Seguidores e seguidoras

viernes, 30 de septiembre de 2016

Un Pilro ferruxento (Calidris ferruginea) para a esperanza

    Unha das vantaxes das cámaras bridge é que non pesan. Se tivese unha reflex con un 400 e duplicador probablemente podería facer fotos como as que fago habitualmente pero hoxe non podería tirar nin a primeira, pois a lesión que teño no ombro non me permitiría cargar ese peso. E como tampouco podo conducir moito pois esta mañá adiqueime a pasear pola ribeira de Fene a osixenarme logo de varios días pechado na casa.

  Como vos contei antes toda a ribeira Sur da ría xa ten operativa a rede de saneamento, e comeza notarse. Dicíame Pedro Cruzado que a Leituga de mar comeza retroceder nalgunhas zonas mentras está a reaparecer a Zostera, alga que gosta moito a eses Gansos carinegros (Branta bernicla) que se están a ver estes días pola costa atlántica e cantábrica.

 Ría de Ferrol desde San Valentín (Fene), co antigo emisario en primeiro plano
CanonSX60 (Focal 8 mm)  ISO 100   V:  1/15   F: 8

  Alí mesmo, onde desaugaba o vello emisario coas augas residuais de todo San Valentín, estaba hoxe unha limícola tan "glamourosa" como o Pilro ferruxento (Calidris ferruginea)


   A escuridade habitual nas mañás ferrolás non permitía moitas alegrías fotográficas. Todas as fotos do ferruxento foron tomadas con sensibilidades moi altas (ISO 640-800) para esa distancia de 15-20 m. e con unhas velocidades moi lentas para capturar unha pequena limícola en movimento (1/160-1/200). Pero valen perfeitamente para publicar, aínda que o pilro tampouco colaborou demasiado.



 Pilro ferruxento (Calidris ferruginea)

  Sabedes que gosto de facer probas para ver os límites da cámara (e meus!). A este Pilro común decidín retratalo con un ISO máis contido pero a costa de baixar a velocidade a 1/50 de segundo, apoiando simplesmente a cámara sobre un muro de cemento. Pensade eses 247 mm de focal equivalen a 1365 mm reales! Para que vexades o ben que funciona o estabilizador de imaxe.

Pilro común (Calidris alpina)
Canon SX60(focal 247 mm)   ISO 200    V: 1/50   F:  6,5

  Así pois, o pilro ferruxento de hoxe representa a esperanza dunha ría máis limpa e con máis vida. En canto comece a depuración da ribeira Norte da ría (a máis urbanizada) veremos até que ponto supón unha mellora da súa biodiversidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario