A segunda metade de maio estará marcada para sempre polo acontecido en 2024 coa recaída fulminante e o falecemento da miña parella de entón, María. Unha morte que ademáis veu acompañada de moito sofrimento para ela (sobretodo) e para min. O ano pasado volvín a revivir todo o proceso e púxenme fatal. Este ano semella que o vou levar mellor, pero as lembranzas fican na mente de por vida. É unha sensación moi dura que só pode entender quen ten pasado por algo así.
Nestes casos cómpre ter a mente ocupada con actividades e o censo de escribidor das canaveiras (Emberiza schoeniclus lusitanicus) supón unha desas actividades. O Grupo Naturalista Hábitat preguntoume se podía botar unha mao e nesas estou. Mañá vou cubrir o Carregal de San Xurxo, un humidal onde a especie semella ter desaparecido.
Estaba revisando e organizando as fotos no disco externo e atopei varias fotos curiosas das que nin me acordaba. Unha delas tomada na compaña de Ricardo Hevia aló por 2020, rematando a fase dura da pandemia. Por certo, un abrazo e moito ánimo, Ricardo! (lin que tedes dispositivos móbiles e internete no hospital Gómez Ulla).



Moi boas Xabi
ResponderEliminarSi,temos internet é agora dende onte día 20 xa podemos saír das habitacións. Foi moi duro estar 11 días sen poder saír de 4 paredes, más aínda para un paxareiro moi activo, como son eu. Espero vain pasando os días e podamos regresar pronto à casa.
Unha forte aperta Xabi!
Ricardo
Veña, moito ánimo, Richi. Cando todo termine poderás contar historias sobre cómo foi todo este episodio no RARO 2027. Porque vaia movida...
EliminarUn abrazo.