Seguidores e seguidoras

sábado, 20 de agosto de 2016

Lagoa da Frouxeira, 20-Agosto

  Hoxe tocou nova visita de control á lagoa. Por desgraza había marés vivas e nestas circunstancias isto funciona coma unha ría, así que cómpre saber cuais son os repousadoiros de preamar, igual que cando vamos a Ortigueira ou Ribadeo. Cando cheguei estaba baixando mas aínda non había intermareal apenas.

 Área da canle e do areal, parcialmente coberto pola auga 

  Os dous Patos brancos xóvenes seguen por aló.

 Pato branco (Tadorna tadorna) xuvenil

  Por agora as cifras de limícolas son moi cativas, aínda que xa se puideron observar unhas cantas especies, que tamén observaron Dani Monteagudo, Carla Soaje, outra rapaza que non lembro o nome e José Luis Lorenzo ("Colón") que se achegaron ata aquí:

-18 Píllaras reais (Charadrius hiaticula)
- 61 Pilros comúns (Calidris alpina)
- 1 Pilro groso (Calidris canutus)
- 2 Mazaricos chiadores (Numenius phaeopus)
- 3 Mazaricos rabinegros (Limosa limosa)
- 8 Biluricos comúns (Tringa totanus)
- 1 Bilurico alinegro (Tringa ochropus)
- 1 Bilurico bastardo (Tringa glareola)
- 2 Biluricos das rochas (Actitis hypoleucos)
- 2 Combatentes (Philomachus pugnax)
- 1 Virapedras (Arenaria interpres)

 Limícolas pequenas típicas

  Nesta ocasión as fotos son testemuñais (as aves estaban todas a 150-200 m)

Mazarico chiador (Numenius phaeopus)

 Pilro groso (Calidris canutus, esda.) e Bilurico común (Tringa totanus, dta.)

 Combatente (Philomachus pugnax)

  Un Azor xoven pousou no sistema dunar, causando o pánico entre as limícolas e fastidiando unhas fotos estupendas de Combatente a un servidor (cousas que pasan).

Azor (Accipiter gentilis) xuvenil

  Seguiremos informando.

2 comentarios:

  1. Hola! Parece que la cosa se anima, a ver esta semana como sigue. También había un C.ferruginea y tres C.minuta que desaparecieron muy rápido.
    Saludos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Como terás visto xa apareceron dous minuta ao día seguinte. Nestas datas cómpre estar atentos pois cada día é diferente e ofrece novas sorpresas.
      Saúdos.

      Eliminar