Seguidores e seguidoras

sábado, 5 de marzo de 2016

Lontra (Lutra lutra), a serie que estaba esperando. Actualizada con máis fotos.

NOTA: Éste é un post eminentemente fotográfico. Pídovos por favor que pinchedes nas fotos e co botón dereito abrades "abrir imaxe", se pode ser co visor de imaxes de Windows. As fotos subidas non teñen máis de 800-1000 píxeis de ancho, pero aínda así son moito mellores do que permite blogger na páxina principal (ignoro o motivo).

   Mentiría se non recoñecese que me daba un pouco de envexa cando vías as fotos de Lontra que conseguían algúns colegas. A pesares de que levo trinta anos estudando a lagoa de Valdoviño e outras localidades onde este mustélido é común apenas tiña unha soa imaxe decente, aínda que si acumulaba centos de observacións da especie, algunhas delas extraordinarias. E, sinceramente, penso que merecía unha xornada como a de hoxe.


   Unha xornada que comezaba coma unha visita de control para ver o estado das aves na lagoa, o cal vos contarei noutro momento.


  Porque hoxe a protagonista absoluta foi unha Lontra (Lutra lutra) moi confiada, que se alimentaba moi perto da pista, mentras os paseantes a contemplaban entre curiosos e asombrados.


    Agora é un animal que se deixa ver cunha facilidade pouco común para tratarse dun mamífero carnívoro. Quizá pola proibición da súa caza, quizá polo aumento poboacional dos últimos anos ou, probablemente, por ambos factores. Pero cada ano vólvese máis habitual a observación a a plena luz do día. Tanto nas rías como nas lagoas, estase a converter, por méritos propios, no grande atractivo natural destes espazos. Desde logo sigo sen entender que se valorice máis a presenza de raridades tais como unha gaivota americana xuvenil que acabou perdida nun verquedorio de lixo urbán debido a un temporal (fenómeno que provoca "migracións" de ornitólogos para vela). En fin...


    Seguramente as Lontras da Frouxeira mereceran converterse en obxecto para o turismo naturalista, pois dubido moito que haxa outro lugar, xa non en España, senón en Europa, onde sexa tan doado ver Lontras activas a curta distancia e durante as horas do día. Sen embargo, e coñecendo o nivel de tuzarismo do persoal que reside neste canto NW peninsular, nen se me ocorre propoñer nada disto. Case que canto menos se fale mellor.


  Como digo, foi unha mañá que levaba esperando anos. Por fin podía afotar unha lontra nunha posición cercana e en condicións de luz aceptábeis.


 Numerosos paseantes que circulaban polo paseio nese momento ficaban alí, mirando con curiosidade. Os máis valentes acercábanse a preguntar "Qué era aquel bicho tan bonito" (estes urbanitas acaban conmigo).


   Ela non paraba quieta. Agora remexía nas pedras do fundo, agora saía a terra a chusmar, ou logo aparecía cunha pequena Anguía (Anguilla anguilla) na boca, a súa presa favorita nesta lagoa - na ría de Ortigueira escolle sobre todo peixes como Muxes e Sollas-.




  Recentemente un pescador dicíame que agora hai moitas menos anguías na lagoa. Eu, acordándome dos Corvos mariños e das Lontras, pensei seriamente en espetarlle: "- Pois te jodes, macho, primeiro son eles" pero cambiei de conversación.


  Perdina de vista nun lugar sorprendente que, deduzo, é a súa madrigueira. Nese momento parou unha muller que tivo a mesma apreciación ca min e me preguntou se se metera en..... Por precaución desviei a súa atención comentando que non, que a Lontra saira nadando noutra dirección (nunca se sabe, con galegos polo medio).





     É moi curioso como cambia o aspecto da Lontra se ten o pelo mollado ou máis seco.


    Recén saída do mergullo e antes de se sacudir, con ese pelo tan liso, semella unha Foca, verdade?


  Por certo, que este exemplar non monstraba a manchiña no fociño que tiña aqueloutro que afotara tempo atrás. Pode ser un bicho diferente ou ben o mesmo mas coa ferida cicatrizada. A ver se averiguamos algo.



Aquí co "pelo pincho", como digo eu.

Lontra/Londra (Lutra lutra)
Todas as fotos tiradas con cámara bridge Canon SX60

Foi realmente unha mañá preciosa, como vedes.

10 comentarios:

  1. Xenial Xabi! Non teño palabras. Encántame.

    Apertas

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Sabía que che había gostar, hehe. De feito pensei en adicarche este post pero no o fixen porque tampouco quero que as lectoras ou lectores a quen dedico se sintan obrigados a comentar.
      Un biquiño.
      PD: Coma sempre, o teu comentario apareceu dúas veces, probablemente por facelo desde o móbil (xa eliminei ún deles).

      Eliminar
  2. No digo nada porque me has dejado sin palabras. Cada dia mejor que ayer pero menos que mañana para solaz y aprendizaje del personal. Enhorabuena un abrazo de José

    ResponderEliminar
  3. Respuestas
    1. Grazas Fer. A verdade é que cando está o bicho tan cerca é complicado de carallo cunha bridge gorda. Por unha banda teñen tanta focal que tes que ir moi suaviño co zoom ou non serás capaz de encuadrar, e custa bastante enfocar (sobre todo se é un bicho inquieto como unha Lontra). E por outra banda o tempo de enfoque, moito máis lento que nas reflex, nótase moito máis nas distancias curtas polo que resulta moi difícil pillala nadando xa que cando das enfocado xa mergullou outra vez.
      Lóxicamente os resultados son moi bós cando estás tan cerca (se consegues dar enfocado), pero como mellor se traballa cunha bridge gorda é se hai un pouco de distancia polo medio (10-20 m).

      Eliminar
  4. Como dice un amigo meu cando quere chufar moito unha foto: De National Geographic! Neste caso, toda a serie. Noraboa! Unha aperta

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Carallo, si que che gostaron, jeje... Algo se me vai pegando de estar contigo.
      PD: A pena foi o tránsito de peóns e os putos cans. Acábame de contar Fernando Pereiras que esta mesma mañá, mentras afotaba, veu como ún dos cans que pasean habitualmente por alí botouse directamente á lontra e case a pilla. Chamoulle a atención ao gilipollas do dono pero como se escoita chover. PUTOS MASCOTEIROS DE MERDA!!! Non virá un virus que os liquide...

      Eliminar
  5. Unha pasada de fotos !.
    Bueno, todo o blogo.

    ResponderEliminar