Seguidores e seguidoras

sábado, 29 de agosto de 2026

29/08/2026 Visita de control ás Forcadas

 Nestas alturas o encoro das Forcadas adoita ser un bon lugar para a observación ornitolóxica. Este ano está cun nível hídrico mínimo (53%, penso que lin na prensa). Algunhas das enseadas están case completamente secas, como o Pereiro. Noutras hai moita superfice de terra, pedras ou lama. Por exemplo na cola de Vilaboa, que amosaba este aspecto hoxe pola mañá:

Encoro das Forcadas. Cola de Vilaboa

Encoro das Forcadas. Cola de Vilaboa

  Fixen paradas en Vilaboa, As Cortiñas e O Latoal, dos poucos sitios que aínda teñen un acceso cómodo e non necesitas unha fouciña. Isto foi o que observei:

  • 14 Lavancos reais (Anas platyrhynchos)
  • 6 Cercetas eurasiáticas (Anas crecca)
  • 2 Pílaras reais (Charadrius hiaticula)
  • 16 Biluricos das rochas (Actitis hypoleucos)
  • 3 Biluricos de ás negras (Tringa ochropus)
  • 3 Biluricos comúns (Tringa totanus) xuvenís
  • 7 Combatentes (Calidris pugnax)
  • 10 Mergulletes comúns (Tachybaptus ruficollis)
  • 22 Corvos mariños reais (Phalacrocorax carbo)
  • 1 Ibis mouro (Plegadis falcinellus)
  • 8 Garzas reais (Ardea cinerea)
  • 3 Cucos cincentos (Cuculus canorus), ún en cada parada. Non me afago a ver a especie coma presente únicamente nas pasaxes migratorias (hai moitos anos que non cría aquí)
  • 4 Lavandeiras amarelas británicas (Motacilla flava flavissima). Un bicho que mola moito e que xa vin noutra ocasións no encoro (en 2017 e 2025)

O grupo de combatentes ao completo (Calidris pugnax). Toma moi recurtada

   As fotos das aves son bastante malas pois a luz e a distancia eran horribles. Igual volto mañá a ver se collo algo máis perto.

Ibis mouro (Plegadis falcinellus)

Corvos mariños reais (Phalacrocorax carbo)

Encoro das Forcadas. O Latoal

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos