Seguidores e seguidoras

miércoles, 12 de agosto de 2015

Tres novas especies de libeliñas

    Afinal non puiden facer unha saída "potente" este verán (e tamén quedaron pendentes dous proxectos conservacionistas que tiña en mente relacionados co Sapoconcho de Florida e o Porco bravo).
    O bon disto é que estou a dispór de máis tempo para coñecer mellor lugares próximos como a ría de Ferrol ou o encoro das Forcadas. E grazas á fotografía tamén estou avanzando moito na identificación de invertebrados, un terreo certamente complicado polo número de especies e pola dificultade para visualizar algúns rasgos en seres tan pequenos.

  Onte achegábame polo pequeno río Magno, agora moi minguado de caudal, que descorre polo sistema dunar da Frouxeira no seu treito final.


   Aínda así é moi interesante por seren unha masa de auga doce permanente dentro do espazo protexido da Frouxeira (a lagoa é de auga salobre)

Río Magno, no sistema dunar da Frouxeira

   No seu leito areento amoreábanse moitos pequenos moluscos acuáticos dos que descoñezo a especie.


Caracol acuático 

   Ademáis o río bulía de vida. Moitos cucharóns de Rá verde (Pelophylax perezi) e ducias de angulas buscaban a cobertura das algas filamentosas e os troncos somerxidos para se agochar.  Arestora o río atópase incomunicado co mar, así que deberon entrar días atrás.

Anguila (Anguilla anguilla), xuvenil ("angula")

    Mais estes días as libeliñas son obxecto principal de estudo para min. Poño unha serie de fotos tiradas nesta semana en Forcadas e A Frouxeira:

    A espectacular Donceliña fina, de patas, abdome e ollos vermellos, foi novidade para min na comarca de Ferrol. Un insecto inconfundíbel desde logo.

 Donceliña fina (Ceriagrion tenellum), macho

  A Donceliña litoral foi unha das primeiras donceliñas que comecei a fotografar. Vai unha femia.

Donceliña litoral (Ischnura elegans), femia

   O Gaiteiriño bérber é outra especie que non afotara previamente. Pola contra o Gaiteiriño forestal é moi habitual en Forcadas (góstalle a vexetación arbustiva e arbñorea na ribeira, como indica o seu nome). Nos Lestes é importante fixarse na cor e forma dos apéndices sexuais da ponta da cola; e tamén no tórax e segmentos finais do abdome.

Gaiteiriño bérber (Lestes barbarus), macho


 Gaiteiriño forestal (Lestes viridis), macho. Detalle

  Hoxe descobría unha fermosísima libélula no encoro das Forcadas. A pesares da sua mirada satánica con eses ollos vermellos, non mata a nadie. É a Donceliña de ollos vermellos.


   A súa fotografía é difícil, pois gosta de auga abertas, de pousarse nas masas de vexetación flotante e resulta bastante tímida, ao contrario que as Ischnura.

Donceliña de ollos vermellos (Erythromma viridulum), macho

PÍLLARAS DAS DUNAS ANELADAS EN ESMELLE

    Antes de pechar o post quero comentarvos algo importante. Acaban de anelarse os polos de Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) que naceron na praia de San Xurxo/Esmelle. Tedes toda a información no blogue de Paco Girón, que me pide que o comparta (preme Siempre vuelvo a Esmelle). Se vedes un polo con estas anelas avisade. Podedes facelo no blogue de Paco, no de Antonio ou aquí mesmo. Moitas grazas por anticipado.

6 comentarios:

  1. A última foto de Lestes viridis vese moi ven a espiña lateral do abdome característica da especie. Vendo iso xa se pode identificar o exemplar.
    Preciosa a E. viridulum. Unha especie escasa e difícil de afotar.
    Apertas,
    Martiño

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Coño, ese rasgo de L.virides non vén nas guías! Moito controlades..

      As Donceliñas de ollos vermellos obrigáronme a meterme na auga para achegarme. Como só levaba as de media caña estaba máis pendente de non "meter a pata" que doutra cousa. E lamentablemente nesas circunstancias debes meter unha velocidade alta, aínda que o bicho estea inmóbil. Primeiro porque estás incómodo e sempre te moves algo; segundo, porque o propio movimento da auga que xeneras fai que a libeliña tamén se mova. Vamos, que son desas fotos moi difíceis, que non van quedar perfectas pero que dan moita satisfacción persoal.
      Un abrazo máquina.

      Eliminar
  2. Qué pasada de fotos Xabi. En canto ó contido da entrada, confórmome con lela, sin pretensión ningunha de aprender a diferencialas libeliñas. Ainda que sempre algo queda...
    Apertas

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Cunha boa guía é máis doado. E ante a dúbida, chamada aos expertos, haha..
      Unha aperta
      PD: As fotos.... decentillas e pouco máis.

      Eliminar
  3. Que cámara ha usado, Nikon P900?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Eu non respondo aos anónimos. Se te presentas (con nome e apelidos) e me dis de ónde és, poderei contestarte.

      Eliminar