Seguidores e seguidoras

venres, 11 de agosto de 2017

Forcadas, 11/08/2017, tempo de biluricos

   A entrada de aves migratorias procedentes do Norte de Europa comeza notarse e os humidais naturais ou artificias convértense arestora nos mellores pontos de observación ornitolóxica. Nestas alturas o encoro das Forcadas é ún dos meus lugares favoritos.


  Hoxe prospectei unha rota nova na cola do pantano.

 Encoro das Forcadas, Valdoviño

  Os excrementos dos grandes predadores como a Lontra ou o Porco bravo están cheos de cascas e restos de Caranguexo vermello (Procambarus clarkii), que xa é a presa máis habitual para a maioría dos poboadores do encoro, incluidas as aves acuáticas.  

Excrementos de Lontra (Lutra lutra) completamente vermellos pola presenza de restos de P. clarkii

  Desde hai varias semanas resulta doado observar Biluricos das rochas (Actitis hypoleucos) e  alinegros (Tringa ochropus), especie que este ano invernou aquí por primeira vez. Hoxe contei 3 Biluricos das rochas e 4-5 alinegros.

 Bilurico alinegro (Tringa ochropus)

  En Agosto adoitan chegar tamén as primeiras Becacinas (Gallinago gallinago)


    A distancia era moita e metín un pouco de zoom dixital, algo do que sempre me arrepinto.


 Becacinas comúns ou Narcexas (Gallinago gallinago)

  Non faltaron os Miñatos abelleiros (Pernis apivorus), probables reprodutores no lugar e que se ven estes días moi ben, nin un Picapeixe (Alcedo atthis) que pasou voando coma unha frecha azul.

  A mañá fresca (12 º C e algo de nubes e vento) non era o mellor pero algunha libeliña atopei, aínda que son especies que xa están citadas na cuadrícula como o Gaiteiriño verdescente, que conta en Galiza con unha subespecie bastante diferente ao padrón nominal, sobre todo no referente aos pteroestigmas, que son brancos na súa metade.

 Gaiteiriño verdescente (Lestes virens) macho

Lavacú sanguiño (Sympetrum sanguineum)

  E isto foi ao que me deu tempo noutra visita exprés.

4 comentarios:

  1. Eu ainda non vin,a flecha azul, espero vela moi pronto ,un.saludo, e non pots

    ResponderEliminar
  2. Pois para seres unha visita exprés, aínda viches bastante.
    Apertas,

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Coñecendo ben o sitio e a fenoloxía das aves é más doado sacar partido a unha visita breve, Inés.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos