sábado, 22 de xullo de 2023

Aguia cobreira e máis cousas no Forgoselo (unha achega de José Rodríguez)

   NOTA: Esta entrada é unha colaboración de José Rodríguez Vázquez, veciño meu en Ferrol e afeizoado á Natureza (eu só editei un pouco as fotos e revisei o texto)

   Xa desde pequeno sempre gostei da Natureza. Cómo non, sendo un neno da aldea. No ano 1989 comecei a traballar como veterinario no rural e tras mais de 2 millóns de quilómetros percorridos polos camiños da "Galicia profunda" - como unha xuiza despectivamente a describiu - veño de observar unha progresiva recuperación de moitas especies de animais que eu non podía nin imaxinar cando andaba polas silveiras na procura de niños de aves (houbo anos de saber onde aniñaban mais de cen parellas de toda clase de aves, moito más abundantes daquela).

   Hoxe en día, aínda que diminuidas en número, aprecio que aparecen novas especies que de neno nin sequera podía imaxinar. Duas das especies que de pequeno nunca puiden ver son a cegoña negra e a cobreira europea. 

Cobreira europea (Circaetus gallicus)

Cobreira europea (Circaetus gallicus)

   A cobreira puiden vela por primeira vez na Serra do Forgoselo no ano 2003 e chamoume moito a atención a sua gran cabeza e unha envergadura que superaba ampliamente o tamaño dos buxatos que sempre vira de neno. Dende entón vense pasar regularmente entre os meses de Abril e Maio e de volta dende mediados de Agosto a primeiros de Setembro. Este ano cheguei a observar na primavera tres exemplares ó mesmo tempo nas proximidades do parque eólico. E ún deles aínda segue aqui; vese sair axotada ao paso do meu coche por cerca dos pousadoiros donde acostuma a estar vixiando calquer movemento entre as toxeiras que descubra a súa comida favorita. Vin hai pouco nun documental que unha parella en tempo de cría necesita perto de trescentas cóbregas para sacar adiante aos seus polos.

Cobreira europea (Circaetus gallicus) José Rodríguez
Nikon P1000 focal 1700 mm  ISO:180   V:1/100   F:6,3

   En canto a cegoña negra, foi hai catro anos cando por primeira vez a vin aqui na serra. Deuna fotografado primeiro un amigo que ía conmigo nunha poza na procura de rás. No ano posterior vina sobrevoar a zona de Goente na primavera tamén.

Cegoña negra (Ciconia nigra) Foto: José Rodríguez Vázquez
Nikon P1000 focal 2400 mm  ISO:180   V:1/125   F:7,1

Cegoña negra en voo

   O ano pasado e mais éste puiden fotografala de novo. Este ano incluso en duas ocasións, o 14 de xuño e dous días máis tarde de novo no mesmo lugar, na zona de illós da entrada ao curro principal do Forgoselo. Apareceu voando mentras estaba a ollar o niño dos miñatos queimados que todos os anos crían nos Pinus radiata daquela zona. Chegou sobre as doce da mañá nun día ventoso e pouco nubrado e apousou nalgunha desas turbeiras para alimentarse. Supoño que será unha zona de descanso e donde repoñerse na sua viaxe cara outras terras.


Cegoña negra (Ciconia nigra) Foto: José Rodríguez Vázquez
Nikon P1000 focal 2400 mm  ISO:220   V:1/125   F:7,1

Cegoña negra voando

   A ver que novas especies se van asomando por estas zonas frescas, que será un bo lugar para ir acollendo a os refuxiados climáticos de zonas meridionales que coas alteracións aceleradas do clima, farán que nos visiten mais polo miudo.

Bufo das xunqueiras (Asio flammeus) Imaxe moi recurtada
Nikon P1000 focal 1600 mm   ISO:1600   V:1/100   F:6,3

Texto e fotos: José Rodríguez Vázquez

4 comentarios:

  1. Parabéns polas observación e polas fotos tan chulas, José. Agora que estou de vacacións habemos de dar unha volta para que coñezas mellor esa cámara.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. José Rodríguez Vázquez23 de xullo de 2023, 09:20

      Moitas grazas Xabier polos teus consellos. Estamos tan preto, e polos nosos compromisos familiares e de traballo, apenas podemos coincidir nas saídas ao campo.

      Eliminar
  2. Hola, José y Xabi: estupendas observaciones, en espera de muchas otras que, sin duda, estarán por venir. Muy interesante que este blog acoja colaboraciones ajenas tan interesante. Enhorabuena a los dos.

    ResponderEliminar
  3. José Rodríguez Vázquez23 de xullo de 2023, 09:12

    Moitas grazas polo seu comentario, espero que nos visiten cada vez máis especies, e que mesmo se animen a establecerse nos nosos montes. Un saúdo.

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos