A última vez que estiven en Villafáfila, en xullo do ano pasado, estaba aínda en shok pola morte de María. Fora unha excursión terapéutica, rara e moi triste lóxicamente. Sen embargo regaloume algunhas observacións fantásticas (preme aquí e aquí), incluíndo o avistamento dunha parella reprodutora de aguia imperial ibérica (Aquila aldaberti). Neste post vou poñer algunhas das miñas fotos favoritas tomadas ao longo destes anos por aquelas marabillosas terras zamorás.
Comezamos cunhas paisaxes. Gosto especialmente da primeira, con ese ceo tan intenso e cheo de textura (F:10 e un chisco de Lightroom).
Ameaza de treboada (11/10/2012)
Canon EOS50D + 70-300 mm ISO:100 V:1/800 F:10
Esta é moi melancólica:
Serán (24/02/2012)
Canon EOS50D + 70-300 mm ISO:200 V:1/125 F:9
Anoitecer (sen datos da captura)
Desde logo as paisaxes e atardeceres que teñen por aló son memorábeis. Non é para menos a fauna tan rica, especialmente no relativo ás aves, tanto acuáticas como terrestres.
Tartaraña cincenta (Circus pygargus) sobre campo de mapoulas
Sony RX10 III focal 600 mm ISO:640 V:1/500 F:4
Lagarteiro das torres (Falco naumanni)
Nikon P1000 focal 2600 mm ISO:320 V:1/320 F:7,1
Para un galego da costa cecais o que máis impresiona de Zamora sexa a cantidade e variedade de rapinas, tanto diurnas coma nocturnas. O bufo das xunqueiras, que non é nin unha cousa nin a outra, ten aló ún dos núcleos reprodutores máis importantes da Península. E resulta doado de ver.
Bufo das xunqueiras (Assio flammeus). Redución de ruido con I.A.
Nikon P1000 focal 1800 mm ISO:1100 V:1/160 F:6,3
Nos últimos anos a tadorna branca comezou a aniñar tamén, cun número de parellas que non deixa de medrar (este último inverno vin censos de 500 exemplares!).
Parella de tadornas brancas (Tadorna tadorna)
Nikon P1000 focal 1000 mm ISO:110 V:1/250 F:6,3
Grous eurasiáticos (Grus grus). Sen datos da imaxe orixinal
Cada vez que fago unha entrada destas históricas volvo decatarme do importante que é gardar os arquivos orixinais en RAW. Non canserei nunca de insistir nisto aos colegas que empezan a súa andaina coa fotografía de Natureza.

Calandra real (Melanocorypha calandra)
Nikon P1000 focal 1800 mm ISO:200 V:1/200 F:6,3
E tamén me dou conta do erro de ter vendido a Nikon P1000, actualmente case descatalogada no mercado. Motivo polo que tiven que mercar a P950; que está ben, pero non é o mesmo.
Abellaruco europeo (Merops apiaster)
Nikon P1000 focal 2000 mm ISO:220 V:1/250 F:6,3
Dentro de pouco entramos en febreiro. Sempre pensei que a época ideal para visitar Villafáfila vai de mediados de abril a finais de maio. Mas tamén gosto moito de finais de inverno: febreiro e marzo, cando mantén aínda boas poboacións de invernantes e xa comezou a pasaxe migratoria para especies coma píldora dourada europea, combatente, fuselo de rabo negro ou pato rabilongo. Supoño que xa volvo sentir "a chamada" de Zamora.
Campos con abondosa Vicia sp
Sony RX10 III focal 60 mm ISO:160 V:1/250 F:8
Me ha encantado toda la entrada, fotos y textos. En relación a la última, la "lavanda" no parece tal sinona alguna especie del género "Vicia", muy abundantes durabte ña primavera en las cunetas de Tierra de Campos. Un abrazo,
ResponderEliminarJ. Alfredo Hernández Rodríguez
Opa, Alfredo.
EliminarPues gracias por la matización. La verdad es que cogí la foto guardada hace cuatro años y la comenté así de memoria. Ya corrigo ahora el texo. Graciñas.
Un abrazo, crack.
Xabi, perdona, pero me parece que me hice la picha un lío con lo del puñetero nombre (echo de menos como era antes el blog, que salía mi nombre por defecto al hacer un comentario)... En fin, imos vellos. Bueno, no me extraña que sientas "la llamada de lo salvaje", como Jack London, tío: qué sitio espectacular, Villafáfila; me dan ganas de salir echando hostias para allí. ¿Os imagináis cómo sería Antela?
ResponderEliminarOpa, Jose. Si que é un sitio espectacular. Aínda que moi caloroso no verán, certamente. Con respeito ao dos comentarios, o blogue é igual que antes. Penso que pode ter que ver porque non usas a conta de google cando abres o blogue. Pásoche por whatssap unha serie de pantallazos para que vexas como tes que facer para que apareza a túa conta co teu nome. Non sei se fas así.
EliminarPor certo, non respostei á túa pregunta. A verdade é que Antela sería brutal a nivel faunístico, o noso único humidal de verdadeira importancia internacional, como dicía no foro de galiciaves. De todas formas quizá fose un sitio complicado para "paxarear" a menos que se fixeran intervencións importantes con longas pasarelas de acceso e pistas ata observatorios ben situados.
EliminarPor como son ou eran os humidais galegos de interior (Terra Chá, por exemplo) dame a impresión que a contorna do vaso lagunar sería bastante "pantanoso" e difícil de acceder á ribeira con certa visibilidade. Explícome. Estiven en lagoas castelás (La Nava), leonesas (Villafáfila, Carucedo) ou catalás (Aigüamolls, Delta del Ebre) e nelas hai "terra firme" case ata o mesmo borde lagunar en moitos sitios, onde non hai masas de canaveira/xunqueira, claro. Outra cousa é que haxa "acceso restrinxido", pero podes chegar ou, cando menos, ver. Sen embargo, pola miña experiencia na Terra Chá o tipo de chan higroturboso que hai aquí dificulta moitísimo acceder a esas pequenas lagoíñas que aínda quedan (moitas delas case colmatadas xa).
Xa sei que A Limia é algo diferente pero quedo con esa dúbida. Non sei qué opinas.
Sí, probablemente sí, pero con lo grande que era, sin duda habría lugares adecuados para acercarse a las orillas y poder ver las aguas abiertas, a mayores de otros casi impenetrables. De hecho hay bastantes fotos en "Antela, a memoria asolagada", y en algún otro libro, para darse cuenta de que, sin duda, había buenos lugares para observar aves a larga distancia, con orillas en seco o casi. Hay que darse cuenta que Antela era la tercera laguna española en extensión, y eso sin contar el área de veigas inundables y lagunazos, como O Dornallo. Un lugar increíble, pero ahora sólo está en el recuerdo o el mito, ya que todo esto que hablamos es sólo una elucubración.
ResponderEliminar