.

En azul oscuro cauce original del río. En azul claro, área central pantanosa (aprox)

 Pero en 1980 ya aparece el río canalizado en un tramo artificialmente recto, por obra y gracia de un tal Amando Romero. Según el colega Eloi Saavedra, pescador nativo de Pedroso, la obra tuvo lugar hacia los primeros años de la década de los setenta. No se me ocurre otro motivo que no fuese favorecer la desecación del humedal de As Regas, "zonas improductivas" para el franquismo.

Ortofoto ministerial de 1980 con el río Xuvia ya canalizado

  Avanzando en el tiempo vemos como estaba la zona en años más recientes. Hacia 1994-1997 (hace treinta años) todavía se distinguen zonas sin cobertura arbustiva, que hacia 2000 ya empiezan a cubrir todo el espacio, para taparlo completamente en la actualidad.

Ortofoto 1994-1997

Ortofoto 1999-2003

Actualidad

 Ya he comentado que visité la zona brevemente el día 31/03/1991, mientras daba una vuelta en mi flamante Yamaha 750 Superteneré. Había escuchado rascón y avistado un escribano palustre, probablemente un individuo en migración. Pero en este caso no hablamos de una laguna litoral como fue en su día el Carregal de San Xurxo, sino de una zona higroturbosa con nivel freático alto pero sin lámina de agua abierta. Quizá tuvo menos interés para aves acuáticas pero seguramente fue muy importante para otros órdenes, como anfibios, insectos, botánica...

  Actualmente As Reghas tienen este aspecto:

As Regas en verano


As Regas hoy en día

 ¿Cómo eran As Regas en el pasado? Si atendemos lo poco que queda en la actualidad y algunos toponímicos interesantes (Gándara, Cantalarrana, As Tembladeiras,....) pienso que no sería muy diferente a una turbera como esta de Xermade (Lugo):

Turbera baja en Xermade (Lugo)
  
 Probablemente las áreas más secas serían parecidas a un brezal/landa como éste:

Brezal atlántico con Molinia sp, Ulex sp y abundante Calluna vulgaris
Cualedro (Ourense)

 Todo esto son especulaciones, lógicamente. No soy biólogo y de botánica sé cuatro cosas muy básicas, pero me gusta hacer naturalismo-ficción. 
   
     Otra posiblidad es que As Regas fuese simplemente una junquera de Juncus spp, Carex spp e Iris pseudacarus. Una mancha minúscula de Typha latifolia permite pensar que también podría haber sido un gran espadañal, pero esa opción no acabo de verla. En esos casos suele haber algún topónimo tipo "A Xunqueira" como ocurre en el pequeño humedal de Ares. Desde luego A Xunqueira es un topónimo muy común en antiguas junqueras de toda la comarca de Ferrol, pero está ausente en Pedroso, por lo cual me inclino a pensar que en su tiempo fue más bien una zona pantanosa parecida a las turberas bajas con áreas de brezal atlántico en su periferia (un paisaje que fue muy común en el interior de la provincia de Lugo y también en algunas zonas próximas de A Coruña). En cualquier caso As Regas han desaparecido, como pasó con el Carregal de San Xurxo y con otros humedales que trataremos en próximos capítulos.

domingo, 24 de agosto de 2025

24/08/2025 Niebla en Moeche

 Los días se van acortando y se nota, sobre todo en las temperaturas mínimas (tienen más tiempo para bajar). Aunque ayer tuvimos una máxima de 30 ºC en Ferrol, esta madrugada en Moeche había unos frescos 11ºC, acompañados por bancos de niebla en el valle del Xuvia.

As Regas de Moeche cubiertas por la niebla
OM-1 + Panasonic 14-42 (a 40 mm) f:5,6   ISO:3200   V:1/200     F:7,1

  Pensé en sacar el trípode para disparar como es debido, con autodisparo y demás, pero al final disparé a pulso por si acaso aparecía algo (a esas horas "algo" puede ser un corzo, un jabalí, un zorro, una marta o un lobo). Lógicamente tuve que subir muchísimo el ISO, algo que penaliza las tomas de paisaje, pero no me quise arriesgar a perder un bicho guapo. 

As Regas de Moeche 
OM-1 + Panasonic 14-42 (a 28 mm) f:5,6   ISO:3200   V:1/125    F:5,6

  La niebla se fue disipando mientras hacía el transecto principal de As Regas a Penasalbas. El éxodo hacia África ha comenzado para muchos pajarillos insectívoros y se nota. Otros aparecen aquí precisamente porque están haciendo esa migración. Por ejemplo el mosquitero musical (Phylloscopus trochilus), cuyo reclamo bisílabo, o incluso su canto (parecido al pinzón vulgar) se puede escuchar por todas partes. Los bandos con decenas de estorninos negros jóvenes que se veían hace un mes casi han desaparecido en As Regas. Probablemente estén ya en sus cuarteles de "invernada", formando grandes bandadas en parques y arboledas urbanas. A cambio se ven grupos de jóvenes fringílidos como jilguero, pardillo o verderón. El incremento poblacional de jilguero ha sido muy notable. El abandono de esa práctica medieval que era el silvestrismo ha sido una buena noticia.

  Aún permanecen con nosotros las golondrinas comunes, que poseen dos importantes colonias en mi zona de muestreo, especialmente en una carpintería abandonada de Casalousada. Su dueño, un carpintero jubilado muy agradable con el hablo mucho, me dijo que las anduriñas marchaban en octubre. Ya he contado que no quiso tapiar los huecos y ventanas por los que entran las golondrinas, aunque le manchen con excrementos las máquinas y el taller. Me decía que le daban mucha pena y además "as anduriñas disque dan boa sorte". Desde luego en las aldeas gallegas hay bastante túzaro pero también mucha gente estupenda y encantadora.

Grupo de golondrinas comunes (Hirundo rustica)

  Hoy observaba un joven alcaudón en T3 (el territorio tres), pero es obvio que muchos han marchado ya, especialmente los adultos, que no veo desde hace tiempo. No me extraña, pues el alcaudón dorsirrojo tiene una ruta migratoria inusual en un paseriforme ibérico. En vez de cruzar a África por el camino más corto (Gibraltar) vuelan por Francia, Italia y los Balcanes para bajar a África Oriental desde Grecia. Pude fotografiar al juvenil de T3, con el cual nos despedimos hoy.

Alcaudón dorsirrojo (Lanius collurio) joven T3
OM-1 + Panasonic 100-300 f:5,6   ISO:320   V:1/400     F:6,3

sábado, 23 de agosto de 2025

23/08/2025 De paseo por Moeche con mis alcaudones

    Han comenzado las Fiestas Patronales en Ferrol y con ello vuelven tradiciones populares en mi barrio, como las peleas entre autóctonos, los machetazos de los de fuera y las reyertas de los etnianos, que tienen ocupadas a todas las patrullas policiales de la ciudad dejándonos a los ciudadanos normales sin su servicio. Esta semana vi un pequeño accidente de tráfico, con unos rascazos en la carrocería, que entre personas se soluciona firmando un parte amistoso. Pero uno de los vehículos implicados era de la etnia y como siempre ya estaba allí medio clan. Antes de verlos ya lo imaginé cuando vi un coche de la Policía Local y dos de la Nacional. Por un puto rascazo en el coche.

   Esta madrugada me despertaban unos gritos y el ruido de una pelea en la calle Venezuela. Desde la ventana de mi habitación no se puede ver esa calle pero escuché un ruido como si rompieran un escaparate o la luna de un coche. Más tarde, a las 6,40 h (mientras me dirigía al coche) una chica tuvo la imprudente ocurrencia de sacar dinero de un cajero automático. En ese momento apareció un joven negro y muy alto, que traía una borrachera importante o iba puesto de algo más, gritando como un poseso contra todo el que pasaba. Empezó a molestar a la chavala (estaría muerta de miedo) que le dijo que iba a llamar a la policía. Cuando escuché al tío pidiéndole dinero ya le grité desde el otro lado de la carretera e inmediatamente llamé yo a la policía. Primero a los locales, que comunicaban. Después a los nacionales, que no vinieron. Cuando miré la prensa del día lo entendí.

Suceso acontecido hoy a las 6,30 h (en el barrio de Caranza, no en el mío)

  En cuanto me vió, el fulano que molestaba a la joven me gritó algo en un idioma que no entendí pero escapó del lugar no sin antes molestar a un adolescente que venía por la acera. Al menos la chica pudo volver tranquila para su coche. En fin, historias de Ferrol...

  ENTRADA

   Luego de una madrugada tan accidentada escapé para Moeche a respirar aire puro y olvidar el ambiente tan enrarecido de mi barrio, que en apenas diez o quince años ha pasado de ser uno de los barrios más tranquilos a ser el guetto más peligroso de la ciudad.

 En As Regas de Moeche realicé uno de los transectos habituales para control de alcaudones. La mayoría han marchado pero en el territorio 1 permanecía el grupo familiar. Al menos los juveniles, pues todos los ejemplares que identifiqué lo eran. 

Alcaudón dorsirrojo (Lanius collurio) juvenil

   Incluso siendo juveniles los alcaudones dorsirrojos son pájaros sumamente tímidos. Tomarles fotos a media distancia sin hide no es fácil.

Alcaudón dorsirrojo (Lanius collurio) juvenil

Alcaudón dorsirrojo (Lanius collurio) juvenil

    Hoy pillé a uno algo más confiado y dejó que lo afotara más cerca de lo habitual. Pero llevaba el Pana 100-300 y la focal era muy justa, así que hubo que recortar mucho las imágenes.

Alcaudón dorsirrojo (Lanius collurio) juvenil
OM-1 + Panasonic 100-300  f:5,6   ISO:400   V:1/200    F:6,3

Alcaudón dorsirrojo (Lanius collurio) juvenil
OM-1 + Panasonic 100-300  f:5,6   ISO:400   V:1/200    F:6,3

Alcaudón dorsirrojo (Lanius collurio) juvenil
OM-1 + Panasonic 100-300  f:5,6   ISO:800   V:1/400    F:6,3

Alcaudón dorsirrojo (Lanius collurio) juvenil
OM-1 + Panasonic 100-300  f:5,6   ISO:800   V:1/400    F:5,6

  Terminamos con otro juvenil; en este caso de busardo ratonero. Estos días parecen haberse emancipado muchos jóvenes que ya campean por la zona, aunque alguno sigue llamando a sus progenitores para que lo alimenten (qué pena me dan su quejidos lastimosos...)

Busardo ratonero (Buteo buteo) juvenil
OM-1 + Panasonic 100-300  f:5,6   ISO:400   V:1/250    F:6,3

   Hoy segunda jornada de las fiestas patronales. Espero ansioso los sucesos de esta madrugada.

venres, 22 de agosto de 2025

Carregal de San Xurxo, proceso de colmatación acelerado nun humidal litoral e datos históricos sobre a súa biodiversidade

    No ano 2021 publicaba un post especial (preme) sobre o Carregal de San Xurxo (Ferrol), un humidal que tiven a sorte de coñecer cando aínda era iso, un humidal. Non a simple masa de Phragmites que é na actualidade, como reflicten estas imaxes "modernas".

Carregal de San Xurxo (Ferrol), novembro de 2011

Sector de inundación estacional, seco en outono 2011

Canaval monoespecífico (Phragmites australis)

Vexetación arbustiva (Salix atrocinerea) invadindo canaveira. Nov. 2011

Carregal de San Xurxo (Ferrol) en 2011

  Como xa comentei, a ortofoto do famoso vóo americán de 1956 é un clásico por ser case a primeira imaxe real do noso territorio. Sen embargo a calidade non é moi boa e hai zonas con pouca resolución, sobretodo áreas de sombra.

Imaxe do vóo americano (1956-1957)

 En troques, a ortofoto 1980-1986 posúe moita mellor definición, como é lóxico. Por iso a prefiro para certas cousas. Por exemplo para ver as láminas de augas libres que había naqueles anos. Por certo, xusto cando realicei as miña primeiras visitas ao Carregal, en maio e xullo de 1986. 

Ortofoto 1980-1986

  Coma outros moitos pequenos humidais costeiros, San Xurxo experimentou un proceso de colmatación que lle fixo perder augas libres e parte da flora que mantiña. Na ortofoto de 1994-1997 apenas fica unha lámina minúscula e case inapreciable no extremo norte. Tamén foi a época en que a repoboación con eucaliptos se fixo máis extensiva na costa galega.

Ortofoto costa 1994-1997

 Na ortofoto de 1999-2000, o Carregal é xa un simple canaval, sen augas libres. Porén, nesta imaxe obsérvase claramente a área de asolagamento estacional que había ao NE da canaveira.

Ortofoto 1999-2000

 Por último, na ortofoto de 2023, ese sector norte converteuse nun salgueiral húmido. Os montes de redor están xa completamente eucaliptizados.

PNOA 2023

   Imos analizar os tres sectores con algo máis de detalle, comezando polo sector NE, que era una zona que se inundaba no outono e secaba de verán. A cobertura vexetal estaba formada principalmente por xuncáceas, lirios marelos, herbáceas e salgueiros. Mas había acuáticas reprodutoras, como galiña de auga ou zurrasca. Tamén tivo grande importancia para odonatos.

Área con asolagamento estacional. Ortofoto 1999-2000

  Na actualidade o salgueiral ocupa case toda a extensión deste sector norte, coa conseguinte perda en canto a fauna asociada a estes hábitats de augas estancadas estacionais.

Mesmo lugar no PNOA 2023

      Agora imos co sector SW. Nas ortofotos máis antigas apréciase unha maior extension do canaval/xunqueira en dirección sur, mas esta de 1994-1997 resulta igualmente interesante pois tamén foi antes do proceso de invasión do salgueiral.

Ortofoto 1994-1997
  
  Na actualidade a parte meridional da canaveira de Phragmites está  desaparecendo ante o rápido avance dos Salix. Ademáis onde o salgueiro "tapa" a canaveira o Phragmites vai desaparecendo en favor de cárices (Carex spp), que sobreviven mellor nestas zonas de sombra e máis secas.

PNOA 2023

   E agora ollemos o sector central, o máis importante, e cuxa evolución determinou unha mudanza drástica na comunidade de aves, anfibios, insectos e flora.

 A primeira vez que vin o vóo americán quedei un pouco decepcionado, pois non apreciaba con claridade as dúas "lagoíñas" que eu coñecera nos anos oitenta.

Imaxe do vóo americano (1956-1957)

Pero na ortofoto costa 1980-1986 vense moi claramente esas láminas de auga, que eu resaltei en negro. Máis ao sur intúese tamén unha terceira lámina de augas libres, que se ve máis clara na foto orixinal, quizá pola presenza masiva de nenúfar (Nymphaea alba), pranta de grandes follas e flores flotantes que atopei nas miñas prospeccións do ano 86.

Augas libres no Carregal. Ortofoto 1980-1986

  Como dixen, coñecín O Carregal en 1986. Prestáranme unhas botas de goma altas e interneime no canaval, usando de referencia un pequeno muro asolagado que debeu limitar as fincas no pasado. Foi unha pequena imprudencia meterme eu so, pero ún non pensa moito cando ten quince anos. Avanzando entre as canas cheguei a un claro que mostraba un aspecto moi parecido a esta imaxe que tomei na lagoa de Traba en 2009.

Lagoa de Traba.  Outubro de 2009

  No cuaderno de campo anotei que había dúas lagoíñas, que calculaba así a ollo en 80x25m e 100x30m. A ortofoto non ten sistema de medición pero comparei co Sig-pac e non andaba eu moi mal encamiñado, sobretodo no tamaño da maior, porque era moi complicado calcular distancias alí metido, coa auga case á altura da cadeira (e escribir no cuaderno!).

Cuaderno de campo (1986)

  Agora imos ver algunhas das aves que había no Carregal naqueles lonxanos anos oitenta:
  • Lavanco real (Anas platyrhynchos). Até aquí todo normal
  • Cuco cincento (Cuculus canorus). Era reprodutor común en toda a comarca de Ferrol. Na actualidade está presente só nas  migracións
  • Galiña de auga común (Gallinula chloropus). Entón moi común. Era fácil de ver nos sectores de inundación estacional
  • Galo de auga (Fulica atra). En xullo de 1986 observaba un adulto con polos. Seguramente habería varias parellas reprodutoras pero era un terreo moi complicado de prospectar (non sei cantos pares chegou ver Souza, que tamén andou por aló)
  • Zurrasca eurasiática (Rallus aquaticus). Reprodutor abondoso. O día 07/02/2010 - xa con todo o litoral invadido polo xabalí - realicei unha mostraxe intensiva con estacións de escoita. Saíranme 16 exemplares detectados
  • Arceúcha das brañas (Gallinago gallinago). Invernante común nas zonas periféricas e de asolagamento estacional
  • Mergullete común (Tachybaptus ruficollis). Reprodutor. Estimei 3-4 parellas (02/07/1986), observando xuvenís e dous niños, ún deles con 3 ovos 
  • Gatafornela (Circus cyaneus). Até principios dos noventa foi invernante habitual nos sistemas dunares de Valdoviño, Cobas, Doniños ou San Xurxo, observándose tanto machos coma femias. No Carregal de San Xurxo vina dúas veces: un macho o 14/02/1987 e unha femia o 02/03/1991. Tampoco ía moito por alí pois daquela xa estaba moi centrado na Frouseira, que visitaba semanalmente
  • Folosa das canaveiras (Acrocephalus scirpaceus). Reprodutor común. Contei 8 machos cantores o día 08/05/2010
  • Folosa grande (Acrocephalus arundinaceus). Probable reprodutor. Se non estou errado Souza informárame da súa presenza estival
  • Folosa manchada (Locustella naevia). Reprodutor. Escoitara varios cantos no canaval naquela  xornada inesquecíbel do 02/07/1986
  • Escribidor das canaveiras (Emberiza schoeniclus). Teño só dúas observacións, os días 02/03/1991 e 19/11/2011. Penso que Paco Girón me confirmara que foi reprodutor
   Por suposto a riqueza en anfibios ou insectos había ser espectacular (naquelas primeiras visitas adiqueime sobre todo ás acuáticas). Sen embargo unha das especies máis importantes de cantas desapareceron en San Xurxo non foi un animal senón unha planta. Concretamente o nenúfar branco (Nymphaea alba), un taxón que está a desaparecer en moitos lugares de Europa e que na Galiza é xa moi raro, quitando tres ou catro localidades moi coñecidas, como a veciña lagoa de Doniños. Aproveito para enlazar á páxina da Sociedade Galega de Historia Natural. Neste enlace tedes información sobre os traballos de conservación que está a levar a cabo a SGHN relativos a esa espectacular planta acuática.

 Pois todo iso perdeuse para sempre. Sería posíbel restaurar O Carregal, pero non o vexo viable a curto prazo (pola dificultade e por falta de interese). Para quen di que foi un proceso de sucesión ecolóxica natural eu matizaría que, en parte, foi moi influido pola mán do home. O cese da actividade gandeira, a eucaliptización da bacía que nutre os regatos tributarios, os longos períodos de seca estival e aumento das temperaturas polo cambio climático algo terían que ver tamén, digo eu. Ou sexa, que sucesión ecolóxica natural si, pero na miña opinión foi acelerada de maneira artificial.

Lagoa de Traba. Outubro de 2009

  Probablemente hai cen ou douscentos anos o aspecto do Carregal de San Xurxo fose moi parecido á Traba actual. Collín unha das fotos de Traba e editeina un poco con I.A. (eliminando casas). Quizá nun futuro algunha administración se decida a restaurar humidais neste país tan pobre neles. O Carregal quedaría bastante semellante a esta última foto. Non estaría mal, verdade?

Carregal de San Xurxo despois dunha hipotética restauración

  Espero que vos gostase este post (deume moitas horas de traballo). E insisto aos máis novos: tomade fotos da paisaxe. Mirade qué rápido cambia todo.