Onte ao mediodía saín do choio e achegueime até os peiraos de Fene, na banda sur da ría de Ferrol. Só tiña en mente facer probas coa Olympus e un xoven corvo mariño cristado ofreceuse voluntario pra pousaren.
Corvo mariño cristado (Gulosus aristotelis) xuvenil
Olympus OM-1 + Zuiko 100-400 mm (a 245 mm) ISO:320 V:1/125 F:7,1
Corvo mariño cristado coa cidade de Ferrol no fondo
Na Península existen dúas subespecies: G.a. aristotelis, presente na costa atlántica, e G.a.desmarestii, na mediterránea. A primeira experimentou un forte declinio nos últimos anos, de até un 59% na poboación do P.N. das Illas Atlánticas (1). En Galiza pasou de 2400 parellas censadas no ano 2004 a só 1408 en 2017 (2).
Corvo mariño cristado (Gulosus aristotelis) xuvenil
Olympus OM-1 + Zuiko 100-400 mm (a 300 mm) ISO:500 V:1/160 F:6,3
Os expertos indican diferentes problemas de conservación da especie: artes de pesca como os trasmallos, contaminación por hidrocarburos, predación por especies invasoras (gatos ou visón americano), molestias por actividades humanas ou inclemencias meteorolóxicas (3).
Corvo mariño cristado (Gulosus aristotelis) xuvenil
Olympus OM-1 + Zuiko 100-400 mm (a 245 mm) ISO:400 V:1/200 F:6,3
Corvo mariño cristado (Gulosus aristotelis) xuvenil
Olympus OM-1 + Zuiko 100-400 mm ISO:500 V:1/320 F:6,3
Este xuvenil probablemente teña nacido nalgunha das colonias da comarca de Ferrol. Durante os programas de anelamento comprobouse que os exemplares xóvenes realizan desprazamentos medios de 20 Km logo da tempada de reprodución. Desfrutemos da sua presenza mentras podamos, pois xa está catalogado coma "En perigo" no libro vermello de especies ameazadas.
Corvo mariño cristado (Gulosus aristotelis) xuvenil
Olympus OM-1 + Zuiko 100-400 mm ISO:320 V:1/100 F:7,1
Esta coca (un nome local que ten por aquí) mostrábase moi confiada e permitíu que me acercase no carro, moi amodiño, case ata poder tocala coa man, literalmente. A seguinte foto non foi sacada co teleobxectivo, senón cun obxectivo curto pensado para paisaxes!.
Corvo mariño cristado (Gulosus aristotelis) xuvenil
Olympus OM-1 + Panasonic 14-42 mm (24-84 mm equiv) ISO:250 V:1/320 F:5,6
Corvo mariño cristado (Gulosus aristotelis) xuvenil
Olympus OM-1 + Zuiko 100-400 mm (focal 245 mm) ISO:200 V:1/60 F:8
Recurte da imaxe anterior
Este corvo mariño cristado non ten o glamour dos Bombycilla eses que están a provocar auténticas romarías de coleccionistas provintes de toda España, pero é unha das nosas xoias faunísticas. Unha xoia cuxo estudo e censo non ha ser nada doado. Vaian os meus parabéns para todos os involucrados nas publicacións citadas.
Unhas fotos excelentes e unha información moi interesante
ResponderEliminarPois moitas grazas.
Eliminar