sábado, 6 de outubro de 2018

Combatente (P. pugnax) e outras novidades

   Onte achegueime de novo até o encoro das Forcadas, en Valdoviño. Desta volta estiven a prospectar a ribeira de Loiravella.


   Aquí as pradeiras submerxidas fican ao descoberto en canto baixan as augas conformando un hábitat frecuentado por varias especies escasas como o Mazarico rabinegro (Limosa limosa). Mesmo foi avistado hai anos o raro Bilurico patimarelo (Tringa melanoleuca)


   Onte as "pradeiras" de Loiravella estaban ocupadas por 1 Píllara dourada (Pluvialis apricaria), 1 Píllara real (Charadrius hiaticula), 7-8 Becacinas (Gallinago gallinago), 2 Biluricos das rochas (Actitis hypoleucos) e 1 Combatente (Philomachus pugnax), bastante raro de ver aquí aínda que seguramente é máis habitual do que pensamos. Pola contra non detectei nengún Bilurico alinegro (Tringa ochropus) por primeira vez desde hai dous meses.

Combatente (Philomachus pugnax)

   O malo desta zona tan aberta é que non podes achegarte moito ás aves porque está moi exposto. Pero con boa luz e unha cámara bridge tampouco fai falta.


 Becacina ou Narcexa común (Gallinago gallinago)
Canon SX60 focal 247 (equiv. 1365 mm)  ISO: 200  V: 1/400  F: 6,5

    Precisamente o pasado mércores observara unha Píllara dourada en migración activa sobre o asteleiro no que traballo.

Píllara dourada (Pluvialis apricaria)

 Píllara real (Charadrius hiaticula)

   Hai días que viña a observar a presenza dun Ibis sagrado no encoro, probablemente o exemplar do Val avistado en Xuño. Ao principio pensaba que sería un "fake" (bicho criado fuxido dunha colección). Logo de comprobar varias veces a súa timidez cara min considero que se trata dun individuo salvaxe nacido na poboación naturalizada da Bretaña.

 Ibis sagrado (Threskiornis aethiopicus)

Paisaxe das Forcadas

 E fin, que este tranquilo encoro segue a ofrecer momentos relaxados, lonxe dos mascotizados humidais litorais. Sempre nos quedará a lembranza do que foron antes da Peste.

4 comentarios:

  1. Me quedo con ganas de ver mas post de las Forcadas.
    José Ramón Castro Gomez.

    ResponderEliminar
  2. Lamentablemente has ver moitos máis. Digo "lamentablemente" porque iso significa que sigo sen poder ir á miña querida lagoa, polos motivos que coñeces.
    Por certo, vexo que por fin asinaches correctamente o comentario. Agora a ver se outros aprenden tamén, que non é tan difícil, caramba.

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos