Seguidores e seguidoras

jueves, 15 de septiembre de 2011

Chascos rabipintos (Saxicola rubetra) en Valdoviño

    Unha das primeiras entradas deste blogue foi sobre os prados de Taraza, na parroquia de Meirás (Valdoviño). Comentaba que debido a que esta zona conserva unha boa extensión de prados e sebes era un lugar destacado na bisbarra polo sei interese para os paseriformes. Tanto durante a época de cría coma nos pasos migratorios, especialmente o outonal.
 Un ano máis, hoxe os campos de Tarza fervían de paxariños de diversa procedencia que decidiron facer unha parada aquí, para "repostar". E entre eles destacaba un numeroso grupo de 17 Chascos rabipintos ou norteños (Saxicola rubetra). Na compaña de Pepe García vizoso e, a pesares de que se monstraban terríbelmente desconfiados, puiden sacar algunhas fotos testemuñais dos Chascos rabipintos


  Pepe pasoume a seguinte foto (do mesmo exemplar anterior), pousado nun xoven chopo de repoboación. Estaba moi lonxe e había pouca luz, pero a diferencia entre sensor "Reflex" e "Bridge" é palpábel..

Ademáis puidemos observar tamén:
- 1 Colirrubio real (Phoenicurus phoenicurus) nunha sebe de Salgueiros (Salix atrocienera). Primeira observación persoal da especie na comarca de Ferrol
- 1 Papamoscas negro (Ficedula hypoleuca). A Pepe deulle tempo a enfocalo polo menos (eu inmortalicei as follas do Salgueiro..).

- 1 Pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe)
- 1 Papuxa común (Sylvia communis). En tempos reprodutor común na zona, hoxe en día presente só durante os pasos migratorios na zona litoral.
 Cómpre termos en conta que a hora era bastante mala (as cinco-seis da tarde), polo que nas horas da mañá a cousa tivo que estar moito mellor aínda. Probablemente estes próximos días han traer máis novidades nos Prados de Taraza.
Ata outra.

4 comentarios:

  1. Ahora que te he localizado en el mundo virtual será un placer seguir tus andanzas. Espero que cualquier día volvamos a coincidir en el campo.

    Un saludo.

    ResponderEliminar
  2. Pois....graciñas, "F.I.RE.V.A." (Feira Internacional de REpostos para Veículos Antigos??) Sóame de algo este termo pero, sinceramente, non lembro nin quén és nin ónde temos coincidido. ¿Quizá no salón do Automóvel de Vigo?.
    No obstante ,benvido e grazas por comentar, sexas quen sexas.

    ResponderEliminar
  3. A ver hombre, corto y pego lo que un día escribiste en mi blog. Salvo que no seas el mismo Xabi Prieto, claro. Ya me dirás si estoy equivocado...Si es así disculpa la familiaridad, pero en cualquier caso seguiré disfrutando de tu blog ;-). Un saludo.

    "Hola, Fausto. Remexendo nas entradas antigas do bloge de Pepe Vizoso atopei unha entrada vella na que eu preguntara por ti. Acabo de descubrir que me respostaras a pregunta, e que eras o "famoso" Fausto de Hábitat. Ben, como máis vale tarde ca nunca, pois iso, encantando de volver a falar contigo.
    Xa tes un novo visitante do bloge.
    Unha aperta.
    Xabi Prieto"

    ResponderEliminar
  4. Son o mesmo Xabi Prieto (eu sempre me identifico cando falo). Vale, agora xa sei que ti eras "Fausto, de Hábitat", que era o único nome co que te recordaba. E sendo así, a pregunta é...por qué carallo non o dixeches, home? Estás en busca e captura acaso?
    De todas formas, como ves, eu sempre contesto os comentarios da xente que participa no meu blogue.
    E non hai nada que desculpar, Fausto. Acepto de bon grao a familiaridade, e non me molesta en absoluto (eu mesmo abuso dela en ocasións).
    Un saúdo.

    ResponderEliminar