Tiña moitas ganas de revelar estas fotos co novo software e co novo hardware. Trátase de mergulletes comúns fotografados no encoro das Forcadas (Valodoviño) en 2020 coa Nikon P1000. A primeira cun ISO alto dabondo para un sensor pequeniño.
Mergullete común (Tachybaptus ruficollis)
Nikon P1000 (focal 2600 mm) ISO:1100 V:1/320 F:7,1
Falando de pequenos, agora ven un poliño, tamén con ISO moi alto.
Mergullete común (Tachybaptus ruficollis). Polo de curta idade
Nikon P1000 (focal 2600 mm) ISO:1100 V:1/320 F:7,1
Mergullete común (Tachybaptus ruficollis)
Nikon P1000 (focal 2000 mm) ISO:280 V:1/250 F:6,3
Mergullete común (Tachybaptus ruficollis)
Nikon P1000 (focal 2000 mm) ISO:280 V:1/250 F:6,3
Lembrade abrir as fotos con dobre click. Non teñen nada que ver coas publicadas en 2020.




As dúas últimas fotos do mergullete penso que son as mellores que vin das tomadas en Galiza desta especie. Parabéns! Damián
ResponderEliminarGraciñas, quedaron moi ben, a verdade. De todo o meu arquivo fotográfico son das miñas favoritas.
EliminarApertas.