Seguidores e seguidoras

mércores, 1 de novembro de 2023

Censo completo na lagoa da Frouseira (Valdoviño)

    Aproveitando que o persoal anda de "resaca" e que vai mal tempo esta mañá achegueime á lagoa da Frouseira, en Valdoviño (A Coruña). A canle xa está aberta pero debido á preamar a lagoa estaba bastante chea (nos próximos meses a súa dinámica será estuarina, case coma unha ría).

Anatídeas na ribeira norte

  Non levei o telescopio, que está pendente de "entrar en quirófano" (un pequeno accidente...). Mais entre os binóculos e o teleobxectivo da cámara amañei para facer un censo bastante digno. Poño os dados das acuáticas contadas hoxe:

  • 1 Cisne mudo (Cygnus olor). Non hai quen o bote dalí....
  • 2 Patos cullereiros europeos (Spatula clypeata)
  • 80+ Patos cincentos (Mareca strepera). Seguramente habería 100+
  • Aproximadamente 400+ lavancos reais (Anas plathyrhynchos). Sen telescopio é difícil precisar esta especie, que se espalla por todo o vaso lagunar
  • 25 Cercetas comúns (Anas crecca) aprox. Moi lonxe
  • 3 Patos cristados (Aythya fuligula)
  • 90 Merguilletes comúns (Tachybaptus ruficollis) contados mediante fotografías (as cámaras tamén serven para iso). Había algún máis
  • 81 Galos de auga (Fulica atra), contados tamén en foto, aínda que neste caso a cifra pode non ser exacta. Os tempos en que nestas alturas do ano había centos deles pasaron á historia. 
  • 1 Píllara real (Charadrius hiaticula)
  • 1 Bilurico das rochas (Actitis hypoleucos)
  • 20-25 Pilros comúns (Calidris alpina)
  • + Gaivotas de patas amarelas (Larus michahellis)
  • + Mascatos comúns (Morus bassanus) pasando en migración diante da praia
  • 15 Corvos mariños grandes (Phalacrocorax carbo)
  • 4 Garzas reais (Ardea cinerea)
  • 1 Aguia pescadora (Pandion haliaetus)
  • 1 Tartaraña das xunqueiras (Circus aeruginosus)

Patos cincentos (Mareca strepera) e pilros comúns (Calidris alpina)

Grupo de galos de auga (Fulica atra)

Grupo de merguilletes (Tachybaptus ruficollis)

  Bon, a lagoa está xa 100% operativa para a sedimentación de acuáticas grazas á apertura mecánica da canle e posterior baleirado. A desfrutar da invernada.

3 comentarios:

  1. ¡Jo, tío qué envidia! A mí, la mitad de todo esto ya me valdría para cualquiera de los embalses cercanos a Coruña, a estas alturas del año. Un abrazo y gracias por tenernos al tanto.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas, José. Si que están mal os encoros coruñeses. Especialmente Sabón (consulto sempre as listas que sobe Xabi Varela a ebird). Pero bueno, en Cecebre tedes un paso de outono ben chulo, con limicolada variada, ardeidos, moritos,...
      A verdade é que A Frouseira foi sempre un humidal destacado a nivel galego pero nestes anos de pobreza xeralizada destaca aínda máis (Vixán tamén ten bastante cousa). E ollo, que no censo de onte falta o abetouro. Xa sabes que eu o considero invernante regular en número de 1-2 indiv, pero para velo hai que dedicarlle tempo co telescopio e eu agora fago "visitas de médico" e moi esporádicas, por motivos que xa imaxinas.
      Un abrazo, mestre.

      Eliminar
  2. Otro abrazo grande para ti, Xabi. Seguro que el "bruión" aparecerá tarde o temprano, quizá un poco más metido el invierno. Ya nos contarás.

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos