Seguidores e seguidoras

luns, 8 de decembro de 2025

Lagoa de Valdoviño; "visita express"

  Onte pola tarde achegueime un momento ata a lagoa por aquilo de seguir de probas co novo tele, aínda que a primeira foto foi co obxectivo curto, lóxicamente.

Anatídeas no sector norte da lagoa
OM-1 + Panasonic 14-42  f:5,6   ISO:400   V:1/200    F:6,3

   A esas horas hai sempre unha luz malísima, cando o sol está a baixar. Se somamos tempo de borrasca pois moitas aves vense case negras. 

Culleretes boreais (Spatula clypeata) no centro da imaxe
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4    ISO:1600   V:1/400    F:5

  Non levei máis óptica que a cámara e non contei. Si notei que había máis patos ca última vez. Así a ojímetro digamos que uns 300 lavancos reais, o típico cento de patos cincentos e as habituais especies menos abondosas en número (culleretes, parrulos, etc). Animeime a contar as cercetas eurasiáticas co Zuiko nun momento en que se xuntaron todas: 170+.

  As aves están moi afeitas á presenza humana pola ribeira do paseo, ou polo areal, se as persoas non se achegan demasiado (por iso é tan doado fotografar aquí). Sen embargo entran en pánico cando se achega un can, por veces mesmo que vaia atado. Onte chegou unha parella con dous cans, ún deles solto, e asustaron todo. Menos mal que non estaba censando, coma me ten pasado tantísimas veces desde que empezou a candemia.

Cercetas (Anas crecca) e outras anatídeas fuxindo dun can (toma moi aclarada con Lightroom)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4    ISO:1600   V:1/800    F:5

  Cos que non podo é cos virapedras. Dá igual a óptica que empregue. De cada dez fotos que lles tomo, nove non valen para nada. Descoñezo o motivo pero non acabo de tomarlles "fotos redondas", e iso que son aves moi mansiñas, observábeis a  tres ou catro metros de distancia. Quizá é que cando se achegan tanto custa moito coller foco, pois non paran quietos. Pero non podo con eles.

Virapedras comúns (Arenaria interpres)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4    ISO:1600   V:1/250    F:4,5

   Levaba media hora na lagoa, comecei a ver o ambiente que había e xa decidín marchar para non discutir cos de sempre. Señor, dame paciencia....

5 comentarios:

  1. Boas tardes Xabier.
    Se non é moita indiscreción poderías dicir onde fotografaches eses virapedras? Porque ti eres moi crítico coas túas fotos pero a última é ben bonita.
    Un saúdo.
    Alén Espiña Otero

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Boas, Alén.

      Os virapedras, se non pasa nada raro, han pasar o inverno alternando a zona da praia e costa próxima coa propia lagoa, a onde acoden cando está baixa para se alimentar. Son moi doados de ver rebulindo entre as pedras que hai na beira do mesmo paseio peonil, algo que hai trinta anos sucedía tamén, si, mas exclusivamente na pasaxe migratoria de maio. Agora é moi habitual durante a invernada. Tamén descansan moitas veces no illote da lagoa, que os autóctonos coñecen co nome de "A Lapela".
      A foto (ésta e outras anteriores) foi tomada nun ponto moi próximo ao lugar onde aparcamos os carros todos os naturalistas, nunha pista de terra que sobe en dirección leste ao final da estrada asfaltada. Se precisas o lugar exacto pásocho por whatssap sen problema (pregunta polo meu teléfone en Hábitat).
      Saúdos.

      Eliminar
  2. Respostas
    1. Se vas por alí e che apetece quedar avísame, que igual podo achegarme.

      Eliminar
  3. Moitas grazas pola proposta. Se me cadra de ir, avísoche.
    Un saúdo.
    Alén.

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos