Ademais chegárom algumhas novidades palmípedas que puidem observar desde Neda:
- 1 Pato rabilongo (Anas acuta)
- 8 Frisados (Anas strepera)
- 1 Pato mergulhador em muda (Ayhthya fuligula, provávelmente)
Porem os nigricollis som as "estrelas" do momento, à espera de cousas de máis caché.
Mergulhons de pescoço negro. De fondo, o meu estaleiro
Nom som amigo do zoom digital, pois recurta a imagem com perda de qualidade. Nesta ocassom a distáncia às aves era moi grande e tirei um pouco del para converter os 600 mm de focal óptica em 960 mm digitais. Bem vale para publicar.
Mergulhons de pescoço negro (Podiceps nigricollis)
Sony RX10 III (focal 600 mm x 1,6 ) ISO 125 V: 1/800 F: 5,6
Em quanto solucione os problemas que me está a dar blogger hei subir outro post com outro portagonista.
Pois haberá zoom dixital, pero aos ollos inexpertos coma o meu, as fotos están estupendas.
ResponderEliminarSe ves que blogger che da moitos problemas, sempre podes migrar o blogue a outra pataforma, coma wordpress, que seica din que é mellor.
Biquiños,
Inés
Grazas. Mérito da cámara.
EliminarA final formateei todo de novo e punto pelota (penso que tiña "bicharía"). Pero o programa que utilizaba para navegar, Opera, vai como unha pataca. volvo a Chrome...