Seguidores e seguidoras

sábado, 31 de marzo de 2012

A Seca e o Sarga

 O SARGA é un proxecto moi interesante de seguimento dos anfibios e réptiles galegos, que coordina Martiño Cabana. Hai pouco avisoume de que había xente de Ferrol interesada en colaborar e me pideu se podía botarlles unha mao. Así que hoxe fun con estes rapaces (Vicki e Koke) a ensinarlles uns transectos herpetolóxicos por terras do concello.

 Comprobamos que a seca deste ano está a ser de grande impacto. Fontes e charcas están baleiras. Ata os regos máis permanentes, de carácter máis turboso, monstran un nível moi baixo. O pior era a Charca de Liñares, un lugar moi chulo que coñezo hai anos nos altos do Monte de Chá. A súa superficie apenas representa actualmente o 10% do normal nestas datas, como se ve na foto. O seu carácter estacional vai aparecer este ano en breves días se a cousa non muda...



 O tempo algo ventoso e nuboso a ratos non axudou a desfrutar da bicharía. Pero Vicki atopou un achádego que xustificou sobradamente a excursión. Unha xoven Cobra lagarteira (Coronella austriaca) pelexaba con un Esgonzo (Chalcides striatus), igualmente xuvenil. Ao principio, debido ao denso da cobertura vexetal, pensamos que era un único animal, ata que vimos saír ao depredador, quedando a pobre vítima, medio tonta, no medio da herba. A cobra fuxíu, pero ao Esgonzo aínda lle puidemos sacar unhas fotos, mentras se recuperaba so susto.


  No seu corpiño apreciábanse ben as marcas das trabadas da Coronella. Un oficio de coñecidas costumes herpetófagas..


 Este Lagarto das silvas (Lacerta schreiberi) vivía a vida con máis tranquilidade, mentras presumía de cabeza azul perto da lagoa de Doniños.


 Ata outra.

2 comentarios:

  1. Esta sequia vai dar moitos problemas este ano (só hai que mirar para o das Fragas). En Ourense a cousa está un chisco mellor que polo norte, onde a cousa pinta moi mal. As charcas da Terra Chá están baixo mínimos.
    Unha aperta e moitas grazas pola axuda,
    Martiño

    ResponderEliminar
  2. De nada, Martiño. Encantado de poder botar unha mao.
    Pero este ano me parece que os transectos van dar cifras moi pobres (polo menos en anfibios)
    Unha aperta.

    ResponderEliminar