Por desgraza cheguei á praia de San Valentín xusto no momento en que dous cans levantaban todo o mogollón de gaivotas e limícolas que repousaban durante a preamar (si, o lugar ése onde existe un cartaz do concello de Fene que pon "Proibido animais" e ten a silueta dun can). O pior é que me quedei sen identificar un bando dunhas vinte limícolas grandes, que posiblemente fosen Mazaricos rubios (Limosa lapponica). Cambiemos de tema que me envinagro...
Pouco a pouco algunhas gaivotas foron voltando á praia.
Aínda que a maioría ficaban nos tellados da factoría de Navantia ou pousadas na ría.
As patimarelas xa remataron a muda e amosan unha plumaxe nova e moi elegante
Gaivota patimarela (Larus michahellis)
Fuji HS50 (focal 185 mm, +0,7 paso) ISO 320 V: 1/250 F: 5,6
Qué pena que a Fuji non consiga o grao de detalle e calidade de imaxe da Canon (imbatible no sector), porque noutros aspectos ofrece un manexo moito mellor. A velocidade e precisión de enfoque son do mellor na categoría e manexar o zoom manual resulta unha gozada.
De todos os xeitos, debo ter unha maldición xitana que sempre que saco a Fuji o tempo se pon feo de todo e case nunca logro tomas con boa iluminación.
Por medo a subir a snsibilidade quedei en valores medios e puxen unha velocidade escasa para afotar un ave tan inqueda coma este bilurico e con esta focal (equivalente a 1000 mm reales). Como resultado deste erro meu as tres imaxes do bilurico mostran trepidación, ou mo parece a min vaia.
Bilurico das rochas (Actitis hypoleucos)
Fuji HS 50 (Focal 185 mm) ISO: 400 V: 1/320 F: 5,6
Pica dos prados (Anthus pratensis)
Fuji HS50 (focal 185 mm +0,3 paso) ISO: 800 V: 1/160 F: 5,6
Había que actualizar un pouco o blogue e isto é o único que teño por agora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos