Seguidores e seguidoras

miércoles, 12 de octubre de 2016

Censo parcial Ría de Ortigueira, 12 - Outubro

  Esta mañá de néboas achegeueime até a ría de Ortigueira para facer un censo de control (non completo). Sigo con problemas físicos así que non levei telescopio pero cos binóculos e unha boa cámara bridge pódense facer marabillas.


  O máis destacado de hoxe foi:
- 2 Garzas boieiras (Bubulcus ibis) na ría central e outras 2 nos prados de San Claudio.
- 2 Garzas brancas (Egretta alba)
- Uns 12 Cullereiros (Platalea leucorodia)
- 650-700 Asubiadores (Anas penelope). Unha cifra altísima para estas alturas de primeiros de Outubro, cando o normal sería que houbese unhas cantas ducias ou algo máis dun cento de exemplares. Atentos todos con este pato.
- 56 Rabilongos (Anas acuta).
- 5+  Patos culler (Anas clypeata). Non parei con eles
- 2 Cercetas reais (Anas crecca). Esta cifra sorprende polo baixa!
- 1 Pentumeiro común (Melanitta nigra) no porto de Cariño.
- 1 Águia pescadora (Pandion haliaetus). Posiblemente dúas.

 Garzas boieiras (Bubulcus ibis) no intermareal de Ortigueira

 Asubiadores comúns (Anas penelope)

 Pato rabilongo (Anas acuta) macho en muda

 Patos rabilongos (Anas acuta) femias e macho en eclipse

  Imos coas limícolas:
- Arredor de 200 Gabitas (Haematopus ostralegus) a ojímetro 
- 3 Avefrías (Vanelus vanellus) en Ladrido (2) e Cuíña (1)
- 15-20 Píllaras cincentas (Pluvialis squatarola)
- Moitos Mazaricos reais (Numenius arquata, os típicos 500-600, imaxino)
- Mazaricos chiadores (Numenius phaeopus, ++)
- 2 Mazaricos rabinegros (Limosa limosa)
- 120+ Mazaricos rubios (Limosa lapponica). Aínda están en paso, veremo cántos fican a invernar
- 65 Biluricos comúns (Tringa totanus)
- 100 + Biluricos claros (Tringa nebularia)
- 100+ Pilros comúns (Calidris alpina)
- 10-20 Pilros grosos (Calidris canutus) polo menos


  A medida que vai subindo a marea as limis xúntanse sempre nun intermareal concreto, onde se apelotoan por falta de espazo.


E logo vén o espectáculo da "subida"...


  ... para se pousaren depois no repousadorio do Cavalar.

 Bando principal de Mazaricos reais (Numenius arquata)

 Concentración de Mazaricos rubios (Limosa lapponica)

  Antes de marchar deume tempo a ir ata Cariño, ún dos mellores lugares para ver aves mariñas da Península. Alí atopei un xoven de "Chíscala" ou "Coca", como se coñece a especie na comarca de Ferrol-Ortegal (dependendo da zona concreta). Dado que se trata dunha especie moi sedentaria que fai desprazamentos curtos probablemente sexa un xuvenil nacido nunha colonia próxima.

 Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis) xoven

  Poucos lugares coñezo onde sexa tan doado atopar todas as especies de gaivotas atlánticas.


Gaivotón (Larus marinus)

  Comeza o inverno ornitolóxico, por se quedaban dúbidas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario