Especie rarísima non hai moitos anos agora converteuse en un migrante e divagante frecuente en moitos humidais galegos e mesmo en agras e leiras de interior (moitos compañeiros de traballo que viven no rural ferrolán xa coñecen a este ibis).
Mazarico negro (Plegadis falcinellus)
Salientar a primeira rolada de patiños.
Parella de lavancos (Anas platyrhynchos) con rolada
As Folosas dos carrizos levan días cantando desde o canaval. Coa Sony RX 10 a captura de paseriformes entre a vexetación mesta é máis doada que con outras cámaras bridge, aínda que esta folosa estaba especialmente fuxidía.
Folosa dos carrizos (Acrocephalus scirpaceus)
Cómpre esperar a que muden os ventos para que comece a sedimentación de migrantes que, como norma, se concentran especialmente entre a última semana de Abril e a terceira de Maio.
Que bonitos os mazaricos negros.
ResponderEliminarAs limícolas haberá que agardar a que muden as condicións un pouco, polo que parece. Eu ando por Ribadeo estes días e tampouco hai moita cousa
Apertas Xabi.
A partir de mañá xa verás como entran cousas. Sobre todo en Rinlo.
EliminarApertas Quique.