Ontes voltabamos á ría de Ortigueira (A Coruña) para controlar especies que ficaran sen contar o outro día. A preamar fora moi viva e toda a limicolada estaba na enseada de Ladrido.
Poño as cifras do censado (algunhas cousas en Ladrido e outras na ría de Ortigueira sensu stricto):
- 134 Patos albelos (Anas acuta). Incremento importante respeito da última visita
- 162 Gabitas (Haematopus ostralegus)
- 29 Píllaras cincentas (Pluvialis squatarola)
- 10 Píllaras reais (Charadrius hiaticula)
- 162+ Fuselos de rabo pinto (Limosa lapponica). Contados desde o porto de Ortigueira, o seu número real supera os 200 ex con certeza
- 17+ Fuselos de rabo negro (Limosa limosa). Contados tamén desde o porto. Significa un descenso forte da sp, que últimamente andaba polo centenar de individuos. Quizá ese calor que están a ter por Holanda ou Alemaña teña que ver.
- 48 Pilros grosos (Calidris canutus)
- 220+ Pilros comúns (Calidris alpina)
- 1 Pilro tridáctilo (Calidris alba)
- 1 Pilro pequeno (Calidris minuta)
- 74 Cullereiros (Platalea leucorodia). E segue a subir....
- 6 Garzas brancas (Ardea alba)
Fóra do que son as acuáticas cómpre salientar a observación dun picanzo real (Lanius meridionalis) nos campos de Leixa, toda unha raridade neste recanto do NW.
Mas non todo van ser plumas. En dúas das paradas observamos lavacús estriados, porque a tempada de libeliñas aínda non rematou. Oportunidade para seguir desfrutando a impresionante calidade do Zuiko para fotografía de aproximación grazas á súa distancia mínima de enfoque.