Seguidores e seguidoras

xoves, 8 de xaneiro de 2026

Laguna de Valdoviño, visita rápida

 No me gusta ir a la laguna después de comer. La luz es bastante mala y muchas aves están ocultas en los carrizales o echando la siesta en el intermareal. Pero también tiene su encanto, por la tranquilidad que suele haber a esas horas. Y ayer me acerqué a ver cómo estaba la cosa.

Anátidas en el intermareal

  Como es habitual en los últimos tiempos hay un buen número de "patos de superficie", que se llamaban en las guías de campo clásicas, allá por el Pleistoceno. El número de cercetas comunes o cucharas es claramente superior al de hace 30-40 años. Pero A Frouseira sin porrones comunes no es mi Frouseira. Parece que le falte algo. Para compensar, otros porrones como el bastardo o el acollarado se han vuelto más comunes. Bueno, quizá es que simplemente tenemos mejores ópticas que antes y que hay mucha más gente dedicada en exclusiva a buscar esas cosas.

  El caso es que siguen por allí los dos acollarados, el bastardo, un moñudo y una cifra ridícula de sólo dos porrones comunes. Mismo número que de porrones de collar, mandagüebos

Menestra de porrrones (Aythya spp)

  El número de fochas se mantiene alrededor de 100-110 individuos, que hasta parecen muchos dada la actual precariedad de la especie en Galiza.

Fochas (Fulica atra)

    Un águila pescadora apareció ciclando sobre mi cabeza. Tuve que retorcer la espalda para poder fotografiarla, no sin dificultad. 

Águila pescadora (Pandion haliaetus)
Olympus OM-1 + Zuiko 300 mm  f:4   ISO:400    V:1/1000   F.5

    Realizó una captura y marchó a lugar seguro.

Águila pescadora con pez recién capturado
Olympus OM-1 + Zuiko 300 mm  f:4   ISO:400    V:1/640   F.5

    Mucho más difícil me resultó fotografiar alguno de los más de 50 aviones roqueros que se encontraban junto al lago. Eché de menos un objetivo zoom para recoger focal y tomar foto del grupo. El 300 fijo es lo que tiene; vale para lo que vale y para lo otro... pues no.

Avión roquero (Ptyonoprogne rupestris)

    Esta golondrina ha experimentado un crecimiento poblacional asombroso durante el siglo XXI.  Aunque su progresión se ha debido claramente a la construcción masiva de puentes o viaductos en autovías o autopistas. El caso es que ahora ocupa extensas áreas donde antes no existía, como las lagunas litorales gallegas. Un pájaro bonito de ver en invierno aunque ignoro qué demonios comerá una especie extrictamente insectívora y aérea como ésta durante estos días tan fríos.

martes, 6 de xaneiro de 2026

Terra Chá: gansos de testa branca (Anser albifrons)

  Finalmente non vin folerpas onte na Terra Chá (si deberon caer esta madrugada). A pesares do sensacionalismo dos medios foi unha mañá fría, sen máis: -1,5ºC de mínima e subindo rápidamente; nada que ver cos días de xeada forte que teño collido por aló.

  Por desgraza a perda de biodiversidade segue a ser galopante. Realicei dous transectos mixtos carro/a pé, primeiro na Espiñeira (Cospeito) e logo na Veiga de Pumar (Castro de Rei). Podedes ver as listaxes completas en eBird (Espiñeira e Veiga de Pumar).

Macizo do Xistral, cun pouco de neve e un moito de eólicos/eucaliptos
OM-1 + Zuiko 300 mm + MC1,4x  f:5,6   ISO:200   V:1/1250   F:7,1

   Especialmente chamativa é a case desaparición de avefrías (Vanellus vanellus). En invernos suaves sempre había grupos de deceas de exemplares coma mínimo, que eran centos en invernos normais, e millares en invernos fríos. Onte non vin ningunha (sei dalgunha cita doutros observadores).

  A píldora dourada (Pluvialis apricaria) non era tan abondosa como a avefría. Porén, eu diría que nos últimos anos vese con maior facilidade. Onte había 11 exemplares na Veiga.

Píldoras douradas europeas (Pluvialis apricaria)
OM-1 + Zuiko 300 mm + MC1,4x  f:5,6   ISO:400   V:1/1250   F:6,3

    Unha evolución inversa experimentou a garza branca grande. Do mesmo xeito que se fai normal ver a especie nas rías, segue a parecerme "exótico" atopalas en plena campiña luguesa.

Garza branca grande (Ardea alba) na Veiga de Pumar
OM-1 + Zuiko 300 mm + MC1,4x  f:5,6   ISO:200   V:1/1000   F:6,3

  O mais salientábel foi a observación dun grupo de 7 gansos de testa branca (Anser albifrons)  descansando moi tranquilos na Veiga de Pumar. Había tempo que non observaba este bonito ganso.

Gansos de testa branca (Anser albifrons)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4   ISO:200   V:1/320   F:5

Gansos de testa branca (Anser albifrons)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4   ISO:200   V:1/320   F:5

Gansos de testa branca (Anser albifrons)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4   ISO:200   V:1/250   F:5

    O día estaba  nuboso mas xusto neses momentos facía sol e a contraluz era moi intensa. Estivemos un bon rato observándonos mutuamente os gansos e mais eu, mentras agardaba a que unha nube xenerosa ocultara ese sol tan inoportuno.

Gansos de testa branca (Anser albifrons)
OM-1 + Zuiko 300 mm + MC1,4x   f:5,6   ISO:400   V:1/320   F:8

  Por fin, anubouse un momento e aproveitei para sacar unha toma mellor exposta.

Gansos de testa branca (Anser albifrons)
OM-1 + Zuiko 300 mm + MC1,4x   f:5,6   ISO:400   V:1/320   F:7,1

  Na Espiñeira sorprendeume a ausencia de frinxílidos, con moi poucos exemplares observados para o que adoita ser común nestas alturas; ainda que vin tres pimpíns do norte. Na Veiga de Pumar xa atopei un bando decente duns 500 individuos, entre verderolos, liñaceiros, xílgaros, pimpíns comúns e, cando menos, 4 pimpíns do norte.

Verderolos europeos (Chloris chloris)

Pimpín do norte (Fringilla montifringilla) no centro da imaxe

  Agora non me complico a vida cando vexo grupos de paxaros pousados nas árbores. Ademáis se saes do carro co telescopio para os identificar é bastante probábel que fuxan todos asustados. Prefiro quedar no veículo e disparar "a lo loco" coa cámara. Logo miro tranquilamente as fotos na casa para ver o que hai e contalos se procede. E así rematamos por hoxe.

luns, 5 de xaneiro de 2026

Garza branca grande (Ardea alba). Observacións sobre alimentación

     O pasado día 3 deixaba o armamento pesado no macuto e volvía a poñer o Panasonic 100-300 f:5,6. Sempre dixen que é unha ledicia manexar algo tan lixeiro e que ademáis  permite pequenas licencias compositivas ao dispór de focal variable.

Factoría de Navantia-Fene ao mencer. Autodisparo sobre saca de lentellas (1)
OM-1 + Panasonic 100-300 mm f5:6 (a 100 mm)   ISO:200   V:1/5 seg   F:8

 Quería tomarlle unhas fotos á garza branca grande e achegueime pola ribeira do Seixo durante a baixamar. Puiden documentar a invasión  masiva que padecemos xa en moitas rías galegas: a ostra rizada ou xaponesa, que medra alí onde haxa pedra ou rocha, mesmo na base dos peiraos.

Ostras xaponesas (Magallana gigas). Especie, invasora

  Atopeime con varias mariscadoras da Confraría e me dicían que están ben ricas. Tamén me confirmaron que a seguinte imaxe pertence a unha zamburiña, auténtica estrela gastronómica da ría de Ferrol. A diferenza da máis comercial volandeira, só ten unha "orella".

Cuncha de zamburiña (Clamys varia). Fam Pectinidae

  No sitio habitual estaba a garza branca. Trátase dun exemplar bastante manso, que permite achegarte moito, se vas a modo,.... como se estiveses a mariscar na ribeira.

Garza branca grande (Ardea alba)
OM-1 + Panasonic 100-300 mm f5:6    ISO:800   V:1/60 seg   F:5,6

   O Pana tamén estabiliza moi ben porque non pesa nada (eu desde logo podo disparar con velocidades máis lentas que co Zuiko 100-400 f:6,3). 

Garza branca grande (Ardea alba). Disparo a pulso
OM-1 + Panasonic 100-300 mm (a 200) f5:6   ISO:1600   V:1/50 seg   F:5,6

  Mentras a fotografaba fixo unha captura. Non é o meu campo mas ollando as imaxes apostaría por un lábrido (Labridae). Son peixes coloridos que viven entre as algas dos fondos rochosos.

Garza branca grande (Ardea alba) con peixe capturado
OM-1 + Panasonic 100-300  f5:6    ISO:1600   V:1/60 seg   F:5,6

Garza branca grande (Ardea alba) con peixe capturado
OM-1 + Panasonic 100-300  f5:6    ISO:1600   V:1/60 seg   F:5,6

   Habitualmente a garza branca grande fai capturas de moi pequeno tamaño. Como xa comentei, nada que ver coa garza real, á que normalmente se observa capturando muxes, anguías, sollas ou mesmo aves (teño unha observación de captura a un mergullón pequeno ou poliño de lavanco, que non puidera confirmar ben). Chamoume a atención vela coller un peixe dese tamaño, a verdade.

Garza branca grande (Ardea alba) con peixe capturado. ¿Fam Labridae?
OM-1 + Panasonic 100-300  f5:6    ISO:1600   V:1/80 seg   F:5,6

Tragando a pastilla...

 Despois continuou a pescar. Neses momentos estaba tan perto que mesmo puiden a baixar a focal a 200 (equivalentes a 400 mm), o cual favorece a calidade de imaxe. Tamén había mellor luz.

Garza branca grande (Ardea alba) con peixe capturado
OM-1 + Panasonic 100-300  a 200 mm) f5:6    ISO:800   V:1/100 seg   F:5,6

  E fixo unha captura das "normais": un alevín moi cativo. Sempre me vén á cabeza a familia Gobidae pero non o podo asegurar. Quizá apañen tamén camaróns, por algunha foto que teño vista.

Garza branca grande (Ardea alba) con captura de tamaño habitual
OM-1 + Panasonic 100-300  f5:6    ISO:400   V:1/100 seg   F:5,6

 Logo pasei por Maniños, onde estaba ún dos cullereiros invernantes.

Cullereiro común (Platalea leucorodia) xunto á rampa de Maniños (Fene)
OM-1 + Panasonic 100-300  f5:6    ISO:400   V:1/200 seg   F:6,3

Cullereiro común (Platalea leucorodia
OM-1 + Panasonic 100-300  f5:6    ISO:800   V:1/160 seg   F:6,3

 E logo de subir este post, que tiña pendente de publicar, imos facer unha pequena viaxe á provincia de Lugo, se a neve mo permite. Desde sempre, gosto moito de ir á Terra Chá cando veñen vagas de frío. Ademáis das aves invernantes que adoitan aparecer, se a paisaxe está un pouco nevada ofrece unhas tomas sumamente fotoxénicas. A ver se hai sorte. 

 (1) Encher unha pequena saca de tela con lentellas e pechala con velcro ou cosida resulta un apoio magnífico para tomas de exposición lenta se contamos con algo onde situar a bolsa (un muro ou un pasamaos). É un truco que me ensinou o mestre Álvaro F. Polo

xoves, 1 de xaneiro de 2026

Zampullines cuellinegros y garceta grande

  Si ayer contaba 14 zampullines cuellinegros en Maniños, esta mañana esa cifra subía a 25 ejemplares. Dos más que el invierno pasado, pero muy lejos de la media de años atrás.

Zampullines cuellinegros (Podiceps nigicollis)
OM-1 + Zuiko 300 mm + MC1,4x  f:5,6   ISO:800   V:1/400   F:6,3

   Por un momento vi un "sospechoso" de cuellirojo (Podiceps aurtitus), especie más escasa pero que suele aparecer cuando hay grupos grandes. Era simplemente un cuellinegro más pálido de lo habitual y por eso "cantaba" un poco ese pecho/mejillas completamente blancos. Ojo con ésto los ornitólogos más jóvenes.

Zampullín cuellinegro con aspecto de cuellirojo (4º por la derecha)

     Es curioso que dentro de sólo dos meses muchos de ellos estarán ya mudando a plumaje nupcial. En Ferrol se pueden ver nupciales casi completos entre finales de febrero y mediados de marzo (incluso paradas nupciales!).

Zampullines cuellinegros (Podiceps nigicollis)
OM-1 + Zuiko 300 mm + MC1,4x  f:5,6   ISO:800   V:1/400   F:6,3

Zampullines cuellinegros (Podiceps nigicollis)
OM-1 + Zuiko 300 mm + MC1,4x  f:5,6   ISO:800   V:1/400   F:7,1
 
Como decía hace un año no acabo de tomar las fotos que me gustan con estos equipos tan caros. Por ahora las mejores tomas de cuellinegros han sido todas con cámaras bridge, que se mueven como pez en el agua en las grandes distancias abiertas. Cierto es que antes había muchos más y también los tengo pillado más cerca. 


Zampullines cuellinegros y el "cuellirojo" (4º por la dcha.)

Zampullines cuellinegros (Podiceps nigicollis)
OM-1 + Zuiko 300 mm + MC1,4x  f:5,6   ISO:1600   V:1/500   F:7,1

Zampullines cuellinegros (Podiceps nigicollis)
OM-1 + Zuiko 300 mm + MC1,4x  f:5,6   ISO:1600   V:1/400   F:8

Zampullines cuellinegros (Podiceps nigicollis)
OM-1 + Zuiko 300 mm + MC1,4x  f:5,6   ISO:1600   V:1/400   F:9

Zampullines cuellinegros (Podiceps nigicollis)
OM-1 + Zuiko 300 mm + MC1,4x  f:5,6   ISO:1600   V:1/400   F:7,1

Zampullines cuellinegros (Podiceps nigicollis)
OM-1 + Zuiko 300 mm + MC1,4x  f:5,6   ISO:1600   V:1/320   F:8

       En O Seixo estaba la garceta grande de siempre (es un decir, supongo que no será la misma de hace veinte años). Dudo que haya otro lugar en Galiza donde esta especie se pueda observar y fotografiar con tanta comodidad y a tan corta distancia.

Garceta grande (Ardea alba)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4   ISO:400   V:1/100   F:5

Garceta grande (Ardea alba)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4   ISO:800   V:1/160   F:5

  Estuve haciendo pruebas con la temperatura de color y la estabilización. 

Garceta grande (Ardea alba)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4   ISO:800   V:1/100   F:5

Garceta grande (Ardea alba)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4   ISO:800   V:1/80   F:5

  Y nos despedimos con la acuática más elegante de cuantas visitan la ría de Ferrol.