Seguidores e seguidoras

sábado, 28 de maio de 2016

Mais cousas da Folosa manchada (Locustella naevia) e unhas cantas filosofadas

   "Este ano non nace nada" dicían varios paisanos do rural estes días. A causa está no retraso que tivo este ano o período máis chuvioso na zona de Ferrol e que mantén a terra encharcada.
  Normalmente as precipitacións concéntranse sobre todo entre Novembro e Xaneiro, os tres meses nos que se superan habitualmente os 100 mm/mes, para logo ir diminuíndo progresivamente até chegar a eses 30-50 mm que temos de media en Xullo e Agosto; porén este pasado inverno desfrutamos dun tempo excepcionalmente seco e cálido até o Nadal; pero desde Xaneiro a auga non para de caer. Mirade os dados recollidos na estación de Ferrol (para Maio fixen unha proxección co recollido hoxe e o prognóstico para mañá)


     Polo visto estas adversas circunstancias meteorolóxicas xa está a afectar na reprodución dalgunhas especies, como o Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis). A ver cómo inflúe na sedimentación das Folosas manchadas, que este ano non amosaron indicios de cría aínda.


   Poño o mapa do Atlas de Vertebrados que coordenou a SGHN e publicado en 1995 coas citas recollidas de Folosa manchada. Esa da zona de Santiago quizá fose un exemplar en paso (ignoro de quén foi); o resto penso que indican bastante ben o reducido da súa área de reprodución e o difícil da súa detección (non están incluídas as miñas citas dos anos oitenta porque xa finalizara o prazo para recollida de citas).

Citas publicadas no "Atlas de vertebrados de Galicia" (S.G.H.N. 1995)

 No Atlas de Aves da SEO publicado en 2003 aparecen dúas cuadrículas máis na Mariña lucense - creo que de José Miguel Alonso - e dúas no interior: Terra Chá e Baixa Limia. E, se non estou errado, non hai máis información. Para que vexades cómo está o patio!


    Cando publico estas cousas é precisamente para que a xente se anime a buscar, a participar no traballo de campo. Que se algúns temos que facelo en comarcas horribles cheas de eucalipto como a zona de Ferrol digo eu que non costará tanto prospectar outras comarcas mellor conservadas. Pero ao final o único que fan moitos paxareiros galegos é camiñar sobre as pegadas que outros vamos deixando sen aportar nada (falando de pegadas, a parcela das miñas folosas estaba toda chea de pisadas e rastros de hides dos fotógrafos que virían do quinto pino, como pasa sempre). Qué diferencia co espíritu aventureiro que tíñamos antes... Non había tantos medios, nin tanta información, pero todos buscábamos aportar algo, cada ún dentro das súas posibilidades. Agora todo se resume en "hai tal bicho en tal sitio, vamos allá". Por iso o personal non colabora nos diferentes Atlas e por iso o foro de Galiciaves acabou morrendo de morte natural (é unha opinión).

 Hábitat característico

  Que conste que sei que hai fotógrafos que respectan os códigos, pero outros non tanto e algúns pasan de todo porque só lles importa a súa foto aínda que poñan en perigo unha especie. Sobre todo me preocupan aqueles que non coñezo de nada pero que poden ter acceso á miña información a través das redes ou dos grupos de whatssap.


   Divulgar nun medio como éste implica tamén que non sabes a quen lle chega.


  En calquera caso, seguiremos atentos. Esperemos que esta Primavera pasada por auga, por máis auga da habitual, non quite as ganas de anidar a estes simpáticos migrantes chegados da África subsahariana. Aínda que a tendencia tan negativa desta e outras especies nos últimos anos non é moi esperanzadora desde logo.

Folosa manchada (Locustella naevia)




2 comentarios:

  1. Hola Xabi,
    ya nos tendrás al día con esta cámara... Da buenas vibraciones.
    Un saludo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Da, sí... Como le decía a Damián fué un despropósito que Canon no metiera visor en la GX3 (24-600), por la que yo personalmente estaba esperando con gran ilusión.
      A ver si alguien de Canon me lee y espabilan...

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos