Seguidores e seguidoras

sábado, 31 de outubro de 2026

Teixugo (Meles meles). Por fin!!

   Hoxe vivín un momento longamente esperado. Antes realizaba unha mostraxe nocturna por terras de Santa Mariña do Monte (San Sadurniño).

Probable gato doméstico

   Un bicho que non falta nunca é o gato doméstico, gravísimo problema ecolóxico que temos polos danos incalculábeis que causa á fauna (algún estudio falaba de millóns de vertebrados afectados só no Reino Unido).

  Sen embargo esta madrugada observaba e fotografaba os ollos de dous mamíferos que non puiden identificar. Estaban xuntos e ún deles moveuse lentamente aproximándose ao outro. Por desgraza non teño nin idea do que podían ser, pero unha cousa semella clara: non eran gatos. Comparade a distancia intraocular de úns e outro.

Mamífero sp Nº 1

 Nen sequer puiden apreciar o seu tamaño pois nen tiña clara a distancia. 

Mamífero sp Nº 2

    Nesta época en que todo se sabe de maneira inmediata o misterio dunha observación deste tipo mantén o seu encanto. Pasáronseme varias cousas pola cabeza. Incluso ésta:


   Cando fago estes transectos de noite non é raro que deba frear o carro para non atropelar algún tordo,  paseriforme moi abondoso que gosta de pousar nas estradas.

Tordo músico (Turdus philomelos) pintando a mona

  Ese momento tan esperado foi a observación directa dun teixugo con luz escasa pero diurna.

Teixugo (Meles meles) 

  Nese ponto máxico que é o cruce das Regas aparecía un teixugo adulto correndo coma se fose Drácula para meterse na teixoeira antes da saída do sol. Lamentablemente eu apartárame do cruce e estaba a uns 30 m de distancia. Foi unha mágoa, xa que o porco teixo (como tamén se coñece) colleu dirección polo "Camiño das martarañas". Deume o tempo xusto a sacar estas fotos. Cando cheguei alí correndo o animal xa desaparecera e non puiden ver cara ónde se dirixía.

Teixugo (Meles meles) 
OM-1 + Zuiko 300 mm  f:4   ISO:25600   V:1/160   F:4
  
  A parte boa é que tiña a cámara coa configuración máis axeitada para estes disparos: sensibilidade no máximo de ISO nativo para poder dispor dunha velocidade aceptable e enfoque preditivo en modo "mascotas", que vai moi ben para mustélidos. Nesas circunstancias de luz e movimento do suxeito difícilmente podería tomar fotos mellores. Por certo, iso escuro que se ve á dereita no bordo dereito da terceira foto é o meu carro. Pasou a carón do meu aparcadoiro. 

Teixugo (Meles meles) a ponto de desaparecer polo "Camiño das martarañas"

    O teixugo está amplamente distribuido na comarca de Ferrol, onde semella ter unha grande disponibilidade de hábitats óptimos, non sendo tampouco unha especie demasiado esixente. Teño atopado rastros en bosques caducifolios inundábeis (Terra Chá), áreas de montaña con repoboacións de piñeiros (Xistral, Capelada) ou mosaicos agropecuarios coma Moeche. Se a memoria non me traiciona tamén en sistemas de dunas grises litorais como A Frouseira.

Hábitat de teixugo (Meles meles)

"Camiño das martarañas", por onde o perdín de vista

Hábitat de teixugo (Meles meles)

 Como anécdota da xornada poño un pantallazo co que a I.A. de Observation poñía para identificar logo de subir a foto do teixugo. Debeu afectarlle o cambio de hora.

Observation cunha "ida de pinza" memorable

  A verdade é que o paseo de hoxe polas Regas de Moeche foi moi entretido.

Picapau grande (Dendrocopus major)

  Xa temos varios dos paxaros invernantes típicos, coma picas dos prados, tordos rubios ou úbalos eurasiáticos, dos que vía o primeiro grupiño nos ameneiros habituais. 

Úbalos eurasiáticos (Spinus spinus)

  Outra xornada que gardarei na memoria e que supón o resultado dun esforzo de moitas horas de espera ao mencer. Igual ata volto mañá por se volve aparecer, ainda que isto non será tan doado coma ver martarañas en primavera.

   Non podo evitar finalizar a entrada cunha mención ao mestre Don José Curt Martínez (DEP), con quen tiven a fortuna de manter unha boa amizade persoal (e un grande agarimo mutuo) nos últimos anos da súa extraordinaria vida. Comentárame que unha vez tivera ocasión de comer porco teixo, penso que nunha aldea da montaña galega. Porque o porco teixo cazábase para comer, algo que sorprenderá máis de ún. Explicárame que a súa carne tiña realmente unha grande semellanza coa do porco e comprendera daquela por qué se lle chamaba tradicionalmente "porco teixo".

  E coma pequena homenaxe ao vello mestre poño un enlace a un artigo do Diario de Pontevedra publicado en 2019 logo do seu pasamento (desde o xornal pedíranme permiso para publicar a miña foto e o texto):  José Curt e Diario de Pontevedra

 Vémonos no próximo post.

xoves, 29 de outubro de 2026

Alarma pola seca

     Na comarca de Ferrol levamos dous meses en prealerta pola seca. Moito me temo que a próxima semana entraremos en alerta pura e dura. O vindeiro día 6 de novembro vanse adoptar medidas adicionais, pois a situación meteorolóxica non semella que vaia mudar a curto prazo. Unhas medidas que moi probablemente implicaran curtes de auga nas vivendas e negocios.

  O encoro das Forcadas segue baixo mínimos históricos: un 27,27% nestes momentos, segundo a web embalses.net (non sei a fiabilidade que ten).

Encoro das Forcadas (foto de hai un mes)

  Ademáis da falla de precipitacións, as elevadas temperaturas rexistradas este verán e no que vai de outono aumentaron a evaporación da auga desde a superficie terrestre á atmosfera. A "evapotranspiración", que se di técnicamente.

  Nun post anterior xa comentei que estes valores medios da estación ferrolá refírense ás medias desde que entrou en funcionamento, aló por 2000. Iso quer dicer que eses dados fan referencia a un período xa moi marcado polo cambio climático. Por iso resulta máis grave que a temperatura media de xullo este ano teña unha desviación de case dous graos e medio sobre ese valor.

Rexistros térmicos e pluviométricos na estación de CIS-A Cabana (Ferrol)

   Hai corenta anos tivera na casa o libro "Climatología de Galicia" (Fundación Barrié de la Maza 1983). Recollía dados das estacións de Monteventoso (Ferrol) e Fene. Se a memoria non me engana indicábanse unhas temperaturas medias de 18,4ºC e 18,8ºC para os meses de xullo e agosto, en base a valores de décadas anteriores ás que emprega Meteogalicia na estación de CIS-A Cabana. Ainda que a situación das tres estacións é diferente, o resultado reflicte aproximadamente un grao menos respeito das medias resultantes en CIS-A Cabana desde 2000. En 2026 xa o superamos en tres graos. 

  Desde este blogue solicito prudencia no consumo da auga aos habitantes e habitantas de Ferrol. Ou moito me engano ou os curtes de auga son inevitábeis (os modelos a curto prazo non indican ese cambio radical na circulación das borrascas que sería necesario para encher Forcadas).  

martes, 27 de outubro de 2026

Cuando lo anormal se convierte en "normalidad"

  Hubo un tiempo no muy lejano en que existía el principio de autoridad. No me refiero sólo a la autoridad del Estado o de la Administración, sino a esa autoridad más cercana y natural que otorgaba la edad de las personas o la responsabilidad del profesor, del personal sanitario o de los directivos de una comunidad de vecinos. En esta distopía que es el siglo XXI eso ha desaparecido. Uno se siente impotente ante el incivismo patológico de los infractores y ante la inacción de los vecinos.

"La meada nuestra de cada día". Óleo sobre lienzo

  No sé ni cómo calificar lo que ocurre en mi edificio (aunque no lo parezca por lo angosto de la entrada ahí dentro somos cuatro portales y 144 propietarios). Un edificio del que sigo siendo vocal de la escalera y por tanto miembro de la junta directiva. Una junta directiva en que no hay más vocales que el de la escalera D (yo), por falta de voluntarios. Solamente tenemos presidente (un rumano encantador y completamente integrado, más gallego ya que el caldo de nabizas).

     En ciudades como Ferrol la gente escapa de los barrios antiguos y sus viviendas son alquiladas mayormente a personas inmigrantes o en riesgo de exclusión, como es el caso de mi comunidad.

   En mi portal apenas quedan cuatro familias de las de toda la vida. Muchas de las personas con las que me llevaba muy bien han muerto (por cuestiones de edad) o se han marchado a otro barrio de la ciudad, asqueadas del incivismo de los nuevos vecinos. Porque ahora tenemos un vecindario ajeno completamente a las normas de convivencia tradicionales y con nula intención de integrarse. Bueno, excepto la familia de Nhat, unos vietnamitas maravillosos que viven debajo mía. Reconozco que también tuve suerte con los nuevos inquilinos de arriba, un grupo de infantes de Marina andaluces muy majos. Pero la mayoría es gente intratable. Como el dueño del perro que mea casi todos los días en el mismo túnel del edificio:

España 2026

  Como he dicho somos 144 viviendas/bajos. Es literalmente imposible que nadie vea como un perro mea cada dos o tres días en el mismo túnel del edifico. Pero nadie dice nada y nadie denuncia. Yo por ahora tampoco puedo hacer gran cosa porque no me ha coincidido verlo en directo, aunque sé que perro es, sin género de duda. De todas formas pienso que si un día el dueño le deja hacer delante mía, tampoco podría hacer nada, dado el nivel de estulticia mental que contamina esta sociedad. Igual hasta acabo yo denunciado por maltrato animal o alguna chorrada wokie.

    No parece casualidad que los mejores entre mis nuevos vecinos sean vietnamitas (de un continente como el asiático oriental, diametralmente opuesto a nuestro país en cuanto a valores sobre el respeto o el honor) y militares españoles de una fuerza de élite, obligados en este caso por su profesión. Con el resto toca sufrir y a veces me pregunto por qué volví a presentarme para vocal luego de recuperarme (algo) tras la muerte de María. Supongo que son las ganas de ayudar a la gente, ese componente solidario que me queda de mi época libertaria. De cuando era un soñador muy inocente.

domingo, 25 de outubro de 2026

400 Fochas comunes (Fulica atra) en Valdoviño

  Esta mañana me llevaba una grata sorpresa en mi visita a la laguna de A Frouseira (Valdoviño). Eso que la jornada fue pasada por agua. Mucha más que esos orballos que había leído en el pronóstico.

"Observatorio del Paraguas"

  En estos casos, y aunque esté hecho un desastre, viene muy bien el observatorio de torre.

"Observatorio de Torre"

  Con lluvia persistente como la que caía hoy fotografiar aves es ciertamente complicado. Lo bueno de la Sony RX10 es que no hay que cambiar los objetivos y además está sellada a la lluvia. 

Ánades frisos (Mareca strepera) bajo lluvia intensa
Sony RX10 III (focal 600 mm equiv.)  ISO:1600  V:1/40    F:4

    No quería subir de ISO 800/1600, así que tuve que inventar algo sobre la marcha. Por ejemplo apoyar la cámara sobre una estaca para quedarme en velocidades de obturación lentas. Así pude conservar una buena exposición con estos ánades frisos, pato estrella de la localidad y de alimentación vegetariana. Seguramente esas plantas que comen son Ruppia sp o Potamogeton sp.

Ánade friso (Mareca strepera) hembra alimentándose
Sony RX10 III (focal 600 mm equiv.)  ISO:800  V:1/50    F:4,5

Ánade friso (Mareca strepera) hembra
Sony RX10 III (focal 600 mm equiv.)  ISO:800  V:1/50    F:4,5

  La verdad es que no sé como demonios quedaron enfocados los patos con esas velocidades tan lentas para un bicho en constante movimiento. Todas las fotos fueron tomadas bajo la cobertura de un paraguas porque no paraba de llover o lloviznar.

Ánade friso (Mareca strepera) macho
Sony RX10 III (focal 600 mm equiv.)  ISO:800  V:1/40    F:4,5

Ánade friso (Mareca strepera) macho
Sony RX10 III (focal 600 mm equiv.)  ISO:800  V:1/40    F:4,5

Ánade friso (Mareca strepera) macho
Sony RX10 III (focal 600 mm equiv.)  ISO:180  V:1/40    F:4,5

  Un grupito de cercetas también comía en las proximidades del paseo peatonal. Casi ningún macho tiene aún el plumaje nupcial completo. Ya habrá tiempo.


Cerceta común (Anas crecca) macho

  La noticia vino cuando llegué al observatorio de torre. 

Fochas comunes (Fulica atra)

  Unas 400 fochas comunes (Fulica atra) se concentraban en la ensenada conocida como "Lago pequeno" y sus proximidades. Como llovía había dejado el telescopio en el coche, así que decidí tomar dos series de tres fotos intentando fragmentar el total en varias partes separadas y luego sumar todo en casa. Pero en este caso el método no me convencía (es muy difícil determinar donde acaban las fochas de una foto y donde empiezan las de la otra otra). Por si acaso hice un recuento allí mismo con los binoculares, a la antigua usanza.

Fochas comunes (Fulica atra) en el "Lago pequeno"

  El recuento fotográfico me daba un mínimo de 350 ejemplares. El censo "in situ" me dió unos 460 individuos. Seguramente habrá ocasión de contarlas como es debido, con el grupo descansando en aguas abiertas y telescopio. En cualquier caso esta cifra aproximada de 400 fochas no la contaba en Valdoviño desde hacía casi veinte años. Concretamente el 9/11/2008, cuando censé 501 fochas (clica). Por cierto, también había 170 porrones comunes (Aythya ferina); para que alucine la gente más joven con lo que ahora es considerado como rareza.

Fochas comunes (Fulica atra). Parte del total

  Si alguien tiene curiosidad os pego un enlace con todas mis observaciones de focha en Valdoviño subidas a eBird: aquí.

   Una enorme alegría volver a observar estos grandes grupos de focha, rálido que tuvo en este humedal uno de sus refugios otoñales más importantes de Galiza. Y ojo, porque estas concentraciones de otoño, suelen tener sus picos en noviembre o diciembre. Así que probablemente su número seguirá incrementándose en las próximas semanas. Animo al personal para que intente contarlas lo mejor posible (pero que nadie ponga eso de "número exacto", porque no va a ser cierto).

sábado, 24 de outubro de 2026

Control por la ría y cambio de hora

     Sigo haciendo visitas de control por la ría de Ferrol, a la espera de esas acuáticas invernantes que suelen llegar por estas fechas. Hoy, último sábado del año con horario de verano. 

Ría de Ferrol. Fotografía nocturna con autodisparo. 8:12 horas
Sony RX10 III (focal 70 mm equiv.)  ISO:100   V:3,2"   F:5

     Por lo visto el gobierno español y otros de la UE tienen previsto terminar con el dichoso cambio horario que sufríamos dos veces al año. El problema es que hay que decidir con qué horario se queda España; si con el de verano (UTC+2) o con el de invierno (UTC+1). Esperemos que sea con el de invierno, porque el de verano es una aberración para Galiza, que debería tener UTC+0, como Portugal o Canarias, por situación geográfica.

  Esa tercera posibilidad resulta una utopía. Creo que sólo el BNG ha planteado adaptar el horario de Galiza a nuestro huso horario,  pero si se hiciese un referéndum mucho me temo que perdería por goleada. La gente quiere horas de luz para estar en la playa o tomando una cerveza en la terraza con luz solar a las once de la noche. Es triste pero es así. Y pensar que este horario que hay ahora en España lo instauró Franco para estar sincronizados con la Alemania de Hitler...

Sony RX10 III (focal 50 mm equiv.)  ISO:100   V:4"   F:5

   El caso es que hoy tuve que esperar hasta las 8:40 h para poder tomar una fotografía "diurna". Supongo que a esa hora ya estaría dando el solete en Bilbo, Barcelona o València.

Playa de Maniños (Fene)

   Siempre que llevo la bridge me gusta practicar composición de paisaje. Poco a poco ya voy consiguiendo retratar aquello que quiero retratar. Me frustaba mucho ver algo con mis ojos y que luego la fotografía no se pareciese nada a lo que estaba en mi mente.

Rampa de Maniños en primer plano
Sony RX10 III (focal 160 mm equiv.)  ISO:100   V:0,8"   F:5

    Por supuesto no falta la clásica estampa del astillero en que trabajo.

Al fondo astillero de Navantia-Ferrol ("Bazan", cuando entré de aprendiz)

     Estos días los ferrolanos estarán escuchando el constante ruido de helicópteros volando sobre la ría. Al parecer están realizándose unas maniobras internacionales que tienen su centro de mando en la base de A Graña. Aunque estaban lejísimos (5 Km desde Maniños) tomé una foto por curiosidad. Después de recortarla muchísimo vale para ver. 

Helicópteros militares en la base naval de A Graña. Recorte

  En Neda estaba la pescadora. En otra estaca, algo más lejana.

Intermareales de la ría entre Narón y Neda (en círculo naranja la pescadora)

    Apoyando la Sony hice otra foto de ultrazoom con su correspondiente recorte. 

Águila pescadora (Pandion haliaetus).

 En Neda también había un grupito de golondrinas dáuricas. Probablemente un grupo familiar reproductor en el puente que tiene la AP-9 cerca de allí.

Golondrinas dáuricas (Cecropis rufula)

   Cuando empecé a bichear, a principios de la década de los ochenta, sólo había un punto de cría en toda la comarca de Ferrol: la presa del Eume, en A Capela (Alberto Monteagudo 1983). El 16/06/1992 pude observar una pareja allí (cita en eBird), aunque ya había visto antes un ejemplar en paso migratorio unos años antes en la laguna de Doniños (7/03/1989).

   Pienso que durante años esa presa del río Eume fue la única localización de cría posible/probable conocida en toda la mitad norte de Galiza. Ahora la "anduriña das pontes" es una especie nidificante común y bien distribuida por todo el país. Su expansión tiene mucho que ver con la construcción de puentes y viaductos, a los que parece estar estrechamente vinculada por el norte (en las comarcas del interior más montañosas o mediterráneas también cría en acantilados naturales).

Golondrinas dáuricas (Cecropis rufula)

  Y perdonad por ese fondo tan feo que tuve que emplear para que las golondrinas no se viesen negras. Tenía que escoger entre uralitas o cielo.

mércores, 21 de outubro de 2026

Comeza o outono

  Por fin rematou ese interminable verán ao que xa nos ten acostumados o cambio climático. Se no día 7/10/2026 tiñamos en Ferrol a primeira máxima diaria inferior aos 20ºC, esa tendencia consolidouse a pasada fin de semana cunha baixada importante tanto das temperaturas máximas como de mínimas, mentras que nas comarcas más frías de Ourense e Lugo xa se deron as primeiras xeadas (-5ºC onte en Calvos de Randín).

   Agora faltan esas chuvias persistentes durante días ou semanas que caracterizan o clima galego.

Chuvia caendo sobre Ferrol
OM-1 + Panasonic 14-42 mm  f:5,6   ISO:400   V:1/200   F:6,3

   Este enfriamento da atmosfera veu acompañado coa aparición dalgunhas especies invernantes na comarca de Ferrol e Golfo Ártabro: tordos reais (Turdus pilaris), tordos malvises (Turdus iliacus) ou mergo cristado (Mergus serrator). Hoxe daba unha volta rápida pola ría de Ferrol para ver se había novidades.

Ría de Ferrol desde Maniños (Fene)

 No centro da ría avistaba unha acuática mergulladora non identificada. Probablemente sería un corvo mariño real ou cristado, pero nalgunha foto parece quizá unha mobella.  Xa podería haber algún mergullón de pescozo negro (Podiceps nigricollis) mas non vin ningún.

Acuática mergulladora sp (Gulosus ou Gavia, seguramente)

 O inverno pasado tivemos unha lavandeira enloitada (Motacilla alba yarrellii) que pasou toda a estación nos peiraos de Barallobre (Fene). Esta semana apareceu un exemplar que por jizz semella tamén unha branca británica. Non puiden verlle a mitra negra nin sacarlle fotos boas, mas eses laterais de cor cincento tan escuro tiñan pinta de yarrelli (un xoven de 1º inv. ou unha femia).

Lavandera blanca (Motacilla alba ¿yarrelli?)

Lavandera blanca (Motacilla alba)

  No século XXI a aguia pescadora pasou de ser unha especie escasa e presente case exclusivamente na migración a ser común e habitual coma invernante en humidais de todo tipo, coma encoros ou rías. Fáiseme raro (pero bonito) vela todos os anos no fondo da ría de Ferrol.

Aguia pescadora (Pandion haliaetus). Desde aprox. 250 m con autodisparo sobre tripé

  En Neda viven Simón e Gabriel, dous irmáns paxareiros. Ún deles (non lembro quén) comentárame que falara cun colega mariscador para situar unha das estacas cerca da ribeira para poder fotografar á pescadora. Unha boa iniciativa, rapaces!

Aguia pescadora (Pandion haliaetus). Imaxe con recurte importante

   A mala nova da xornada é que o teleconvertidor MC1,4x parece que cascou de vez. Logo dunha caída da cámara en Moeche esta primavera, tivérao a reparar na casa dun compañeiro de traballo e fotógrafo. Pensei que quedara arranxado pero definitivamente semella que agora non hai bon contacto dos pines. Monteino ao Zuiko 300 e non focaba. Así que tiven que disparar só co 300 mm, unha estupenda óptica pero moi xusta de focal cando tes o bicho a 250-300 m.

Aguia pescadora (Pandion haliaetus). Toma desde aprox. 250 m

  Cambiando de tema, éste é un blogue principalmente naturalista, mas sabedes que tamén opino sobre temas de actualidade que me parecen importantes. Hoxe vin un titular gravísimo:


  Que Milei é unha persoa con algún tipo de desequilibrio mental semella obvio. Non o digo só polo seu aspecto senón polas súas estrafalarias declaracións. E que representa o que representa tamén resulta evidente (dame noxo cando emprega o termo "libertario" para se definir). Mas estas declaracións, realizadas en territorio español, parécenme dunha gravidade extraordinaria.

 Nunca votei ao PSOE nin probablemente o farei. E detesto en que se converteu a socialdemocracia por influencia da ideoloxía woke-podemita. Mas definir ao presidente español como o define e insinuar o que insinúa debera ter consecuencias diplomáticas inmediatas. Vaia todo o meu apoio ao PSOE diante deste ataque intolerable.

  Venme á memoria un episodio en que o presidente de Venezuela fixera graves acusacións contra o expresidente Aznar e o presidente Zapatero interviñera defendéndoo. Desde a discrepancia con úns e con outros, está claro que non todos son iguais. Hai demócratas, cos que podo estar en desacordo, e hai auténticos dementes próximos ao fascismo. Coma o chalado da motoserra.