Seguidores e seguidoras

miércoles, 21 de junio de 2017

Encoro das Forcadas a rebentar de vida

 Nestas alturas a Natureza móstrase na súa máxima expresión aló por onde vaiamos. As plantas están a florecer, as aves a nidificar, os anfibios, répteis ou invertebrados no seu  período de máxima actividade. José Ramón Castro, colega ferrolán que está a iniciarse na fotografía de Natureza, puido comprobalo esta mañá na visita que realizamos ao encoro das Forcadas.

 Mergullóns cristados (Podiceps cristatus)

  A primeira hora leveino a ver os mergullóns cristados, dos que temos varias parellas reprodutoras aquí. Atopamos un niño novo nun lugar bastante frecuentado polos pescadores deportivos nos seus percorridos habituais (o ano pasado un deles xa me comentara o achádego de varios niños por alí). A ver se non lle interrompen a incubación...

 Niño de Mergullón cristado con adulto (entre as espadanas, á esquerda)

  José Ramón quería ver Rás estrozas e cansou de velas, sobre todo metamórficos, coma este artista que saíu da auga sen ter rematada completamente a metamorfose:

 Rá estroza (Hyla molleri) metamórfico aínda con parte da cola

  Camiñando pola ribeira a cantidade de ortópteros, raniñas e libélulas adultas que aparecían a cada paso deleitaron ao meu acompañante. Especialmente a cantidade de saltóns e pallas era absolutamente abraiante esta mañá.  Por suposto había moitas libeliñas, favorecidas por estes días de intenso calor que tivemos: 33 º C en Ferrol ontes! (serían bastantes menos en Valdoviño).

 Libélula maculada (Libellula quadrimaculata)

 Entre outras especies anotei as primeiros gaiteiriños forestais da temporada, moi comúns nas ribeiras con cobertura arbórea ou de mato de Abeleira.

 Gaiteiriño forestal (Lestes viridis)

 Libélula de cú negro (Orthetrum cancellatum)

  Desta volta a maioría estaban xa coas cores normais (quitando os sympetrum, aínda tenerais case todos eles). E resulta espectacular o Lavacú escarlata, quizá a libélula máis inconfundíbel do encoro.

Lavacú escarlata (Crocothemis eythraea) en postura característica

 Lavacú escarlata (Croccothemis erythraea)
Sony RX10 (focal 220 mm)  ISO: 64   V:1/500   F: 4

    Unha estupenda xornada desfrutando dun espazo natural modesto pero moi tranquilo, alonxado da problemática dos humidais costeiros, e que os lectores e lectoras de Bichos xa coñecedes. Desde logo José Ramón voltou cun sorriso de orella a orella, máis contento que un neno cunha piruleta.

4 comentarios:

  1. O día de hoxe como le digo yo que es una institución andante ,he lo bien que pase la mañana ,aún que se le olvidó la cámara y no pudo fotografíar un arrendajo a pocos metros nuestras y no le gustó y mi decepción por no poderlo fotografíar he pasado la mejor jornada de campo con un maestro en este mundo un saludo y haber cuando hay otra salida que me emocioné mucho y quiero repetir un saludo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si que te vin emocionado... Haberá que repetir, logo.
      Apertas

      Eliminar
  2. Maestro eres mi mentor un gran saludo y que venga otra salida que tus conocimientos no se pueden perder

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas grazas pero non é para tanto. Probablemente acabes coñecendo a xente que sabe de verdade. Xa che dixen que eu simplemente son un bon "transmisor" de información. Nada máis.

      Eliminar