O sábado fum jantar à vila de Ortigueira e aproveitei para me achegar ao peirao e mais ao moínho de marés. Na ria nom havia moita cousa (a maré estava alta davondo) e foi mais produtiva a visita a umha velha casa de pedra abandoada em Cuínha, onde vive umha importante comunidade de lagartixa da serra, endemismo próprio das montanhas do quadrante NW peninsular.
Lagartixa da serra (Iberolacerta monticola) macho
OM-1 + Zuiko 100-400 mm ISO:250 V:1/500 F:8
Lagartixa da serra (Iberolacerta monticola) fémea
OM-1 + Zuiko 100-400 mm ISO:250 V:1/400 F:7,1
Em 2011 a Sociedade Galega de História Natural publicóu um novo atlas de hérpetos, no que eu participei. Pego a mapa de distribuiçom na Galiza logo da última actualizaçom (31-12-2022). Chama a atençom esa nova cita em Trevinca, na fronteira com Zamora (suponho que estará revisada). Seria moi interessante pola coincidência com a lagartixa leonesa (Iberolacerta galani), segregada recentemente da espécie nominal e que deve seu apelido ao nosso grande Pedro Galán.
Em contraste com aquelas altas montanhas ourensás, a lagartixa da serra é moi avondosa nas costas do extremo norte galego, desde Cedeira cara Ribadeu. Nesta faixa litoral pode chegar a ser a espécie dominante em hábitats antrópicos e semi-urbáns.
Lagartixa da serra (Iberolacerta monticola) macho
OM-1 + Zuiko 100-400 mm ISO:320 V:1/500 F:10
Lagartixa da serra (Iberolacerta monticola) fémea
OM-1 + Zuiko 100-400 mm ISO:640 V:1/125 F:7,1
Emperador grande (Anax imperator)
Emperador grande (Anax imperator)
Emperador grande (Anax imperator)
Quiçá deva practicar mais. Ainda assi pensei que com este pepino seria mais doado, depois da inverssom realizada. Ou quiçá e, simplesmente, que ponho o listom moi alto para a minha humilde capacidade. Vemo-nos na próxima entrada!
Boas,
ResponderEliminarAsí me gusta, un post con bichos decentes!
Pois esa cita de I. monticola de Trevinca é un erro, como outros existentes. Non é posible a presenza de I. monticola en zona de I. galani.
As fotos de A. imperator son boas. Os aeshnidos son terribles para afotar en voo que non paran quietos. Eu intento enfocar nunha zona que adoite pasar e cando pasa tiro unha ráfaga. Así saquei este ano unhas Somatochlora metallica nos Pirineos que non paraban quietas. Estas fan voos longos pola beira do ibón, non como Anax imperator que defenden un territorio pequeno.
Apertas,
Martiño
Opa, monstro. A verdade é que índa non falei copn Moisés sobre esa cita e desconheço a autoria. Por qué dis que nom é possível a sua presença em zonas de galani?
EliminarBoas. Pois por que non é factible que convivan dúas especies xenetica/etolóxica/ecoloxicamente tan semellantes no mesmos espazo por hibridación e tamén por ter que compartir os recursos (térmicos, tróficos, sexuais, etc) entre dúas especies cuns requirimentos ambientais tan estrictos nunha zona moi complicada (non como no norte de Lugo, que todo lles vale pola elevada humidade ambiental no verán). Outras especies de lagartixas, como as Podarcis, conviven pero existen barreiras xenéticas, ecolóxicas (uso diferencial de microhábitats) ou morfolóxicas (diferencias en coloración que as fai máis/menos atractivas no apareamento, robustez, etc)
EliminarPor outra banda, son dúas especies moi semellantes, dificiles de distinguir (pódese facer pero hai que pararse nelo), o que non facilita identificalas.
Iso é o que me fai dubidar tanto desa cita, a parte doutras citas existentes nesa obra que son claramente erróneas como as Podarcis lusitanicus ó norte de Cee, Zamenis scalaris en Lugo e outras das que dubido aínda que algunhas poderían ser posibles pero outras non.
Apertas e segue sacando post de bichos decentes!!
Martiño
Graciñas pola resposta. É un pracer contar con seguidores coma ti, Damián, Souza, etc. Os vosos comentarios sempre elevan o nivel de calidade deste humilde blogue.
EliminarUn abrazo.
Acuérdate que la Iberolacerta Monticola la habías visto tú en la Estación de Ferrol.
ResponderEliminarSi, pero esa poboación debemos considerala como "non natural", senón introducida accidentalmente. E por desgraza, tamén probablemente "extinguida".
Eliminar