Pero esta poboación é a mesma que foi abandonando as illas e illotes de cría, segundo me contan os ornitólogos que entenden disto. Agora as nosas gaivotas emigran a lugares onde a vida sexa máis doada, onde teñan maior facilidade para instalar os seus niños e onde haxa maior disponibilidade de alimento. Abandonan "o rural" para vir á cidade, tal como la vida misma.
"As de Sanchez Calviño"
Debemos deixar de considerar a gaivota patimarela como unha especie mariña para vela mellor como un ave eminentemente urbana? Eu desde logo xa coñezo a maioría das parellas que cada ano aniñan polo barrio. E, como é común no rural galego, podemos chamalas ao estilo tradicional.
"As de enfrente"
Desde Xaneiro, a maior parte delas botan moito tempo xunto ao emprazamento do niño. E comezan a verse arrumacos e carantoñas entre os membros da parella.
Aínda queda moito para iniciar a cría, pero nótase a inminente chegada da Primavera, a estación máis marabillosa das catro.
E despídome cun pequeno xogo. Desde a miña casa podo divisar o lugar de cría de diferentes especies de aves urbanas:
Falcón común (Falco peregrinus)
Gaivota patimarela (Larus michahellis)
Cirrio común (Apus apus)
Cirrio pálido (Apus pallidus)
Lavandeira branca (Motacilla alba)
Colirrubio (Phoenicuros ochruros)
Pega (Pica pica)
Pardal común (Passer domesticus)
A ver quén acerta cada especie co número do emprazamento. NOTA: todas son localizacións reais agás tres delas (4, 7 e 8), que non cabían na imaxe a pesar do grande angular, polo que marquei emprazamentos semellantes aos orixinais. E o punto 3 é un chisco máis abaixo, polo mesmo motivo, pero vale para ver o hábitat...
O que acerte levará un xamón pata negra vegano ;)
Olá Xabi
ResponderEliminarÉ como dizes, as gaivotas são deveras muito mal vistas, principalmente nas cidades, pelo que sujam e pelo ruído nesta altura do ano ;)
Mas se vermos para além disso vemos o que contas na tua entrada!
Saludos
Efetivamente Inocêncio....Eu mesmo diria que a gente tem-lhes ódio nalguns lugares onde ocupam massivamente telhados de edificaçoes.
EliminarApertas-