Como dicía onte a Fuji HS10 volveu finalmente ás miñas mans. A calidade das fotos non é a mesma que na Canon réflex, pero a súa infinita versatilidade fan que sexa unha cámara perfecta para un "naturalista todoterreo". O mesmo disparas en macro que cun 700, ou fas unha paisaxe.
Esta tarde tiña ganas de botar unhas fotos e nada mellor que as Pegas (Pica pica) do meu barrio.
Unha das vantaxes de vivir nun sexto piso, aparte de facer exercicio cando se casca o ascensor, é que tes unha panorámica bastante boa sobre o barrio de "Ultramar". Hoxe os técnicos reparaban diversas avarías nas antenas dos veciños.
Tamén diversificaban o traballo, modificando e restaurando os vellos niños. É curioso que haxa varias chamineas ocupadas na mesma mazá de edificios, tal como comprobei o ano pasado.
O potente zoom da Fuji permitíume retratar este exemplar, que se chuleaba por un tellado da rúa Venezuela.
Aínda que parece que se levan relativamente ben, sempre pode haber lío cando as veciñas son as Gaivotas. Esta patimarela (Larus michahellis) é residente tamén no mesmo edificio. A tía andaba controlando todo, todo. Parecía "La vieja del visillo"..
Ademáis semella que vai haber un niño novo. Esta chaminea non a tiña controlada do ano pasado. E a parella de Pegas non saía dalí. Haberá que estar atentos.
A partir de agora, irei subindo máis entradas nas que vos presentarei ao resto da veciñanza.
Vémonos.
Hola Xabi,son Jorge.Bueno,xa tes que estar aburrido para sacarlle fotos as pegas eh!,menos mal que ahora non as hay que revelar para velas,que se non...Ahora en serio,estan moi ben,e a historia mellor todavia.Un saludo.
ResponderEliminarJe, je, Qué vá, qué va... O que pasa é que tiña moooitas ganas de volver a disparar coa Fuji. Foi a cámara coa que empecei isto do blogue, e cando xa a coñecía moi ben tiven que desfacerme dela.
ResponderEliminarAgora que a recuperei saín á ventá e afotei o primeiro que vin.
Por certo, había un nota fumando na ventá que sabe Deus que debeu pensar o tipo (igual mañá teño unha denuncia..)
Graciñas pola visita Jorge.