A migración está chegando ao seu momento máis importante (finais de abril - meados de maio) e a lagoa da Frouseira está nestes momentos nunhas condicións óptimas para receber todas as aves que pararán a descansar mentras sopre o vento de nordés que vai estes días.
Por motivos persoais collín dous días libres no traballo que aproveitei para facer dúas mostraxes de control na lagoa onte e hoxe. Polo de agora as cifras son moi cativas pero comeza haber material. Poño a lista de acuáticas observadas no censo de onte. O grupo de carráns foi observado o día anterior con Paula Aradas (non poño gaivotas). Vai todo segundo a nova listaxe de nomes vulgares galegos.
- 1 Cisne mudo (Cygnus cygnus)
- 1 Pato mandarín (Aix galericulata)
- 4 Cercetas albelas (Spatula querquedula)
- ++ Patos cincentos (Mareca strepera)
- ++ Lavancos reais (Anas platyrhynchos). Esta mañá observada a primeira rolada da primavera. Unha femia con 10 pitos de curta idade.
- 1 Pato rabilongo (Anas acuta)
- 14 Cercetas eurasiáticas (Anas crecca). Onte vin algunha menos
- 1 Zurrasca eurasiática (Rallus aquaticus) escoitada onte
- 2 Galiñas de auga comúns (Gallinula chloropus)
- 2 Galos de auga comúns (Fulica atra). Ún na zona da "Pesqueira" e outro no cinto de canaveira do SE
- 1 Píldora cincenta (Pluvialis squatarola)
- 40 Píllaras reais (Charadrius hiaticula)
- 13 Mazaricos chiadores (Numenius phaeopus)
- 141 Fuselos de rabo pinto (Limosa lapponica) contados hoxe. O seu número irá aumentando nos próximos días
- 3 Biluricos das rochas (Actitis hypoleucos)
- 1 Bilurico manchado (Tringa glareola) observado ontes no "Lago Pequeno". Na foto, moi mala, xa mo parecera. Pouco despois levantou o grupo de limícolas no que estaba integrado e escoitei o seu reclamo de vóo trisilábico diagnóstico.
- 5 Biluricos comúns (Tringa totanus)
- 1 Bilurico escuro (Tringa erythropus)
- 2 Biluricos pativerde (Tringa nebularia)
- 2 Pilros tridáctilos (Calidris alba)
- 25 Pilros comúns (Calidris alpina). Pequena avanzadiña do que virá
- 5 Corvos mariños grandes (Phalacrocorax carbo)
- 7 Garzas reais (Ardea cinerea)
- 8 Cullereiros comúns (Platalea leucorodia)
- 1 Tartaraña cincenta (Circus pygargus) femia. Chegou voando alto desde o nordés e foi cara as toxeiras do cabo de Ponta Frouseira e ao sistema dunar. A especie, en perigo de extinción, debeu ser reprodutora en moitos montes litorais ata a década dos setenta ou oitenta. Eu tiven a fortuna de ver as últimas tartarañas do concello de Ferrol, nos anos oitenta. Agora esta rapina é visíbel únicamente durante as migracións.
- 1-2 Folosas das canaveiras (Acrocephalus scirpaceus) cantando na parte sur da canaveira. Primeiro rexistro anual.
- Unha familia de subeliños comúns (Aegithalos caudatus) onte xunto ao observatorio ornitolóxico. Tiñan cando menos 3 polos voantóns. Unha preciosidade.
- Bico de lacre ondulado (Estrilda astrild). Observados hoxe 1-2 ex na canaveira. Ún deles carrexaba herbiñas para contrución do niño. Se ninguén di o contrario sería o primeiro caso de reprodución rexistrado aquí desta especie invasora
- 3 Escribidores das canaveiras (Emberiza schoeniclus lusitanicus) machos, observados nos lugares habituais.
A observación dos tres machos de escribidor das canaveiras é a mellor das novas, coñecendo o estatus de "especie en perigo de extinción" que mantén en Galiza. Un conteo máis prolongado e con mellor campo de visión conlevaría seguramente a cifra habitual de 5 territorios, que considero a poboación reprodutora normal. De ser así A Frouseira manteríase, por tanto, como a principal localidade de cría da especie en todo o país.
Saudos Xabi
ResponderEliminarnon sei como aguantan as escribentas ahí, parece que está moi densa a vexetación, de tódolos xeitos moi boa nova.
apertas
Opa Emilio:
EliminarCon respeito ao da vexetación non penses. É certo que os exemplares da Frouseira adoitan cantar desde masas densas de Phragmites, pero nesta canaveira/xunqueira haiche moitos "claros" con Juncus, Scirpus,... ou máis abertos, de lama que queda en seco durante os períodos de baixamar.
Se un día ves por aquí ensínoche todo. Sería un pracer.
Un abrazo.