As palabras de Fran Nieto están a supor un enorme cambio na idea que eu tiña sobre a fotografía, unha idea que básicamente era nula. "A foto perfecta é aquela que, ademáis de estar ben executada técnicamente, conta unha historia que o espectador pode entender" (tradución aproximada das palabras orixinais), "a importancia do momento", "a excesiva obsesión pola nitidez",...
Quizá pola influencia dos grandes fotógrafos que teño a sorte de coñecer e cos que falo regularmente a simple toma de fotos nítidas dun bicho ("fotos de guía", como sempre as chamei) cada día me parecen máis sosas. Penso que xa logrei un nivel suficiente para tirar ese tipo de imaxes con certa facilidade pero o corpo pídeme máis. Porén, se non adico o tempo necesario a buscar a composición e non compro algo de equipamento técnico tal como flashes, difusores, etc, difícilmente lograrei moita mellora (penso que xa levo cousas dabondo na mochila).
Diferentes imaxes de Gaivota de cabeza negra (Larus melanocephalus)
(Protagonismo do fondo, composición cutre con gaivota grande, retrato e detalle)
A importancia do momento, unha frase que se repite na miña mente unha e outra vez nesta xornada fotográfica nos peiraos de Maniños (Fene)
O Destino quixo darme unha oportunidade para desenvolver esta nova idea adquirida durante a semana. Unha Gaivota chorona decidíu posar nunha garrafa plástica que aboiaba no mar.
Gaivota chorona (Larus ridiundus)
Qué pouco sei e, consecuentemente, canto me queda por aprender. Qué sorte teño!
Mi madriña. Dende que leo as entradas no PC (en vez de no móbil), desfruto moito máis das fotos. Unha marabilla.
ResponderEliminarApertas,
Inés
E se "abres" as fotos desfrutarás máis aínda. Blogger fai unha copia moi mala das fotos que subes.
EliminarPor certo, agora que comentas desde o computador xa non se duplican os teus comentarios, tal como te dixen.
Non serás un gran fotógrafo pero gústanme as fotos que fas e o mérito que teñen.
ResponderEliminarEstas da gaivota co plástico contan historias.
Pois grazas por comentar.
Eliminar