Unha Garza branca (Egretta alba) bastante confiada e sempre elegante servíu para facer esta pequena proba, nun día de chuvia intermitente e luz escasa, polo que foi necesario o uso do trípode.
Vamos coas fotos da Canon SX60. As dúas primeiras foron disparadas con unha focal intermedia (155 mm, equivalentes a uns 600-800 mm reais) e a última co zoom óptico a tope (247 mm, que son 1365 mm reais). Esta última toma foi baixo un forte chaparrón, o que obrigou a baixar máis a velocidade para dispor dun mínimo de luz.
Canon SX60 (focal 155 mm) ISO:100 V:1/100 F: 7,1
Canon SX60 (focal 155mm) ISO: 100 V: 1/100 F: 8
Canon SX60 (focal 247 mm) ISO: 100 V:1/80 F:8
E agora as tomadas coa Sony RX10, todas coa máxima distancia focal, que equivale a uns 600 mm:
Sony RX10 (focal 220 mm) ISO: 200 V:1/100 F: 5,6
Sony RX10 (focal 220 mm) ISO: 200 V:1/100 F: 5,6
Non son fotógrafo, así que non podo opinar sobre aspectos máis técnicos, pero hai cousas que se aprecian fácilmente:
- Nivel de detalle, "definición". Moi superior sempre na Sony, como correspón a un sensor catro veces maior (e catro veces máis caro!). Sen embargo para obxectos lonxanos, como son as aves, deberemos recurtar a imaxe moito máis xa ques a súa distancia focal, o seu zoom, é a metade que na Canon SX60. Polo tanto a diferencia non será tanta grazas á potencia brutal da Canon, que permite recurtar moito menos as fotos, ao saír o bicho máis grande na toma orixinal.
- Luz. A diferencia neste caso é abismal. Ademáis da diferenza no tamaño de sensor (que, por tanto, capta máis luz) a Sony permite disparar cunha apertura de F:4, mentras que a Canon obriga a pechar até F:6,5 se queremos usar todo o rango focal. Lóxicamente a sensibilidade é moi superior na cámara de maior prezo, coa cual podemos disparar até ISO 800 sen problema. Nunha bridge de sensor pequeno mellor non pasar de ISO 400, a menos que o obxecto estea moi perto.
Podemos resumir que a Canon SX60, como todas as bridge pequenas, sufre moito en condicións de pouca luz, tais como as horas da mañá, sobre todo durante o inverno galego.
- Ruido. Como consecuencia do anterior as imaxes da Sony son moito máis "limpas" e apenas necesitan de reducir o ruido con o software de revelado. Na Canon SX pode ser necesario en certas circunstancias, co cual perderemos máis detalle aínda.
- Color, tons. Outro dos aspectos onde se nota o tamaño do sensor. Tanto as cores coma os tons son máis naturais e neutros na Sony, comparábeis a unha reflex de gama media-baixa (que eu tamén tiven diso antes de que me entrara o sentido). Na Canon SX60 aparecen con bastante frecuencia uns molestos tons maxenta ou verdosos, que cómpre correxer co software.
En fin, como dixen non son fotógrafo nin pretendo selo. Simplemente tento dar respostas pola experiencia que teño neste tipo de cámaras. O que me importa é o resultado final na pantalla do computador. Un resultado que en condicións de pouca luz ou distancias curtas/moderadas será sempre moi favorábel á Sony RX10. Pero ollo, que se sae o sol e as distancias aumentan, esta diferencia de calidade pode reducirse bastante até presentar un resultado moi semellante visto en pantalla, que é do que se trata para un usuario naturalista.
A ver se podo facer máis comparativas entre as dúas cámaras; de macro, paisaxes, etc... Aínda que neses casos penso que o combate será breve e algunha delas gañará por K.O. no primeiro asalto.
Moi interesante, coma sempre. Ainda que cada vez empregas linguaxe máis técnico. Isto vai acabar sendo “Bridges e demais falimia” - nótese o parecido co nome orixinal ; ) -
ResponderEliminar"¿Linguaxe máis técnica"? Algo se me vai pegando das malas compañías, haha..
EliminarMuy buen post ,pues sabes que tengo las dos y me interesa esas experiencias ,,que estás teniendo con ellas ,a Castellón traje la Canon y me gustaría que me dieras más información sobre ella para fotografiar en el Parque que ya te dige,unos bichos como pone en tú blog ,un saludo y un abrazo este Domingo saldré a disparar un pico
ResponderEliminarO primeiro consello é: FAI MENOS FOTOS. Non se trata de disparar "a lo loco" e despois ver se saleu algo decente. Dedica máis tempo a cada toma, mirando qué elementos hai no encuadre. Como di Fran Nieto debemos eliminar todo o que nos sobra da escena ou o que nos distrae: plásticos, botellas tiradas, cables eléctricos, ramiñas du arbusto ou outro bicho en segundo plano que non nos interesa. Outro consello importante é que te fixes no "exposímetro", a regra esa que tes na parte inferior do visor ou da pantalla cando estás a enfocar. Se fai sol tenta que estea un pouco por debaixo de 0 ("subexposta"), mentras que en días nubosos ou chuviosos é mellor que estea un pouco por encima ("sobreexposta"). A cosa é bastante máis complicada pero é unha norma que funciona na maioría das ocasións.
EliminarAgardade un momentiño, meu benquerido Xabi. Eu teño feitas moitas fotos pero sei que tivera que facelas coma a ti as fas. Y ansi, de súpeto, soio ocurreseme, para no guerrear contra ti, e por a tua personalidade, hoxe brava coma a gato fero, que gracias, mestre, por sa tuas insenanzas. Unha forte aperta, José Curt
ResponderEliminarTan fero non son, pero ás veces obríganche a selo.
EliminarUn abrazo Josele.