Seguidores e seguidoras

mércores, 7 de decembro de 2022

Bilurico escuro (Tringa erythropus), unha sorpresa en Pontedeume

    O bilurico escuro (Tringa erythropus) é unha limícola moi escasa coma invernante na Galiza. Segundo os censos de xaneiro só podemos consideralo como anual ou regular nas rías de Ribadeo, Ortigueira e O Grove. Penso que tamén sedimenta en Carnota e nalgunha outra ría, sempre individuos solitarios ou grupos mínimos. A cifra propia máis alta é de 8 ex en Ribadeo o 27/11/2004, nada que ver coa relativa abondancia doutros biluricos grandes.

   Onte, aproveitando unha viaxe ao sur da provincia paraba brevemente en Pontedeume (A Coruña) e atopaba un exemplar alimentándose nunha pequena desembocadura do esteiro do Eume.

Bilurico escuro (Tringa erythropus)
Panasonic G7 + Zuiko 100-400 mm    ISO:3200  V:1/320   F:6,3

  De primeiras pensei nun bilurico común (Tringa totatus), ainda que me estranaba o sitio e especialmente a conduta, porque o bicho camiñaba por augas bastante fondas, e amosábase moi confiado ademáis. En canto vin as primeiras fotos descobrín que se tratataba dun escuro, a miña primeira cita neste humidal. Malia que non había case luz puiden tirar algunha foto decente.

Bilurico escuro (Tringa erythropus)

Bilurico escuro (Tringa erythropus) alimentándose baixo a auga

Bilurico escuro (Tringa erythropus)

   A todo isto, a OM-1 chégame este venres. Así pois, é moi probable que as próximas fotos que publique sexan con ela, se todo vai ben (esperemos).

Gabitas (Haematopus ostralegus)
Panasonic G7 + Zuiko 100-400 mm + Zuiko MC 1,4X    ISO:400  V:1/500   F:9

Subeliña común (Aegithalos caudatus)
Panasonic G7 + Zuiko 100-400 mm  ISO:1000   V:1/400   F:6,3

  Vendo como vai o Zuiko na G7 non quero imaxinarme como irá nun corpo profisional; porque así definen á OM-1 en todas as reviews que lin. Unha das características que máis me impresionou de todo o que teño lido é que traballa prácticamente sen ruido até ISO 6400. E con ruido tolerable (eliminable con Ligthroom) até ISO 25.000. Algo que será extremadamente importante se temos en conta que o Zuiko non é un obxectivo especialmente luminoso e que na maioría das miñas saídas o ceo está moi nuboso ou directamente chove.

Icneumónido sp (Buathra laborator/Pimpla rufites?)
Panasonic G7 + Zuiko 100-400 mm    ISO:320   V:1/400   F:6,3

   E con este icneumónido terminamos por hoxe. Qué longos se van facer estes tres días!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos