Seguidores e seguidoras

viernes, 7 de abril de 2017

Libeliña peluda (Brachytron pratense)

  A Libeliña peluda (Brachytron pratense) pertence a un xénero do que únicamente existe unha especie en Europa, que ademáis está moi localizada na Península ibérica (en pontos de Asturies, Galiza, Norte de Portugal, Doñana, Euskadi, Cataluña e Valencia) e catalogada coma "en perigo de extinción" no Libro Vermello de Invertebrados de España. Por tanto a observación dun adulto hoxe no Carregal de San Xurxo-Esmelle foi marabillosa, aínda que a especie xa está controlada na zona por Paco Girón (Siempre vuelvo a Esmelle) que antonte atopaba a primeira da temporada.

 Libeliña peluda (Brachytron pratense)

  Este aésnido ten unha fisonomía moi peculiar, sen a cintura estreita típica noutros parentes, e co tórax cuberto de vellosidades que semellan pelo, como vemos na seguinte imaxe:


  Ademáis observei dúas Donceliñas vermellas (Pyrrhosoma nymphula), macho e femia, e unha libélula grande que non puiden identificar (Anxos Romeo observaba esta mesma tarde Emperadores peregrinos Anax ephipigger na cercana lagoa de Doniños).

 Donceliña vermella (Pyrrhosoma nymphula) macho

 Un lugar cun potencial fantástico este carregal (xunqueira pantanosa). É uhna mágoa que perdese a lámina de augas libres permanentes que coñecín nos anos oitenta.



Carregal de San Xurxo-Esmelle (Ferrol)

 Mañá toca volver a libelular e o domingo controlar a migración na Frouxeira. Estamos en Primavera e cada día trae novidades.

2 comentarios:

  1. Que preciosidade de bicho. É das primeiras que emerxen e nunca defraudan. Noraboa pola observación!!
    Apertas,
    Martiño

    ResponderEliminar