Seguidores e seguidoras

xoves, 2 de marzo de 2017

Curso de Fotografía para Naturalistas con cámaras bridge

  Os vindeiros días 18 e 25 de Marzo terá lugar un curso de fotografía específico para naturalistas con cámaras bridge. Unhas cámaras que desde logo parecen deseñadas especialmente para nós.
  O curso será impartido polo meu amigo Fernando Pereiras, estupendo fotógrafo de Natureza (non profisional) que me ensinou moitas cousas sobre fotografía. E terá lugar na Casa das Ínsuas, Rábade (Lugo) que non paran quietos. 


  Así que xa sabedes, os que teñades interese e podades acudir non o pensedes máis. As bridge merecen algo máis que disparar en modo automático como fan moitos usuarios, caramba. É necesario estudar os catro conceitos básicos de fotografía e aprender ben os controis (ou o software) da cámara para poder tirarlle todo o partido. E sen dúbida que nese curso aprenderedes todo iso.

Sempre digo que as fotos que publico e polas que me felicita moita xente son produto de moita práctica e de aprender dos mestres que tiven a sorte de ter, mestres como Fernando Pereiras.

3 comentarios:

  1. Hola! Me gustaría hacer este curso on line, es posible? O algún otro para cámaras bridge. Gracias

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. ¿Pero a ti paréceche serio pedir este tipo de información baixo un pseudónimo e sen presentarse sequer, amiga "cacerola"?
      Eu só falo con persoas, non con anónimos nin con cacharros de cociña. Xa o expliquei vinte veces pero vexo que non o captades.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos