xoves, 8 de xuño de 2023

Na busca da saramaganta rabilonga (Chioglossa lusitanica)

 Para aliviar o estrés e a depresión non hai mellor cousa que saír ao campo. Con esa fin visitei ontes o río Belelle ao seu paso polo Roxal, Neda (a terra natal de meu pai).


  Camiñei un cacho pola pista que vai á famosa fervenza do Belelle e logo baixei ao propio cauce. Por non andar cambiando os obxectivos saquei case todas as fotos de paisaxe co teléfono móbil.

Pista que leva á Fervenza
Samsung A52S  ISO:800   V:1/125    F:1,8

Río Belelle en Neda (A Coruña)
 Samsung A52S  ISO:400   V:1/125    F:1,8

                                             Samsung A52S ISO:200   V:1/125    F:1,8

OM-1 + Zuiko 100-400 (a 100 mm)  ISO:6400   V:1/100   F:5,6

  Tiña ganas de fotografar coa nova cámara a nosa xoia faunística: a píntega ou saramaganta rabilonga (Chioglossa lusitanica). Mais non é doado facelo sen flash, pois o seu hábitat mantén escuridade permanente. Ademáis resulta complicado camiñar entre as pedras cando levas equipa fotográfica.

Rápidos no río

Río Belelle

  Case resulta máis fácil atopala en pequenos regatos ou mananciais que nos cauces principais. Sen embargo, desta volta non dei con ningún exemplar adulto, só con dous metamórficos (recén metamorfoseados)

Manancial tributario, hábitat típico de Chioglossa

Xuvenil de saramaganta rabilonga (Chioglossa lusitanica)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm  ISO:6400   V:1/60   F:5,7

    Xa comentei que eu non uso flash, pero a OM-1 vai tan ben que podes facer fotos decentes con ISO elevadísimos. Teñen un pouco de trepidación porque disparei con velocidades moi lentas a pulso e non estaba cómodo no momento dos disparos.

Xuvenil de saramaganta rabilonga (Chioglossa lusitanica)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm  ISO:10.000   V:1/80   F:5,9

  Engado dúas imaxes dun adulto tomadas hai tempo coa Sony RX10 III.

Saramaganta rabilonga (Chioglossa lusitanica)
Sony RX10 III   ISO:800   V:1/100   F:4

Saramaganta rabilonga (Chioglossa lusitanica)
Sony RX10 III   ISO:640   V:1/100   F:4

   Ademáis da saramaganta, o río é o hábitat doutro anfibio: a rá patilonga. Por certo, que operarios do concello estaban a pasar a desbrozadora nos pradiños da ribeira, onde suben as ras moi frecuentemente. A saber cantas liquidaron.

Rá patilonga (Rana iberica)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm   ISO:1250   V:1/160    F:7,1

  Na herba que quedaba xunto á ribeira achei un exemplar de patilonga que amosaba un padrón de cor moi de parvipalmata. Tiven que collela para identificala con seguridade, aínda que os chimpos que daba xa indicaban que era unha iberica.

Rá patilonga (Rana iberica)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm   ISO:1250   V:1/100    F:6,3

     Neste individuo a pigmentación escura da gorxa era moi escasa e suave.

Rá patilonga (Rana iberica)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm   ISO:1250   V:1/80    F:6,3

Termino cunha foto da paxariños, unha planta en flor que adornada todo o percorrido. Lin que a primeira cámara reflex dixital só chegaba a ISO 1000.  A OM-1 é unha mostra da evolución que experimentou a tecnoloxía na fotografía dixital.

Paxariños (Linaria triornitophora) Fam. Plantaginaceae
OM-1 + Zuiko 100-400 mm    ISO:12.800   V:1/125    F:7,1

 Seguimos en pe.

2 comentarios:

  1. José Antonio de Souza8 de xuño de 2023, 19:00

    Bonita entrada, Xabi, en un marco difícil de superar: el río y fervenza del Belelle y su magnífico bosque ripario.
    Y, al hilo de tu post anterior, anímate, tío, que te pierde la pasión: vuelve por tus lugares tradicionales de campeo, o déjate caer por reductos diferentes de tus lugares tradicionales de campeo. No deberías renunciar a ello. Al fin y al cabo, ¿cuántas veces te has encontrado con bistecs con patas que te manden a tomar por culo en Casalousada? Ya te conté alguna vez que a mí, hace años en Baldaio, un cazador me amenazó directamente con pegarme un tiro, y me puso de chupa de dómine. Pero yo no dejé de ir a Baldaio y plantarme de nuevo cuando hubo necesidad y oportunidad. Pues vaya, estaríamos jodidos si renunciaramos a visitar los sitios que amamos por culpa de HDPs como estos. ¡Venga ya, tío, no te rajes! Anímate, coño...

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas, Jose. Igual o reconsidero logo. A verdade é que nestes momentos debo evitar calquer situación de estrés. Mándoche un correo ao privado e che conto.
      Un abrazo.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos