Seguidores e seguidoras

lunes, 28 de abril de 2014

Fin de semana espectacular

 Quero anunciarvos dous eventos importantísimos previstos para este próximo fin de semana en Ferrolterra. Un fin de semana que será ponte para moitos de vós (eu teño que currar o venres día 2)

  Por unha banda, a predición metorolóxica semella favorábel para que teña lugar na lagoa da Frouxeira, un ano máis, a sedimentación masiva de limícolas que coincide co pico do paso primaveral. O outro día a lagoa pechouse brevemente, o cal facía perigar a presenza das limícolas, pero axiña volveu abrir. Polo tanto é previsíbel que estea aberto nos próximos días.

  Segundo o prognóstico, os ventos de SW-W destes días van mudar a compoente NE a partir do día 3. Así que o sábado e o domingo quizá empecen a acumularse as aves no intermareal da lagoa.


 Xa vos teño comentado que é un espectáculo natural único en Galiza. No Grove hai un maior número, certamente, pero en ningún outro humidal galego teño contemplado unha concentración semellante nun espazo tan reducido e, non esquezamos, coas aves amosando todas elas as chamativas plumaxes nupciais.
  Dependendo un pouco do ano, a cousa pode quedar nuns poucos centos de aves ou chegar ata 4000-5000. E na última década tivemos varios anos moi potentes (Maio 2013).
  En calquera caso haberá que esperar, pois isto non é matemático. Pero todo indica que será este finde cando comece o espectáculo. Bichos estará alí para dar información e avisarvos a todos e todas. Non volo perdades!!

 O outro acontecimento é a visita a Galiza do mestre de mestres: Don José Curt Martínez. Aproveitando un congreso que se celebra en Burela e no que é invitado estelar, vamos dispor da súa presenza por Ferrolterra os días 2 e 3. 
  Cun pouco de sorte aínda vai coincidir co paso da Frouxeira, o cal sería xa algo apoteósico. En calquera caso tempo haberá para dar algún paseo de campo e para tomar uns viños, aínda que eu quizá deba limitarme á xornada do sábado.



   Agora a esperar, e a rezar para que non pase nada raro e que o tempo acompañe. Seguiremos informando!

4 comentarios:

  1. Xa se confirmou que a visita do mestre Curt é o 2 e o 3?
    Mecaguendiola, mira que xa é mala sorte. Día 2 no Mandeo e o 3 estarei en Monterroso. E que o mes de Maio é unha auténtica tolería para os que padecemos a enfemidade da pesca de río. Comenza a tempada de migradores e a cousa desbarátase ...
    En fin. A ver se hai outra oportunidade.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moito me temo que si, Eloi. A min tamén me cadra mal o venres, pero Pepe Vidal ha saber coidar ben del, je, je..
      O sábado pode ser realmente un día histórico e antolóxico. Probablemente serán moitas as persoas que se acheguen á lagoa para ver limícolas (se po paso é pontual á cita). E quen queira terá a oportunidade de coñecer a Josele, o noso Gerald Durrell.
      A ver se para a próxima che coincide mellor.
      Unha aperta

      Eliminar
  2. Buuuf e eu de paso a finde pasada e agora xa emigrado máis ó norte. Pasádeo ben e saúdos a todos, Curt para outra a ver se me entero antes e podemos coincidir!
    Apertas!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A min avisoume Pepe a semana pasada. A verdade é que vou ter un mes de tolos.Atlas de reprodutoras, Sacre, censo de limis, seguemento de Galiñola,...
      Unha aperta Manu

      Eliminar