NOTA: Esta entrada é unha colaboración de José Rodríguez Vázquez, veciño meu en Ferrol e afeizoado á Natureza (eu só editei un pouco as fotos e revisei o texto)
Xa desde pequeno sempre gostei da Natureza. Cómo non, sendo un neno da aldea. No ano 1989 comecei a traballar como veterinario no rural e tras mais de 2 millóns de quilómetros percorridos polos camiños da "Galicia profunda" - como unha xuiza despectivamente a describiu - veño de observar unha progresiva recuperación de moitas especies de animais que eu non podía nin imaxinar cando andaba polas silveiras na procura de niños de aves (houbo anos de saber onde aniñaban mais de cen parellas de toda clase de aves, moito más abundantes daquela).
Hoxe en día, aínda que diminuidas en número, aprecio que aparecen novas especies que de neno nin sequera podía imaxinar. Duas das especies que de pequeno nunca puiden ver son a cegoña negra e a cobreira europea.
A cobreira puiden vela por primeira vez na Serra do Forgoselo no ano 2003 e chamoume moito a atención a sua gran cabeza e unha envergadura que superaba ampliamente o tamaño dos buxatos que sempre vira de neno. Dende entón vense pasar regularmente entre os meses de Abril e Maio e de volta dende mediados de Agosto a primeiros de Setembro. Este ano cheguei a observar na primavera tres exemplares ó mesmo tempo nas proximidades do parque eólico. E ún deles aínda segue aqui; vese sair axotada ao paso do meu coche por cerca dos pousadoiros donde acostuma a estar vixiando calquer movemento entre as toxeiras que descubra a súa comida favorita. Vin hai pouco nun documental que unha parella en tempo de cría necesita perto de trescentas cóbregas para sacar adiante aos seus polos.
Parabéns polas observación e polas fotos tan chulas, José. Agora que estou de vacacións habemos de dar unha volta para que coñezas mellor esa cámara.
ResponderEliminarMoitas grazas Xabier polos teus consellos. Estamos tan preto, e polos nosos compromisos familiares e de traballo, apenas podemos coincidir nas saídas ao campo.
EliminarHola, José y Xabi: estupendas observaciones, en espera de muchas otras que, sin duda, estarán por venir. Muy interesante que este blog acoja colaboraciones ajenas tan interesante. Enhorabuena a los dos.
ResponderEliminarMoitas grazas polo seu comentario, espero que nos visiten cada vez máis especies, e que mesmo se animen a establecerse nos nosos montes. Un saúdo.
ResponderEliminar