Seguidores e seguidoras

xoves, 29 de outubro de 2026

Alarma pola seca

     Na comarca de Ferrol levamos dous meses en prealerta pola seca. Moito me temo que a próxima semana entraremos en alerta pura e dura. O vindeiro día 6 de novembro vanse adoptar medidas adicionais, pois a situación meteorolóxica non semella que vaia mudar a curto prazo. Unhas medidas que moi probablemente implicaran curtes de auga nas vivendas e negocios.

  O encoro das Forcadas segue baixo mínimos históricos: un 27,27% nestes momentos, segundo a web embalses.net (non sei a fiabilidade que ten).

Encoro das Forcadas (foto de hai un mes)

  Ademáis da falla de precipitacións, as elevadas temperaturas rexistradas este verán e no que vai de outono aumentaron a evaporación da auga desde a superficie terrestre á atmosfera. A "evapotranspiración", que se di técnicamente.

  Nun post anterior xa comentei que estes valores medios da estación ferrolá refírense ás medias desde que entrou en funcionamento, aló por 2000. Iso quer dicer que eses dados fan referencia a un período xa moi marcado polo cambio climático. Por iso resulta máis grave que a temperatura media de xullo este ano teña unha desviación de case dous graos e medio sobre ese valor.

Rexistros térmicos e pluviométricos na estación de CIS-A Cabana (Ferrol)

   Hai corenta anos tivera na casa o libro "Climatología de Galicia" (Fundación Barrié de la Maza 1983). Recollía dados das estacións de Monteventoso (Ferrol) e Fene. Se a memoria non me engana indicábanse unhas temperaturas medias de 18,4ºC e 18,8ºC para os meses de xullo e agosto, en base a valores de décadas anteriores ás que emprega Meteogalicia na estación de CIS-A Cabana. Ainda que a situación das tres estacións é diferente, o resultado reflicte aproximadamente un grao menos respeito das medias resultantes en CIS-A Cabana desde 2000. En 2026 xa o superamos en tres graos. 

  Desde este blogue solicito prudencia no consumo da auga aos habitantes e habitantas de Ferrol. Ou moito me engano ou os curtes de auga son inevitábeis (os modelos a curto prazo non indican ese cambio radical na circulación das borrascas que sería necesario para encher Forcadas).  

3 comentarios:

  1. Roberto Prego Regueiro1 de novembro de 2026, 12:42

    Lo increíble es que cada vez haya más gallegos que no quieren que llueva, que se está muy bien así, que el tiempo es inmejorable...

    ResponderEliminar
  2. Moi bon comentario.

    Precisamente esta semana discutín cun compañeiro da oficina (un rapaz moi majo de 30 anos) que me dixera que este ano "tivéramos un bon verano", con moitos días de praia e demáis. Case me subo polas paredes...

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Roberto Prego Regueiro1 de novembro de 2026, 13:17

      Son los nuevos gallegos, la lluvia les molesta y lo que les mola es la terracita, la cervecita y el solecito, de manera perenne, como las hojas de los eucaliPPtos.

      Que hay fugas que ocasionan grandes pérdidas de agua (como en As Pías), sí, hay que arreglar eso. Que hay concellos como Ares que gastan agua como si fueran Manhattan, también.

      Aunque lo importante es que desde primeros de marzo paró de llover de manera radical, son 8 meses con el 50 por ciento menos de precipitaciones, son factos, no opiniones.

      No toco el tema del cambio climático, voy por el lado de que la psicología gallega ha cambiado, como si esto fuera Almería...

      Galicia sin lluvia es como una bici sin ruedas. No estoy diciendo que llueva de manera continua, pero es una tierra que se resiente a los tres meses de bajadas drásticas de lluvias.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos